domingo, 23 de decembro de 2012

Mauthausen, el deber de recordar

Magnífico e estarrecedor documental, emitido polo estrañado programa Línea 900 no ano 2000, no que algúns dos españois superviventes da barbarie nazi, recordan o que foi aquel campo de exterminio, onde faleceron uns 7.000 españois republicanos. En memoria das vítimas e unha lección para o futuro.

martes, 18 de decembro de 2012

La necesidad de la Historia del Presente


La reforma educativa rezuma desconfianza hacia toda aproximación crítica al pasado
Fernando Hernández Sánchez17 DIC 2012 – El País
El pasado 4 de diciembre el Ministerio de Educación y Cultura presentó a las comunidades autónomas la última versión del anteproyecto de la Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad de la Enseñanza (LOMCE), la cuarta reforma del sistema educativo en la etapa democrática. Aparte de los muchos aspectos que ya han originado un intenso debate social, merece la pena dedicar unas reflexiones a las vicisitudes de la materia de Historia. En la primera redacción del texto, dejaba de ser troncal en 4º de ESO quedando únicamente como optativa para los futuros estudiantes del Bachillerato de Humanidades y Ciencias Sociales, de tal forma que un alumno que eligiera en 4º la modalidad científica se podría titular sin conocer absolutamente nada de la Historia Contemporánea universal y solo contemplaría la del siglo XX español en 2º de Bachillerato, si llegaba. El diseño inicial de la LOMCE habría culminado lo que inició la LOGSE cuando redujo el horario de las Ciencias Sociales en la etapa obligatoria: que promociones enteras de jóvenes terminasen su formación básica y se incorporasen a la vida económica, laboral, social y política sin haber recibido formación alguna sobre las raíces próximas de la sociedad en la que se insertan como ciudadanos activos.
Que la última versión del anteproyecto haya reintroducido la Historia como materia común en 4º de ESO solo constituye un alivio parcial. La arquitectura del sistema educativo obligatorio que se está configurando conduce a un trayecto de salida ineludiblemente condicionado por la presencia de una prueba evaluadora global para la obtención del título de graduado en secundaria. Ello significa que la finalidad de la enseñanza de todas las materias integrantes del último curso de ESO estará destinada, no al aprendizaje significativo de conocimientos, sino al adiestramiento para la superación de la propia prueba. La Historia Contemporánea, cuya complejidad precisa de una metodología basada en el tratamiento de la pluralidad de fuentes, la interpretación multicausal y el análisis crítico se limitará a la deglución compulsiva de los contenidos factuales necesarios para sortear el obstáculo. Se repetirá así el modelo que ha convertido a la Historia Contemporánea de España en un enojoso bagaje de fechas, personajes y periodos del que desembarazarse de la mejor manera posible en la ansiógena selectividad, en lugar de un espacio de reflexión sobre los fundamentos de nuestra Historia reciente.
Es dudoso que, asimismo, se actualicen las obsoletas periodizaciones que condenan a la Historia Contemporánea a ser un periodo de raíces cada vez más remotas (1789) y cuyo tramo más próximo, la Historia del Presente (desde 1939 a nuestros días) carece de entidad propia y sustancial en el currículum. Si no hay modificación de la distribución de los contenidos, y es poco probable que eso ocurra, continuará la absurda reiteración de los mismos temas de Historia Contemporánea universal en dos cursos consecutivos, 4º de ESO y 1º de Bachillerato, innecesaria si este último se destinara a la profundización en los contenidos de la Historia del Presente. Claro que ello supondría apostar por una concepción de la enseñanza de la Historia Contemporánea incompatible con un proyecto de ingeniería social que persigue la conformación de una ciudadanía acrítica e intelectualmente inerme frente al implacable avance de la revolución neoconservadora. En este contexto, los principios ilustrados de igualdad de oportunidades y fomento del espíritu crítico son barridos por los mantras del liberalismo económico, los mismos que esmaltan el preámbulo de la LOMCE: la competitividad, la empleabilidad” y el fomento del “espíritu emprendedor”. Como es evidente, ni la investigación sobre la represión franquista genera patentes ni la historia política del siglo XX cotiza en el Ibex 35.
La Historia tiene una presencia curricular añeja en los sistemas educativos de los Estados contemporáneos, pero eso no la convierte en invulnerable, ni en cuanto a su peso ni en cuanto a sus contenidos. En países donde gobiernan o lo han hecho recientemente partidos de la familia ideológica del PP, la enseñanza de la Historia ha sido objeto de diversos intentos de limitación, ya sea en presencia o en horario. Sarkozy pretendió eliminarla en el nivel terminal de la rama técnica del bachillerato francés. En España, durante el Gobierno de Aznar y con el impagable apoyo de la Real Academia de la Historia y su dictamen sobre el denominado Plan de Humanidades, la entonces titular del MEC, Pilar del Castillo, sentenció que el papel escolar de la Historia debía ser el retorno a la transmisión del qué, dónde, cuándo y cómo, pero no a la explicación del porqué, siempre controvertible. Algún conspicuo seguidor de Milton Friedman metido a opinar de pedagogía llegó a la pintoresca conclusión de que la falta de vocaciones empresariales tenía que ver con la peyorativa imagen que del patrón capitalista decimonónico reflejaba la historia de la Revolución Industrial que se enseña en las escuelas.
Que sea necesario vindicar la presencia de la Historia Contemporánea en las aulas es un síntoma preocupante de la supuesta mejora de la calidad de la educación que se postula. Es un extraño maridaje aquel que aúna el desdén por los saberes no fungibles crematísticamente con la desconfianza hacia toda aproximación crítica a un pasado que se pretende clausurado e intocable. Ambas cosas no logran encubrir, en el mejor de los casos, la pretensión de imponer, por inercia, un determinado relato histórico justificador del presente. En el peor escenario, nos sitúan ante el déficit democrático originario de un cierto sector de la derecha española, que quizás tema al juicio de la Historia reciente porque no protagonizó en ella un papel precisamente lucido.
Fernando Hernández Sánchez es profesor asociado de la Universidad Autónoma de Madrid y miembro de la Asociación de Historiadores del Presente

sábado, 15 de decembro de 2012

VALS con BASHIR, de Ari Folman e David Polonsky


Vals con Bashir é ao tempo unha película de animación e un cómic (novela gráfica dise agora) realizado coas propias imaxes do filme. Eu fixen ao revés, lin primeiro a banda deseñada e, semanas despois vin a película en DVD.
Trata da memoria, de como agochamos no subconsciente os feitos do pasado que nos fan difícil vivir o presente. E trata da guerra, cando os seres humanos amosamos o peor do nós mesmos. O protagonista (o mesmo director, Ari Folman) reconstrúe a súa actuación como soldado do exército israelí durante a invasión do Líbano en 1982 e a matanza nos campos de refuxiados palestinos de Sabra e Chatila, apoiándose nas testemuñas doutros compañeiros de armas.
Non hai respiro, nada sobra pero tampouco falta. Isto é a guerra, medo, moito medo, sen heroes, só xente derrotada pola indignidade da violencia. Vinte anos despois, comproban que é imposible fuxir do pasado, que os atormenta.
O cómic, editado por Salamandra, é magnífico, pero a película é excepcional. A animación case mecánica, os colores e, sobre todo, a música e o son, que teñen un papel dramático de primeira orde fannos estremecer. É unha obra (ou dúas) auténtica, verdadeira, redonda e á vez chea de matices, directa ao estómago e á cabeza. A guerra convértenos a todos en vítimas, pero para facer a guerra fan falta soldados, uns séntense heroes e outros, como Ari Folman, miran cara atrás con perplexidade e tristura: onde estaba eu durante a matanza?

venres, 30 de novembro de 2012

Os Shministim


Cando recrúa a guerra permanente entre israelís e palestinos cun novo, pero igual de salvaxe, ataque do exército de Israel sobre a poboación de Gaza, debemos recordar aos valentes que se rebelan contra a violencia estrutural. Non todos os israelís son sionistas, nin todos os palestinos son yihadistas. Pero tampouco se pode medir coa mesma vara ao agresor (Israel) que ás vítimas (palestinos). Un mínimo de ecuanimidade na análise do conflito non pode máis que concluír, con todos os matices ou escusas que se queiran, que o principal responsable da situación é o Estado de Israel.
A pesar da imaxe monolítica que se transmite dos israelís na política de man dura fronte aos palestinos, existe unha minoría de valorosos que se opoñen ao uso das armas. Deles case que nunca se fala nos medios, porque non lle interesa nin ao goberno israelí nin aos seus aliados occidentais. Pero coñecelos e difundir as súas ideas e actuacións é unha das maneiras máis eficaces das que dispoñemos para contribuír ao cese da armas, e ao diálogo como solución.
Os Shministim (estudantes de bacharelato en hebreo) son mozos e mozas que foron encarcerados por negarse a facer o servizo militar obrigatorio no exército que ocupa os Territorios Palestinos. Como di Tamar Katz, de 19 anos: "Non estou disposta a converterme nunha das persoas que agarran unha arma apuntando indiscriminadamente a civís de Palestina". Yuval Ophir-Auron pensa que "existe outra maneira, que non é o camiño da guerra. Esta é o camiño do diálogo, do entendemento, da concesión, do perdón, da paz". Pola súa banda Raz Bar-David Varon di que "non nacín para servir coma un soldado que ocupa a outro pobo, e a loita contra a ocupación é miña tamén. É unha loita para a esperanza, para unha realidade que ás veces se sente tan lonxe. Teño unha responsabilidade nesta sociedade. A miña responsabilidade é a de rexeitar a entrada no exército".
Non queren ser cómplices dunha forza de ocupación que condena á poboación árabe a vivir en constante estado de sitio, empobrecidos, sen dereitos, aterrorizados. Os shministim son un exemplo para todos, eles e elas amósannos o camiño da dignidade, a única vía para vivir como seres humanos. Incluso nas situacións máis extremas, hai opción, só temos que abrir os ollos: “Unha vez abres os ollos, a decisión é tan lóxica que non importa o prezo a pagar” (Omer Goldman, de 19 anos, shministim, filla dun destacado membro do servizo secreto israelí, o Mossad)
Esta web (en inglés) recolle firmas para que o goberno israelí libere aos shministim: http://december18th.org/ 

domingo, 25 de novembro de 2012

25-N: Las mariposas


Carteis do IES Losada Diéguez
No primeiro Encuentro Feminista Latinoamericano y del Caribe, celebrado en Bogotá en 1981, decidiuse facer do 25 de novembro o día de denuncia da violencia que sofren as mulleres, que máis tarde, en 1999, foi declarado Día Internacional pola Non Violencia contra a Muller pola ONU. Nesta data, en 1960, as irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) foron asasinadas por orde do ditador da República Dominicana, Trujillo (el Chivo).
A ditadura de Trujillo (1930-1961), un militar adestrado polos EE UU, caracterizouse, como todas as ditaduras, pola represión. A tortura e o asasinato dos opositores, mesmo fóra do país, foron sistemáticos. Tamén utilizou outros métodos de control social, propios da época feudal, como as ameazas ás familias para conseguir os favores sexuais das mulleres que lle gustaban. Se non se accedía aos seus desexos os membros da familia podían perder os seus bens, sufrir torturas, encarceramento, ou mesmo ser asasinados.
O 14 de xuño de 1959 un grupo de dominicanos no exilio fracasaron no seu intento de invasión, pero foron a inspiración para que se organizase un movemento de oposición interior co nome de ‘14J’. Esta organización, á que pertencían as irmás Mirabal, sufriu unha dura represión, pero sentou as bases para a  caída do ditador en 1961.
As irmás Mirabal pertencían a unha familia acomodada, o que lles permitiu estudar, algo vetado a maioría das dominicanas. A sensibilidade social, e a pureza da súa fe cristiá, fíxoas comprometerse na loita contra a tiranía, arriscando o patrimonio familiar e as súas propias vidas. Militaron nunha célula do ‘Movemento 14 de junio’, cos nomes en clave de Mariposa 1 (Minerva), Mariposa 2 (María Teresa), Mariposa 3 (Patria).
Cando se descubriu a conspiración, en xaneiro de 1960, centos militantes foron encarcerados. Minerva e María Teresa, xunto aos seus maridos e outros familiares, foron condenadas a cinco anos de cárcere, onde sufriron constantes torturas e violacións. Ante a presión internacional, Trujillo afrouxou as medidas represivas, e en agosto as dúas irmás pasaron a arresto domiciliario.
Os seus esposos seguían encarcerados. Nunha das viaxes das mulleres ao cárcere, a policía secreta de Trujillo (SIM: Servicio de Inteligencia Militar) planeou matar ás tres irmás. Nunha estrada solitaria, o 25 de novembro de 1960, cando regresaban de visitar aos seus homes, as mariposas foron asasinadas xunto ao chofer. O réxime intentou simular un accidente de tráfico.
Dous libros para saber máis: a marabillosa novela de Julia Álvarez, ‘En el tiempo de las Mariposas’ e ‘La fiesta del Chivo’ de Vargas Llosa.
Hoxe segue sendo necesario seguir loitando contra a inxustiza, contra as ditaduras políticas e económicas, e contra a violencia machista.



sábado, 24 de novembro de 2012

Un amigo, un poeta


Vértebras

22/11/2012 - Manuel Jabois. Diario de Pontevedra
Tiene pinta de estibador de La ley del silencio, con una de esas caras que son una biografía en sí mismas y te señalan los surcos y las pasiones como lo haría un poema homérico, pero en realidad, a traición como una puñalada venenosa, escribe versos. Acaba de reunir un puñado de ellos en un libro que titula Vértebras e lóstregos, que me parece a mí una continuada confesión litúrgica, un ser y no estar que embalsama la mirada al mundo, que es también la mirada a uno mismo, pues a espaldas de los ojos suceden cosas. Manuel Pérez Lourido, al que sin ton ni son llamo Keni por cosas nuestras, presenta hoy su libro en la Casa das Campás a las 20.30 horas, y ha tenido el detalle de reunirme con Rodrigo Cota para poner sus versos de largo. Nos conocimos desvirtualizándonos, que es una acción que me ha dado bellas amistades en los últimos años y feroces descubrimientos, todo ello sumas y acumulaciones, viajes y felicidad de un diario a bordo. Bebimos, comimos y contamos maldades, que es lo que hace la gente decente, y una noche lo metimos Maruxa y yo en la madrugada agarrándolo de la camisa porque decía no sé de qué una familia y un hogar, palabras obscenas cuando uno tiene delante a un camarero. Le suenan las vértebras a Manuel como cascabeles, aunque en el papel, aplicado como un soldador, suelta lóstregos como perros salvajes. 


venres, 23 de novembro de 2012

"Esta é unha película urxente por Palestina"


Redacción | @prazapublica
Alberte Pagán presentou antes do verán un filme breve e urxente para denuncia a situación que vive o pobo Palestino. Un filme que recupera a máxima actualidade nestes días, coa poboación de Gaza sometida aos ataques do exército israelí, que xa provocaron máis de cen mortos. As imaxes de Película urgente por Palestina rodáronse en 2011 nos territorios ocupados e contan coa voz de Dionísio Pereira para a narración na súa versión en galego. Como salienta o seu autor, facendo referencia a Chris Marker, esta película é "o contrario á descrición dun combate. É un combate".
Película urgente por Palestina
Esta é umha película urgente
por Palestina,
desde Palestina.
Esta é umha película sem images
porque as images som incapaces de representar a história.
O cinema é mentira.
Esta é a image dumha mentira.
Israel é mentira,
a história é mentira.
Estas som images da história,
images do presente,
história das images.
A política é a história em estado presente.
Que foi da revoluçom palestina?
Isto nom é a descriçom dum combate:
isto é o combate.
Isto é um panfleto sobre o sofrimento cotiá,
esta é história do sofrimento histórico,
sem images,
sem palavras.
Isto é um panfleto pola autodeterminaçom,
polos direitos dos povos,
polo direito ao retorno.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Devo aprender que o futuro é um mundo habitável.
Isto nom é umha película.