domingo, 31 de xaneiro de 2010

A Patela e O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande (3ºA)

Continuando co traballo feito pola alumnado de 3º da ESO durante o curso pasado, na primeira avaliación seguimos percorrendo as distintas aldeas de Cuntis, intentando completar o mapa dos lugares do Concello a través dos propios ollos dos que ocupan eses espazos, os alumnos e alumnas. Aquí podedes consultar a proposta e as presentacións realizadas o pasado curso, que se presentaron ao concurso Xentes, Espazos e Lugares convocado polo Xornal e o Proxecto Terra.

martes, 26 de xaneiro de 2010

La fábrica de chocolate era... una central nuclear


Este artigo do diario Público é unha magnífica mostra de "como se escribe a Historia". O que ocorreu en Ascó coa central nuclear é unha elocuente mostra da doma que supuxo a transición. A loita democrática dunhas poucas persoas honradas fracasou ante o poder omnímodo da maquinaria capitalista que non dubida nunca en utilizar métodos mafiosos para acadar os seus fins. As persoas non importan. A quen beneficia entón este sistema?


JORDI SIRÉ- 26/01/2010

Andreu Carranza volvió el pasado domingo a Ascó para manifestarse en contra la instalación del cementerio nuclear. Era un reencuentro con un pasado doloroso: su padre, Joan Carranza, el primer alcalde democrático de esta localidad de Tarragona, tuvo que abandonar del pueblo con su familia por oponerse a la central. "La persecución de que fue objeto por las eléctricas y el propio ayuntamiento cuando ya no era alcalde acabó con su vida", dice Carranza, convertido hoy en escritor de renombre.

Joan Carranza era el sastre de Ascó al final del franquismo, cuando llegó a la localidad un hombre "al que llamaban Gitano blanco y empezó a comprar terrenos", dice el hijo del antiguo edil. El caciquismo franquista expandió el rumor de que querían hacer "una fábrica de chocolate". Pronto supieron la verdad, y comprobaron que las obras comenzaban sin permisos.

Su padre se movilizó con la ayuda del párroco local, mossèn Miquel, quien cada año conmemoraba el lanzamiento de las bombas atómicas sobre Hiroshima y Nagasaki con un vía crucis que acababa lanzando coronas de flores al Ebro delante mismo de la planta. La sala parroquial fue el primer lugar de encuentro de los antinucleares cuando leyeron en la revista Triunfo las advertencias de una serie de físicos.

Pioneros antinucleares

Juntos crearon una asociación para presentarse a las elecciones, "algo pionero en ecologismo en un país que se manifestaba por la libertad y el Estatut". Su triunfo por mayoría holgada acabó provocando una fractura social que tuvo su momento álgido la noche del 23F. "Personas del pueblo ligadas a la extrema derecha salieron de sus casas con escopetas para liquidarnos". La escena, propia del far-west, fue vivida en casa de los Carranza con sus miembros distribuidos por las habitaciones con escopetas de caza. "Nos salvó Jaume de Grau, un hombre de derechas pero moderado".

Por aquel entonces "las eléctricas acabaron convenciendo con entrevistas uno a uno a los vecinos prometiendo lo mismo que ahora: progreso y puestos de trabajo". Carranza lamenta ahora, a un día de la votación de la candidatura a albergar el ATC, que la decisión recaiga en un alcalde que "continúa siendo trabajador de Ascó". La partitura, triste, termina con notas de optimismo. "En los 70 las manifestaciones antinucleares estaban llenas de personas de ideología libertaria de Barcelona. El domingo, los presentes eran de aquí".

Cuando la central empezó a funcionar, la familia Carranza y otra media docena se marcharon del pueblo. Mossèn Miquel fue retirado de su parroquia por orden del obispo y acabó sus días enfermo en un convento de monjas en Benicarló. Todavía no tienen epitafio: su recuerdo perdura entre los antinucleares de hoy.

Muerte en el Valle


Muerte en el Valle (2005) é un documental que conta, paso a paso, como Christina María Hardt, residente en Nova Iork, investiga a morte do seu avó nunha aldea do Bierzo, El Valle, durante a posguerra española, en 1948. Ten que vencer o medo e o esquecemento da súa familia e dos veciños da aldea para conseguir reconstruír os acontecementos que levaron ao asasinato, mediante a aplicación da noxenta lei de fugas, do seu avó e un compañeiro. Na casa do seu avó acollíase a guerrilleiros antifranquistas e alguén os delatou. Quen foi? Por que? quen cometeu o crime? Na aldea moi poucos están dispostos a falar, prefiren esquecer. A bisavoa (que fala galego) sabe o que ocorreu, pero lévase o seu secreto á tumba.

Non é un filme de gran calidade, pero transmite autenticidade e paixón. Permítenos sentir a curiosidade, as dúbidas, a rabia de Christina, nun exercicio de empatía que non nos impide amosarnos en desacordo coa súa actitude. Pero, sobre todo, Muerte en el Valle é un documental máis que necesario aínda hoxe. Tanto anos despois da morte de Franco a xente segue tendo medo a falar, e isto non é de recibo nun réxime democrático. As vítimas da ditadura franquista, moitas delas enterradas en fosa comúns, tiradas, e os seus familiares, necesitan recoñecemento e xustiza.

domingo, 17 de xaneiro de 2010

As serpes cegas


As Serpes Cegas, con guión de Felipe Hernández Cava e debuxos de Bartolomé Seguí, é a primeira banda deseñada editada polo colectivo galego BD Banda na nosa lingua e en castelán, e tamén foi publicada en Francia. Este álbum foi merecedor do Premio Nacional de Cómic 2009, que outorga cada ano o Ministerio de Cultura, despois de ter recibido antes importantes premios.

O cómic narra unha historia negra que comeza e acaba en Nova Iorque en 1939, pasando pola Guerra Civil española. Un misterioso home de traxe vermello busca a Ben Koch. Este, á súa vez, tamén quere atopar a outro home. Hai moitas contas que saldar. Nunha sucesión de flashbacks imos descubrindo, expectantes, porque uns homes andas a procura de outros.

A recreación histórica dos escenarios é suxerinte e veraz. Os personaxes móvense no mundo clandestino do Nova Iorque dos anos trinta, en plena Gran Depresión nos Estados Unidos. A persecución policial dos comunistas anuncia o que ocorreu despois da II Guerra Mundial, coa caza de bruxas. A participación dos protagonistas nas Brigadas Internacionais achéganos, con crueza, á Guerra Civil e, en concreto a división interna dentro do bando republicano. A matanza de membros do POUM levada a cabo polos comunistas stalinistas en Barcelona, despois dos sucesos de maio de 1937, e a Batalla do Ebro son os escenarios nos que atopamos a explicación das vinganzas persoais.

Esta banda deseñada é das mellores que teño lido. Hai unha perfecta conxunción entre o debuxo e o guión, viñetas e texto flúen con naturalidade, animándonos a gozar cada unha con parsimonia pero, á vez, tirando de nós cara adiante, impacientes por coñecer os secretos dos personaxes. Os autores conseguen crear unha historia redonda, á vez que cada capítulo ten por si mesmo unha entidade propia (primeiro saíu publicada por capítulos na revista BD Banda). En ningún momento decae a acción nin o misterio. Imprescindible.

sábado, 16 de xaneiro de 2010

Haití: unha historia de violencia e pobreza


Haití, un dos países máis empobrecidos do mundo, ocupa a parte occidental da illa La Española, nome que lle deu Colón cando desembarcou alí na súa primeira viaxe. A poboación da illa foi exterminada polas enfermidades e o maltrato que lle deron os conquistadores. Para substituír aos indíxenas leváronse milleiros de escravos africanos, que se converteron na maioría da poboación. No século XVIII Haití tiña unha poboación de 300.000 escravos negros e só 12.000 libres.

No século XVII o territorio do actual Haití foi ocupado polos franceses, que reforzaron o sistema escravista. Un antigo escravo, François Toussaint Louverture, seguindo os principios liberais da Revolución Francesa, liderou unha sublevación contra a metrópole (1790-1804) pedindo a igualdade de dereitos. Foi a primeira e única revolta vitoriosa levada a cabo polos escravos na historia. Toussaint foi apresado polas tropas napoleónicas e trasladado a Francia, onde morreu en 1803. Os escravos negros non se renderon e conseguiron vencer ao exército francés, creando en 1804 a primeira república negra, con nome de Haití.

A historia de Haití no século XIX estivo marcada pola inestabilidade política e a violencia, baixo o dominio de caudillos populistas e con enfrontamentos constantes entre negros e mulatos.

A influenza francesa pasou a Estados Unidos en 1910, que pretendía controlar o seu ‘patio de atrás’ (América Latina). En 1915 invadiron o país, coa escusa da súa inestabilidade, e ocupárono ata 1934.

Os Duvalier e os Tonton Macoute

Desde 1957 ata 1986 Haití estivo sometido a ditadura dos Duvalier, que contaron coa axuda de Estados Unidos. François Duvalier era médico, de aí o seu alcume de Papa Doc. Despois de ser elixido en 1957, nomeouse presidente vitalicio en 1964. En 1971 sucedeuno seu fillo, Bebé Doc, o presidente máis novo do mundo moderno, con só 19 anos.

O seu réxime caracterizouse pola corrupción e a violencia, encabezada pola milicia creada en 1959, os Voluntarios de la Seguridad Nacional, coñecidos como os Tonton Macoute. Foron máis de 30.000 as persoas asasinadas. Haití converteuse no país máis pobre de América.

En 1986 Estados Unidos retiroulle o seu apoio, e un golpe militar levou a Bebé Doc ao exilio en Francia. Pero a situación dos haitianos non mellorou. No ano 2004 os Cascos Azuis da ONU ocuparon o país para procurar poñer fin a constante violencia, o que non conseguiron. Iso si, as maquiladoras das empresas internacionais explotan aos traballadores e os recursos naturais sen problemas. De reprimir as protestas, constantes, xa se encargan os Cascos Azuis e a policía.

Os desastres naturais contribúen a empeorar as condicións de vida dos haitianos. No ano 2004 o furacán Jeanne provocou 1.160 mortos e deixou a miles de persoas sen auga nin alimentos. O terremoto actual é moito peor, calculándose en máis de 100.000 o número de mortos. Iso si, só desastres coma estes converten aos haitianos en noticia, estimulando a solidariedade dos que temos a sorte de vivir mellor, mentres os noticiarios e a prensa cospen as imaxes do desastre, nun uso inmoral da desgraza humana (que espectáculo máis lamentable).

En Haití a metade da poboación é analfabeta; o 10% máis pobre da poboación só recibe un 0,7% da riqueza do país, mentres o 10% máis rico lévase o 47,7%; o 80% da poboación vive por debaixo da liña de pobreza, cun ingreso diario de menos dun dólar; case o 75% das ‘casas’ (de madeira e lata) non teñen saneamento; un 40% da poboación non ten acceso á auga potable; non existe servizo de recollida do lixo; o salario medio non supera os 50 dólares mensuais; a taxa de mortalidade infantil é de 59,7 por mil nacidos vivos; só o 24% dos partos son atendidos por persoal médico, a esperanza de vida é de só 49 anos...

Nove millóns de persoas intentan vivir neste país que presenta estes datos arrepiantes. E aínda por riba o terremoto. Está ben a solidariedade (ou caridade), pero algo máis ten que cambiar no mundo para que todas as persoas vivan nunhas condicións minimamente dignas.


FONDO DE EMERXENCIAS DE MÉDICOS SIN FRONTERAS

xoves, 14 de xaneiro de 2010

A Ditadura franquista en 100 diapositivas

Á volta das vacacións comezamos a estudar o franquismo nas clases de 4º e pensei en introducir o tema cunha serie de imaxes significativas da Ditadura e da súa propia evolución. O meu propósito era escoller menos imaxes, pero, como en tantas outras ocasións, resultoume difícil ser estrito na selección. Así que decidín non limitarme e tratar de facer unha visión o máis completa posible do que foi esa longa e triste etapa da nosa historia. Son imaxes que falan da evolución política, económica e social, pero tamén da vida diaria, da vontade de vivir dentro dun réxime tan miserento. Agardo que vos sexan útiles.


O Primeiro Franquismo, vida cotiá: Unidade Didáctica


Esta Unidade acompaña á exposición gráfica do mesmo título, que podedes mirar na páxina da
Fundación 10 de Marzo, responsable de ambas publicacións. A Unidade inclúe o texto e as imaxes dos paneis (en branco e negro), e unha serie de actividades, numerosas e variadas para que os profesores escollan ás que mellor se adaptan aos seus obxectivos.

A exposición céntrase na vida cotiá, pero sen prescindir dos aspectos económicos e políticos xerais, porque só así de pode entender un período histórico. Pensamos que é unha boa ferramenta para coñecer e comprender as bases da Ditadura e a vida (mala) que estiveron condenados a sufrir os españois. O nacional-catolicismo sumiu a España na miseria económica e moral: represión, exercizos espirituais, Sección Femenina, racionamento, estraperlo, Una Grande Libre, Franco Franco Franco... Medo, moito medo.