martes, 29 de outubro de 2013

Cabreo coa inxustificable división sindical contra LOMCE


A asociación de profesores e profesoras de Historia á que pertenzo, envioulle o escrito de abaixo ás direccións dos sindicatos educativos galegos, ante o desgusto e o enfado que ocasionou en todos nós unha nova mostra da incapacidade dos dirixentes sindicais para loitar e traballar xuntos contra perda de dereitos e os recortes que están acabando co estado de benestar. Desde as distintas (ou ningunha) militancias sindicais énos imposible entender o desacordo. Así é imposible conseguir parar a apisoadora que esmaga todos aqueles logros sociais que tanto custou acadar (grazas aos sindicatos en boa medida).
E hai que lembrarlles ás cúpulas sindicais que moitos de nós estamos a traballar en distintos ámbitos (centros educativos, asociacións culturais, asociacións veciñais, etc.) con outras persoas que non teñen o mesmo carné sindical ou de partido, que coincidimos nas formulacións básicas da ESQUERDA con maiúsculas e que somos quen de salvar as diferenzas puntuais para centrarnos nos obxectivos básicos: unha sociedade máis xusta, unha educación pública laica e de calidade, unha sanidade gratuíta para todas e todos, unha economía sustentábel, unha cultura e unha lingua galega recoñecidas e valoradas... É que os sindicatos de esquerda non comparten estas mesmas aspiracións?


Estimadas compañeiras, estimados compañeiros:
Vivimos tempos, sabédelo tan ben coma nós, nos que máis que auga choven pedras; contra quen traballa (aínda máis contra quen non pode traballar) e contra as súas organizacións, os sindicatos. Sindicatos que foron imprescindibles e que queremos que o sigan sendo.
A unidade de traballadoras e traballadores foi sempre un valor; nestes tempos máis. Cando hai tantas cousas que nos unen, resulta incomprensible a existencia de dúas plataformas galegas, as dúas en defensa do ensino público galego. É por iso polo que resulta incomprensible, impresentable, que nun día de folga como foi o 24 de outubro, as organizacións sindicais galegas marchen por separado. Como dicía o cantor, “non é isto, compañeiros, non é isto polo que choramos tantos anhelos”.
Seguro que tedes unha explicación, seguro que pasa por dicir que a responsabilidade é da organización do lado. E ti máis.
Non o entendemos, compañeiras; non o entendemos, compañeiros. Diredes que hai xentes, moitas, que o entenden. Podedes dicir que somos poucas, que somos poucos os que non o entendemos. Non entraremos nese terreo, xa o fan dende outras esferas, as que nos tiran pedras e falan de “maiorías silenciosas”. Quizais os que non entendemos somos minoría pero somos unha “inmensa minoría”.
Entrade en razón, compañeiras e compañeiros. E, parafraseando aos nosos clásicos, os das xentes do traballo e as súas organizacións, “sindicatos de toda Galicia, unídevos”.

domingo, 27 de outubro de 2013

Foise Lou Reed



Videodrome - Gerónimo, apache chiricagua

Vidreodrome, programa de Radio 3, adicado ao xefe apache Xerónimo. Reproduzo aquí a entradiña ao programa na páxina da emisora:

Soy jefe de guerra de los apaches chiricahua... mi padre me llamó Gojleyeh... pero soy conocido con otro nombre por todos, incluso por mis hermanos chiricahuas, desde que los mejicanos, tras una sangrienta batalla en la que maté a muchos de ellos, me llamaran... Gerónimo...... Pero la Historia la escriben los vencedores...Apaches. La Historia oficial, la leyenda y el cine han conferido a los apaches una fama de sanguinarios y salvajes entre los salvajes que... ¿es cierta? Como ejemplo y contrariamente a la creencia popular los apaches no cortaban cabelleras, de hecho esa práctica la introdujeron los españoles que pagaban 100 pesos por cada una...Con fragmentos de FORT APACHE (1948) de John Ford, BROKEN ARROW (1950) de Delmer Daves, APACHE (1954) de Robert Aldrich, MAJOR DUNDEE (1965) de Sam Peckinpah y ULZANA'S RAID (1972) de Robert Aldrich.Música de Ry Cooder y canciones de Josh Ritter (GOOD MAN), The Decemberists (THE CRANE WIFE 3), Neil Young & Crazy Horse (THIS LAND IS YOUR LAND de Woody Guthrie), Lyle Lovett (PROMISES), Crosby, Stills & Nash (FIND THE COST OF FREEDOM)

venres, 25 de outubro de 2013

Resumo de noticias


Do Galpón das Choivas do amigo Manuel de PO

Foi una noite máxica, na que se podían escoitar os versos ao estalar contra as paredes. No ar había algo parecido a un chover miudiño, como o do cantar, pero o único que chovía era poesía: estabamos a cuberto e ben sentados, desconectados da vida pero en conexión con algo que tiñamos nas mans, coma un tesouro. Era algo de todos, coma as brétemas e as chairas, coma os soños e os camiños. Algo que facía faíscas candos os ollos atopaban outros ollos, coma cando dous autos se saúdan dándose luces pola estrada adiante. E todos nós tamén podiamos sentir, no nosos pulos, no abrente, no fondo do final da noite, o incontestable peso do amor pola nosa terra, pola nosa lingua. Estaba vivo nos acenos e nas risas, no ollar cara adiante, no vento do nordés que berraba fóra paseniño. Estaba vivo en nós cunha cadencia de días dos nosos avós, cunha ledicia que ulía a terra recen mollada, a verán sen estrear, a camiño entre o millo. Todos nós eramos xílgaros na noite que amosaría pronto o seu escaparate de estrelas, xílgaros xuntado un cantar que tiñamos no bico, como é ben sabido. Xílgaros no inverno.
Buscamos un bar coma quen busca unha illa deserta mentres intenta non afogar, os corpos encollidos polo frío, a ledicia nos ollos. Mirabamos os anos que pasaran nas engurras dos demais, no cabelo escaso, na pausa no dicir, na ausencia de urxencia. Atopamos un recuncho para enchelo da nosa vella teima de celebrar a vida, a risa no ar, as vellas historias que fixeran de nós o que agora seremos para sempre: vellos amigos que reviven a Sinbad, ou quizais unha sorte de Sinbades que se xuntan a recordar un tempo pasado en terra. As mil e unha noites dunha existencia que queremos compartir con outros só porque recoñecemos en eles o mellor de nós mesmos.

domingo, 13 de outubro de 2013

Tesoro


Ese mar está infestado de piratas, que tienen su santuario en la caverna del Gobierno

Manuel Vicent 13 OCT 2013 El País
Está amaneciendo. Es la hora de los pájaros. A los colegios e institutos llegan en bandadas niños y chavales cargados con sus mochilas. Ellos no lo saben, pero todos se dirigen a la isla del tesoro. Puede que ignoren dónde está ese mar y en qué consiste la travesía y qué clase de cofre repleto de monedas de oro les espera realmente. El patio del colegio se transforma, de repente, en un ruidoso embarcadero. Desde ese muelle lleno de mochilas cada alumno abordará su aula respectiva, que, si bien no lo parece, se trata de una nave lista para zarpar cada mañana. En el aula hay una pizarra encerada donde el profesor, que es el timonel de esta aventura, trazará todos los días el mapa de esa isla de la fortuna. Ciencias, matemáticas, historia, lengua, geografía: cada asignatura tiene un rumbo distinto y cada rumbo un enigma que habrá que descifrar. La travesía va a ser larga, azarosa, llena de escollos. Muchos de estos niños y chavales tripulantes nunca avistarán las palmeras, unos por escasez de medios, otros por falta de esfuerzo o mala suerte, pero nadie les puede negar el derecho a arribar felizmente a la isla que señalaron los mapas como final de la travesía. Ese mar está infestado de piratas, que tienen su santuario en la caverna del Gobierno. Todas las medidas que un Gobierno adopte contra el derecho de los estudiantes a realizar sus sueños, recortes en la educación, privilegios de clase, fanatismo religioso, serán equivalentes a las acciones brutales de aquellos corsarios que asaltaban las rutas de los navegantes intrépidos, los expoliaban y luego los arrojaban al mar. De aquellos pequeños expedicionarios que embarcaron hacia la isla del tesoro solo los más afortunados llegarán a buen término. Algunos soñarán con cambiar el mundo, otros se conformarán con llevar una vida a ras de la existencia. Cuando recién desembarcados pregunten dónde se halla el cofre del tesoro, el timonel les dirá: estaba ya en la mochila que cargabais al llegar por primera vez al colegio. El tesoro es todo lo que habéis aprendido, los libros que habéis leído, la cultura que hayáis adquirido. Ese tesoro, que lleváis con vosotros, no será detectado por ningún escáner, cruzará libremente todas las aduanas y fronteras, y tampoco ningún pirata os lo podrá nunca arrebatar.

24 de outubro: FOLGA CONTRA A LOMCE

martes, 8 de outubro de 2013

Inauguración da exposición: Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925-1982)


O 3 de outubro, a asociación de historiadores á que pertenzo, Sine Nomine, inaugurou a exposición Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925-1975), na biblioteca Ánxel Casal, onde permanecerá ata o 2 de novembro, xunto cunha mostra bibliográfica.
A mostra, realizada con criterios didácticos, é o resultado da colaboración entre o proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, dirixido polo profesor Daniel Lanero Táboas, da USC e a Asociación Sine Nomine, de Profesores/as de Ensino Secundario.
Despois duns paneis xerais que percorren a situación do campo ao longo do século XX a exposición céntrase na mobilización social e política que tivo lugar na Galicia rural nos últimos anos do franquismo e na transición, procurando rachar coa imaxe de inmobilismo e atraso coa que acostuma vincularse ao mundo agrario galego
A exposición é froito da traballo colectivo do grupo de profesores que formamos Sine Nomine, seguindo o mesmo modelo doutras realizadas anteriormente. Despois da selección e reparto dos contidos buscamos imaxes representativas e facemos unha intensa labor de síntese para rematar deseñando os paneis nos que o texto, breve, e as imaxes, teñen un peso similar. A excelente maquetación é obra de Noemí Canal. Procuramos unha información relevante e atractiva que atraia aos destinatarios, o alumnado de ESO e Bacharelato.
Esta exposición, e as anteriores (II República, Vida Cotiá no franquismo, Mulleres que emigran, Vida cotiá na Transición), están a disposición dos centros educativos, culturais e das asociacións veciñais na Fundación 10 de Marzo: http://www.f10m.org/exposicions.