mércores, 24 de setembro de 2014

SOPA14: Poñendo en valor o patrimonio dende Celanova


Entre o 22 e o 27 de setembro Celanova acolle o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), coa participación de proxectos e expertos de varios países, e unha gran representación do tecido investigador e activista galego, "educando no común, facilitando o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural", en palabras dos seus organizadores. O evento busca ser un punto de encontro, "un lugar de conversa, exploración teórica e metodolóxica" e "un lugar onde experimentar mecanismos conxuntos de acción", "emancipando o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a concreación de contidos e metodoloxías".
O proxecto sOpA, baseado na “cultura libre”, pretende abrir o debate da cultura no rural a todos os estamentos da sociedade con enfoques alternativos e novas propostas “que permitan determinar novos modelos de xestión social do patrimonio, sempre nun contexto de diálogo aberto tanto para científicos como para asociacións e cidadáns”, explicou Sabah Walid na presentación do encontro. 
Ademais, SOPA concíbese como "un congreso itinerante que quere establecer vínculos cos lugares polos que se vai desprazando", este ano Celanova, e a pasada edición en Malpartida, Cáceres. É por iso que na súa organización, dende hai meses xogan un papel fulcral unha ampla lista de axentes locais. De igual xeito, este mércores 24 levarán a cabo unha serie de intervencións na rúa, "levando a teoría á práctica". Noutra das seccións, T-Cuentos, a veciñanza de Celanova está convocada a relatar os seus proxectos, vivencias e as súas experiencias no rural, "xerando así un coñecemento bidireccional e compartido". "Queremos romper ese discurso de que a Academia ou os técnicos somos os que deseñamos as cousas, queremos traballar no sistema de toma de decisións, para que os veciños participen", destacan.
Hai uns meses, en conversa con Prazaos seus organizadores denunciaban que "as políticas de posta en valor, na maior parte dos casos, cínguense exclusivamente aos grandes conxuntos históricos ou a xacementos arqueolóxicos de entidade, feito entendible ao ser os motores da xeración de recursos turísticos, e por tanto económicos, dun territorio determinado. No entanto, déixanse á marxe a moitos outros lugares cun patrimonio que posiblemente non sexa relevante dentro desas directrices, pero si para os seus cidadáns e para o resto da sociedade". 
Outra das seccións máis destacadas desenvólvese este mesmo martes, e está dedicada á Teoría Construtiva. Participarán Antonio LafuenteErnest Cañada e Rosa Tera. O procomún, a emancipación do coñecemento ou o empoderamento das comunidades rurais centrarán as súas intervencións. Como escribiu o propio Ernest Cañada, "a maioría da población vese despoxada dos recursos e os territorios que posibilitan a vida. Que podemos facer para resistir e recuperar un maior control social e comunitario?”. Noutra das intervencións macro do congreso, o arqueólogo José Señorán reflexionou sobre os conflitos que se abren "entre quen consideran que a Socialización do Patrimonio Arqueolóxico é clave no desenvolvemento da profesión e nas relacións coa Sociedade, e quen consideran que se están levando a cabo procesos de intrusismo".
A presentación de proxectos galegos ocupará varias das sesións. Ademais da intervención inicial do investigador e activista Fran G. Quiroga, reinvindicando "ante a incapacidade das administracións" o papel "de nós, como cidadanía, na defensa e uso dos nosos comúns, este luns presentárons en Celanova media ducia de análises de caso, algunha ben de actualidade. En Celanova falouse da "loita cidadá en defensa dun uso público e cultural para o Castelo de Monterrei", de "Arquitecturadegalicia.eu, un proxecto para coñecer a arquitectura contemporánea galega", do "Proxecto Cárcere, unha plataforma pola recuperación da antiga prisión provincial", de "Santa Mariña de Augas Santas" ou da "Socialización do Paleolítico nas comarcas orientais de Galicia".
De igual xeito, nos vindeiros días, representantes da cooperativa Cestola na Cachola tratarán "O papel da economía social para potenciar unha cultura accesible á ciudadanía"; e así mesmo Joana Covelo Alonso e Iago Valverde Pérez presentarán o seu proxecto Cartografías Sensibles, de "posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro". Ademais, Palmira Castro Marcote falará do seu proxecto mimadriña.com, unha “proposta persoal creativa e de acción social” definida como "como facer barquiñas  de papel dende un pequeno pobo e vivir disto e do conto".

luns, 8 de setembro de 2014

Una granja para el futuro, de Rebecca Hosking

Una Granja para el Futuro from Horatiux on Vimeo.
Se trata de una historia real, narrada en primera persona por su realizadora Rebecca Hosking, quien se plantea como proyecto de vida el regreso a su Devon natal para hacerse cargo de la vieja granja familiar. Desde su trayectoria profesional de documentalista realizadora varias películas sobre vida silvestre, Rebecca se pregunta aquí cómo hacer para transformar el establecimiento agrícola de su familia localizado en el Sur de Inglaterra, en una granja de bajo consumo energético más adecuada para un futuro cercano, en el que evidentemente los combustibles fósiles serán cada vez más escasos.

Los subtitulos en español fueron realizados en forma autogestionada por el Movimiento de Transición de la Comarca Andina, Patagonia Argentina.

Para ver la ficha técnica completa y un resumen más detallado de este documental, visitar:
http://sites.google.com/site/sinpetroleo/cine/farmfuture