xoves, 17 de novembro de 2011

Llach: La Revolta Permanent (2008)


O 3 de marzo de 1976, en Vitoria, unha brutal carga policial provocou a morte de cinco traballadores e 47 feridos graves, 26 deles por disparos. A policía tomou ao asalto a parroquia de San Francisco, onde os traballadores celebraban unha asemblea despois de mes e medio de paro reivindicando melloras laborais e a amnistía para os presos antifranquistas. O Ministro de Gobernación do primeiro goberno da Monarquía, responsable da policía, era Manuel Fraga Iribarne, ex ministro franquista e, despois, fundador de Alianza Popular (nos anos oitenta o PP) e presidente da Xunta de Galicia. No contexto destes sucesos Fraga pronunciou a célebre e aterrecedora frase 'la calle es mía'. Mandou deter a numerosos dirixentes obreiros pero ninguén foi declarado culpable da masacre.
Esa mesma noite, o cantautor catalán, Lluis LLach, indignado co ocorrido, compuxo a que sería unha das cancións emblemáticas da Transición: 'Campanades a morts'. O emotivo e fermoso documental de Lluis Danés, conta, como trinta anos despois, Llach regresa a Vitoria para interpretar esa canción en homenaxe ás vítimas e as súas familias, ao tempo que as testemuñas dos sucesos nos contan como os viviron, acompañados de imaxes dos acontecementos e de gravacións da policía onde quedan clara a súa intención de dar un escarmento para evitar o espallamento do conflito.
O filme, imprescindible, é a historia dunha canción e o retrato dun artista marabilloso e comprometido (tivo que exiliarse en París), pero tamén unha crónica duns feitos lamentables que reflicten a verdadeira cara da tan gabada Transición española á democracia. Unha cara afastada do consenso pacífico, caracterizada pola violencia execida moitas veces desde o poder e pola impunidade dos responsables, franquistas non reconvertidos que lonxe de arrepentirse aínda pretenden dar leccións de democracia. Cando vin o documental, escoitar e mirar as caras de Martín Villa (entón Ministro de Relaciones Sindicales, entrevistado no filme) e de Fraga, provocoume noxo e vergonza. E sobre todo, vergonza da nosa sociedade que non é quen de condenar a súa actuación, que os considera persoeiros respectables, que os elixe para cargo públicos e, mesmo, nomea rúas na súa honra. Cando deixaremos de loar aos verdugos e esquecer ás vítimas?
Assassins de raons, de vides, / que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies / i que en la mort us persegueixin les nostres memòries. ("Asasinos de razóns, de vidas,/ que non atopedes xamais repouso en ningún dos vosos días /, e que na morte vos persigan as nosas memorias".) Lluis Llach, 3 de marzo de 1976: “Campanades a morts”

mércores, 9 de novembro de 2011

O nazismo non morre

E aquí están, manifestándose e facendo o saúdo nazi sen vergoña. Ao contrario, orgullosos e iluminados. En Alemaña? Non, en Rusia (manda carallo despois de Stalingrado)  Algúns tapan a cara, por que será? A min quen me dá realmente medo é esa moza rubia, a cara descuberta, convencida ser mellor.


sábado, 5 de novembro de 2011

El viaje de Said, de Coke Rioboo

Acabo de ver esta curta no programa 'Somos cortos' da 2, e encantoume pola ironía (cruel) e orixinalidade coa que trata o tema da inmigración. Música e humor para reflectir unha realidade patética na que nós tamén temos un papel. Foi Goya á Mellor Curtametraxe de Animación no 2007. Meréceo.

Proposta de traballo na aula.

mércores, 2 de novembro de 2011

Revolucións liberais

Revolucións liberais