venres, 14 de xaneiro de 2011

Rosa Parks e Vivian Malone, un exemplo de dignidade


Rosa Parks foi unhas das mulleres que iniciou a loita dos descendentes dos escravos africanos para ver recoñecidos os seus dereitos como cidadáns. Cando tiña 42 anos, en 1955, negouse a ceder o seu asento, nun autobús público de Montgomery (Alabama), no profundo sur dos EE UU. O Sur que perdera a Guerra de Secesión en 1865, cando se aboliu a escravitude, pero que 100 anos despois aínda se negaba a tratar igual a brancos e negros.
Rosa era costureira de profesión, e militaba na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Color. Naqueles tempos os negros e negras en EE UU, pero sobre todo no sur, non podían compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera, baños públicos... Os autobuses estaban sinalados cunha liña: os brancos adiante e os negros detrás. A xente de color subía ao autobús, pagaba ao condutor, baixábase e subía de novo pola porta traseira.
O 1 de decembro de 1955 Rosa sentou nos asentos do medio, que podían usar os negros e as negras se ningún branco o solicitaba. Cando se encheu a parte dos brancos, o condutor ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cederan o seu lugar a un mozo branco que acababa de subir. Os outros levantáronse pero ela permaneceu inmóbil.
“Mentres máis obedeciamos, peor nos trataban”, contou Parks nas súas memorias. “Aquel día estaba cansa, farta de ceder”. Pasou a noite no calabozo, acusada de perturbar a orde pública e pagou unha multa de 14 dólares. O caso transcendeu e deu pulo aos movementos polo fin da segregación.
Martin Luther King organizou unha serie de protestas contra a segregación nos autobuses, que durou 382 días. O caso Parks chegou ata o Tribunal Supremo que declarou a norma vixente nos autobuses contraria á Constitución estadounidense, que proclama iguais a todas as persoas. O goberno aboliu calquera tipo de discriminación nos lugares públicos, coa Lei que prohibía a discriminación racial de 1964.
Rosa Parks morreu no 2005, aos 92 anos, e continuou loitando toda a súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos. Un exemplo de valentía e dignidade, que amosa como un xesto de rebeldía aparentemente pequeno de pode ter enormes consecuencias, facendo mellor a súa vida e a das persoas que a rodean.


Vivian Malone foi a primeira muller de raza negra que se matriculou na Universidade de Alabama, en 1963, en plena loita polos dereitos civís da poboación negra nos EE UU. Cando ela e outro estudante negro, James Hood, chegaron á Universidade o Gobernador do Estado de Alabama, George Wallace, impediulles a entrada e pronunciou un discurso racista. Despois de catro horas chegou a Garda Nacional e os estudantes puideron entrar.
Tivo que enfrontarse a moitas agresións racistas, pero aínda así graduouse en 1965. Foi a primeira muller de raza negra que conseguiu un título universitario en EE UU. Jones tiña que ir a clases escoltada pola policía e, cando entraba nunha aula, a maioría dos estudantes marchaba. Cando entraba nos bancos ocorría o mesmo. Tras conseguir o título de empresariais, traballou no Departamento de Xustiza na área de dereitos civís.
En 1996 Wallace pediulle perdón publicamente e no 2000 a Universidade concedeulle o Doutorado en Letras. Nunha entrevista afirmou: "síntome como unha muller privilexiada que tivo a honra de representar a todos aqueles que loitaban por causas xustas". Morreu no 2005.

martes, 11 de xaneiro de 2011

Comprar, tirar, comprar


Noite maldita



Xudeus obrigados a lavar as rúas de Viena entre as burlas dos seus compatriotas austríacos
A noite dos cristais rotos ocorreu en Alemaña e en Austria a noite do 9 ao 10 de novembro de 1938. As SS (organización paramilitar do Partido Nazi ) prendeu a miles de xudeus e destruíu os seus negocios. Máis de 90 xudeus foron asasinados esa noite.
Na década de 30, moitos xudeus de orixe polaca que vivían en Alemaña. O venres 28 de outubro 1938, 20.000 deles foron secuestrados no medio da noite e brutalmente deportados pola Alemaña nazi á Polonia. O goberno polaco rexeitounos mais, ao final, os alemáns  convencéronos para que os admitisen.
O luns 7 de novembro, Herschel Grynszpan, un xudeu alemán que fuxira a Francia, despois de recibir unha carta da súa familia describindo as condicións horribles da deportación a Polonia, disparou a Vom Rath, secretario da embaixada alemá en París. Morreu na tarde do 9 de novembro.
Este asasinato foi o pretexto para iniciar o ataque contra os cidadáns xudeus en Alemaña e en Austria. Quixeron facer crer que o ataque fora espontáneo, pero en realidade foi preparado polo goberno alemán. O 9 de novembro, a crueldade comezou coa destrución de 1.574 sinagogas (practicamente todas as  de Alemaña), moitos cemiterios xudeus, máis de 7.000 tendas e 29 almacéns de xudeus. Máis de 30.000 xudeus foron detidos e internados en campos de concentración... Esta orxía de violencia explica que algúns alemáns que non eran xudeus foran asasinados simplemente porque "parecían xudeus".
Os acontecementos en Austria (anexionada por Alemaña en marzo, Anschluss), non foron menos terribles, a poboación xudía foi igualmente atacada. Mesmo se obrigou a moitos xudeus a fregar ás rúas mentres se rían deles, humillándoos.
Destruíron as propiedades, agredíronos nalgúns casos ata a morte, e aínda por riba impuxéronlle á comunidade xudía unha multa de mil millóns de marcos, acusándoos hipocritamente de seren responsables dos disturbios.
Unha noite difícil de esquecer, que anunciaba a traxedia da Solución Final e o Holocausto durante a II Guerra Mundial.
Laura Caeiro (4ºA)

domingo, 9 de xaneiro de 2011

EMPIRE STATE BUILDING

Obreiro no Empire
MÁIS FOTOS

O máis famoso edificio de Nova York, e dos máis coñecidos de todo o mundo, consta de 102 pisos, que o levan, antena incluída, aos 443 m. de altura. Parece un símbolo da modernidade pero en maio cumprirá 80 anos, xa que foi inaugurado o 1 de maio de 1931, tras tan só un ano e corenta e cinco días de construción, na que traballaron 3.400 obreiros, na súa maior parte inmigrantes europeos.

A famosa construción, de estilo Art Decó (moi en vigor na época na que se construía este rañaceos, pero que ten a súa orixe no París de primeiros do século XX, e que buscaba a elegancia, a funcionalidade e a modernidade) converteuse no edificio máis alto do mundo ata o ano 1972, cando se rematou a torre norte do World Trade Center, e, tras a tráxica destrución desta e da súa xemelga nos atentados do 11-S, o Empire State volveu ser o edificio máis alto da cidade e o segundo de Estados Unidos.

O edificio foi construído e inaugurado durante os tempos da Gran Depresión, o que levou a que non fose rendible durante case dúas décadas, xa que boa parte do seu espazo destinado a aluguer de oficinas permaneceu durante ese tempo baleiro.

Na actualidade, os seus propietarios, cun modelo de explotación parecido, veñen de facer importantes reformas de cara a lograr un 40% de aforro de consumo eléctrico no edificio, así como de contratar o subministro da electricidade total do edificio de fontes renovables (eólica na súa totalidade), co cal pretenden atraer a máis inquilinos. Iso si que é modernidade.

Aitor Campos Ramos (4ºA)

xoves, 6 de xaneiro de 2011

UNA MUJER EN BERLÍN: AS MULLERES, BOTÍN DE GUERRA




Una mujer en Berlín? Que interese pode ter ese título? A verdade é que soa a vacacións, a turismo. Pero se a ese título lle engadimos a data, abril, maio e xuño de 1945, as expectativas que podemos albergar antes de comezar a lectura cambian totalmente. Berlín, a capital do III Reich, está sendo ocupada polas tropas soviéticas, a derrota da tolemia nazi é total. O líder paranoico esgotaba os seus derradeiros días baixo terra: El hundimiento. A cidade só estaba habitada por mulleres, nenos, anciáns e desertores. Destrución, morte, fame e medo, moito medo.


Unha muller é a autora anónima deste fascinante e terrible diario, un refuxio para soportar as privacións físicas e morais da guerra. A escritura serviulle para sobrevivir en medio dunhas penalidades inimaxinables pero que se repiten a miúdo en calquera lugar do mundo onde os homes fan a guerra e converten as mulleres nun botín máis. Os soldados vencedores cren que teñen dereito a ese botín e, aínda máis, non só xustifican todos os abusos, senón que o consideran case coma un deber dos soldados. As violacións son tan naturais coma calquera outra operación militar: Grbavica: el secreto de Esma. Elas son unha posición máis que hai que tomar e, ao igual que se arrasan campos e cidades, destrúese tamén a dignidade das mulleres inimigas. Ninguén merece tanta humillación, tanta miseria.

En vellos cadernos e en follas soltas esta muller construíu unha crónica do horror que anos despois consentiu en publicar. É un gran libro, non só pola verdade que transmite cunha frialdade que nos fire, senón tamén pola súa calidade literaria. A lectura atrapa de tal maneira que, ás veces, ata esqueces que é un diario, de que está contando algo real (real como a guerra mesma), e convértese nunha ficción. Pero non, ese intento de fuxir non pode durar moito, e enseguida te golpea de novo o horror. Un horror que, como se di no Epílogo, conxela os sentimentos.

Sólo sé que quiero sobrevivir..., en contra de todo razonamiento, sencillamente como un animal.



"... Los alemanes habían infligido un daño terrible a Rusia; ahora les tocaba a ellos sufrir. Sus posesiones y sus mujeres estaban ahí a su disposición. Con en el consentimiento tácito de sus comandantes, el Ejército Rojo quedó libre de campar por sus respetos entre la población civil de las recién conquistadas tierras alemanas.
Siguiendo su ruta hacia el oeste, el Ejército Rojo practicó la violación y el pillaje (en toda la brutal extensión del término) en Hungría, Rumanía, Eslovaquia y Yugoslavia; pero sin duda fueron las mujeres alemanas las que se llevaron la peor parte. En 1945-1946 nacieron en la zona alemana ocupada por los rusos entre 150.000 y 200.000 niños rusos;, aunque esta cifra no incluye el incontable número de abortos, dado que muchas mujeres murieron junto a sus fetos no deseados. Muchos de los bebés que sobrevivieron engrosaron el creciente número de niños que quedaron huérfanos y sin hogar: las ruinas humanas de la guerra.
Sólo en Berlín había unos 53.000 niños perdidos al final de 1945 ....".
Postguerra: una historia de Europa desde 1945. Tony Judt, Taurus 2010 (pax. 45)

"... Los hombres trataban de prohibir a su regreso cualquier mención del asunto. Las mujeres descubrieron que, en tanto que ellas debían aprender a asumir lo que les había sucedido, los hombres de sus vidas no hacían muchas veces más que empeorar las cosas. Los que habían estado presentes a la sazón se avergonzaban de su incapacidad a la hora de protegerlas. Hanna Gertitz se entregó a dos oficiales soviéticos borrachos para salvar la vida de su esposo y la suya propia. Después -escribió- hube de consolar a mi marido y ayudarlo a recuperar el coraje. Lloraba como un niño.
(...)
... También se disparó la tasa de abortos. Se calcula que un 90 por 100 de las víctimas que quedaron encintas accabaron por interrumpir su embarazo, bien que esta cifra da la impresión de ser elevada en extremo. Muchas de las mujeres que llegaron a dar a luz abandonaron a los recién nacidos en los hospitales, lo que se debía por lo general al convencimiento de que sus maridos o prometidos nunca aceptarían su presencia en el hogar ...".
Berlín La caída 1945. Antony Beevor, Crítica 2002 (pax. 438,439)

domingo, 19 de decembro de 2010

Foto do ano de UNICEF, de Ed Kashi.

Unha foto do 2010 que nos remite a un conflito rematado? en 1975
Coñecemos máis da Guerra de Vietnam que da propia Guerra Civil pola colonización cultural ianqui (fotos, cine, televisión, xogos...). Coñecemos? Guerra Fría, Rota Ho Chi Min, My Lai, bonzos, tiro nas sens, Ofensiva do Te, La chaqueta metálica, El cazador, Apocalipsis Now... Un escenario de película... de horror.
Esta nena só ten nove anos, ten o rostro deformado polas secuelas dos axentes químicos que usaron as tropas de EE UU contra as persoas e as plantas. Hai 1,2 millóns de nenos discapacitados en Vietnam, moitos deles nas áreas rurais.
Unha bonita fotografía cun tema para non esquecer. A guerra continúa, ben o sabe esta nena que nin viu como 'remataba'. Putas guerras.

sábado, 11 de decembro de 2010

Camilo de Dios, un maquis galego



do documental: 'O meu nome é Luis Ferreiro'

O cromosoma dos dereitos humanos

“62 anos despois da súa aprobación e proclamación, nunha histórica Asemblea Xeral de Nacións Unidas no ano 1948, o mundo suspende en Dereitos Humanos. 
Hoxe a noticia sería que un acusado fracaso escolar en Pedagoxía Aplicada para os Dereitos Humanos delata o pulso vital dese vello e violento planeta Terra.
A fame, a precariedade laboral, o acoso, o maltrato, a violencia, a discriminación, a censura, a inxustiza, a escravitude, a tortura, a detención arbitraria, a persecución ideolóxica, o sexismo, a falta de liberdade, a pobreza, a negación da educación, do acceso á cultura... son escuros vermes identificados como especies que se reproducen e medran con abafante facilidade e se resisten a engrosar a categoría de “en perigo de extinción” (...)
(...) Ás vítimas, aos desherdados da terra, asísteos todo o dereito do mundo, cando menos, a acomodarse na nosa conciencia e, desde ese acubillo, coas súas voces desesperadas e agudas, removela, axitala e espabilala. Pero non buscan compaixón. Buscan xustiza. A compaixón, como advirte o xornalista Alfonso Armada, non avanza nas raíces da inxustiza e consagra o desastre como estado natural dalgúns territorios. E é que, como tamén dixo Eduardo Galeano, a pobreza non está escrita nos astros nin a miseria é o froito dun escuro designio de deus. Xa que logo, as cifras poden cambiarse. É o get up, stand up , que cantaba Bob Marley contra o apartheid en Sudáfrica.
(...) O secuestro dos dereitos humanos vive día a día canda nós (...) Non hai máis que lembrar a Montse Labrada, asasinada hai uns meses en Lugo polo seu home, profesor de instituto. Ou ás persoas sen teito que carecen de albergue en Vigo.
(...) É a confusión que nos provocan as novas sociedades globalizadas, multirraciais, multiétnicas, multiculturais, plurilingües. Pero a igualdade e a xustiza non existen se non se recoñece a diferenza.
(...) Se somos quen de crer nos Dereitos Humanos, seremos quen de respectalos. Non pode haber credo máis verdadeiro nin relixión máis universal.
E tamén hai que crer na utopía. Porque só se conseguen as cousas nas que se cre. E porque o respecto aos Dereitos Humanos, construídos a partir da palabra, asentan no individuo o cromosoma máis característico que identifica a nosa especie: a racionalidade.

(Extracto de ‘O cromosoma dos Dereitos Humanos’ de Fran Alonso)

xoves, 9 de decembro de 2010

LA ZONA: A SOCIEDADE AMURALLADA

A primeira vez que vin a película mexicana “La Zona” de Rodrigo Plá pareceume impresionante, deixoume abraiado e asustado. ‘A Zona’ é unha área residencial (de ricos, claro) amurallada dentro dun contexto urbano deprimido. A acción desátase cando tres mozos do outro lado conseguen entrar e... Non vos conto máis porque quero que a vexades sen coñecer a trama, só sabendo que é unha película case que imprescindible para todos aqueles que vemos o mundo no que vivimos con ánimo crítico e pensamos que se pode mellorar, que as cousas poden e deben cambiar, que as murallas só serven para crear cárceres douradas nas que ningún ser humano debe sentirse a gusto, que non se pode vivir con medo. En “La Zona” podemos ver reflectido o peor de nós mesmos, o peor da clase media que enche os supermercados. Só sendo conscientes dos nosos medos e prexuízos poderemos conseguir que a conciencia solidaria (o noso lado bo) triunfe sobre a comodidade aparente da xente ‘normal’.
Estamos obsesionados coa seguridade e coa propiedade. E aqueles que temos propiedades, aínda que estean hipotecadas, non queremos que nos molesten os que nos as teñen. Necesitamos aos pobres pero témoslles medo. Que traballen barato, si, pero ao rematar a súa longa xornada laboral que volvan axiña para o seu gueto. Estamos perdendo o que se consideraron tradicionalmente valores humanos máis elementais coa escusa da seguridade. O peor é que o discurso progresista, de esquerdas, que moitas veces foi, e é usado, de maneira demagóxica, agora semella que nin tan sequera é politicamente correcto. Agora, o discurso insolidario gana terreo e as aspiracións de cambio, dun futuro con maior xustiza social, xa non venden. Como non hai nada que facer só nos queda defendernos, amurallarnos, usar as leis e a violencia institucional ou privada ao servizo da noso ‘modo de vida’. Pero, se nós usamos a violencia contra os desposuídos da terra, que razóns podemos aducir para que eles non a usen contra nós para sobrevivir?
O medo, que todos sentimos, non somos capaces de canalizalo cara un movemento de procura dunha maior xustiza social na que a violencia e o delito sexan innecesarios, senón cara a creación de ‘zonas’: a falsa seguridade, a sociedade amurallada. Un muro que a uns lles impide entrar pero aos outros lles impide saír.

luns, 6 de decembro de 2010

En recordo de Marcos Valcárcel

As uvas na solaina
O PROFESOR
Marcos Valcárcel

Na casa de Ervedelo, o avó Benxamín presidía a longa mesa do comedor onde collía unha ducia de persoas. Os homes sentabámonos antes mentres as mulleres traían as fontes do cocido. O meu irmán Fiz e máis eu a cada lado do meu avó: el xa se encargaba de enchernos os vasos de viño e os pratos.
Falábase de moitos temas, desde o estado das vides ata as conquistas amorosas de Julio Iglesias. Ás veces o avó contaba as súas aventuras de mocidade en Cuba. Outras veces dicía:
Agora, calade todos que vai falar “O Profesor”, pois así me chamou desde neno.
E entón xurdía o relato: as infidelidades de Zeus, as viaxes de Ulises, as aventuras de Hércules, o terror da Medusa.

venres, 3 de decembro de 2010

O Valedor do pobo e a educación



Como moitos de vós sabedes neste primeiro trimestre os fanáticos de Galicia Bilingüe colléronos cariño e non hai maneira de que nos deixen traballar en paz (comunicado do Equipo de Normalización de Cuntis). Temos que andar preocupándonos por un vídeo de Skarnio, que non son precisamente os Madness. Que se hai que retiralo, que se non, que se só o enlace, que se non se entende... Nin Bob Dylan ten provocado tantas e tan profundas reflexións pseudofilosóficaseducativas, con perdón.
O 15 de novembro Valedor do Pobo (do deles, claro) emitiu unha resolución sobre o tema na que se permite opinar, coa súa sabedoría pedagóxica, sobre o que é apropiado, adecuado e lícito na educación (debaixo tedes a resolución). Os de GB agardaron ao pasado domingo para darlle publicidade, usando o seu enchufe nalgúns medios, entre os que destaca a ética xornalística (a falta dela, claro) do Faro de Vigo.
E aí estamos nós, aturando a arremetida, sometidos a unha campaña propia de Torquemada sen que apenas se escoite a nosa opinión. Non puiden quedar calado ante a indignación que me provocou o escrito do Valedor e redactei unha queixa que presentarei na oficina do propio Valedor (podedes lela abaixo tamén). Para máis inri hoxe chegaron ao Colexio unhas cartas anónimas dirixidas a cada profesor, que só incluían a Resolución do Valedor enviada a Gloria Lago (una bellísima persona). Está claro que alguén fixo uso dos nosos datos de forma fraudulenta e con mala fe (quen será o/a Xudas?).
E aquí estamos, seguimos traballando, pero está claro que son malos tempos para a lírica (como dícia GB, Golpes Bajos, non os outros, claro), para as liberdades e para o galego.



Resolución




Queixa