
Rosa era costureira de profesión, e militaba na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Color. Naqueles tempos os negros e negras en EE UU, pero sobre todo no sur, non podían compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera, baños públicos... Os autobuses estaban sinalados cunha liña: os brancos adiante e os negros detrás. A xente de color subía ao autobús, pagaba ao condutor, baixábase e subía de novo pola porta traseira.
O 1 de decembro de 1955 Rosa sentou nos asentos do medio, que podían usar os negros e as negras se ningún branco o solicitaba. Cando se encheu a parte dos brancos, o condutor ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cederan o seu lugar a un mozo branco que acababa de subir. Os outros levantáronse pero ela permaneceu inmóbil.
“Mentres máis obedeciamos, peor nos trataban”, contou Parks nas súas memorias. “Aquel día estaba cansa, farta de ceder”. Pasou a noite no calabozo, acusada de perturbar a orde pública e pagou unha multa de 14 dólares. O caso transcendeu e deu pulo aos movementos polo fin da segregación.
Martin Luther King organizou unha serie de protestas contra a segregación nos autobuses, que durou 382 días. O caso Parks chegou ata o Tribunal Supremo que declarou a norma vixente nos autobuses contraria á Constitución estadounidense, que proclama iguais a todas as persoas. O goberno aboliu calquera tipo de discriminación nos lugares públicos, coa Lei que prohibía a discriminación racial de 1964.
Rosa Parks morreu no 2005, aos 92 anos, e continuou loitando toda a súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos. Un exemplo de valentía e dignidade, que amosa como un xesto de rebeldía aparentemente pequeno de pode ter enormes consecuencias, facendo mellor a súa vida e a das persoas que a rodean.

Tivo que enfrontarse a moitas agresións racistas, pero aínda así graduouse en 1965. Foi a primeira muller de raza negra que conseguiu un título universitario en EE UU. Jones tiña que ir a clases escoltada pola policía e, cando entraba nunha aula, a maioría dos estudantes marchaba. Cando entraba nos bancos ocorría o mesmo. Tras conseguir o título de empresariais, traballou no Departamento de Xustiza na área de dereitos civís.
En 1996 Wallace pediulle perdón publicamente e no 2000 a Universidade concedeulle o Doutorado en Letras. Nunha entrevista afirmou: "síntome como unha muller privilexiada que tivo a honra de representar a todos aqueles que loitaban por causas xustas". Morreu no 2005.
Ningún comentario:
Publicar un comentario