"A primeira vez que quixen votar non me deixaron por ser muller"
VÍCTOR SARIEGO06/05/2011 - 02:29 h.
A cabalo case entre tres séculos, Josefina Villaverde foi xa votante na Segunda República e é apaixonada da política por contaxio do seu marido, que morreu hai case corenta anos, en 1973. Agora, ela segue interesada nalgo do que moitos mozos non queren saber nada. Ela non o entende.
En quince anos, Cuntis perdeu 1.000 habitantes (de 6.000 a 5.000) e só queda xente maior. Que hai que facer para que os rapaces non marchen?
Os políticos teñen que dar traballo, facer políticas de emprego e investir todo o posible nisto, non mirar tanto para si mesmos, traballar e dar traballo... Que a xente non estea descontenta.
Vai facer campaña á súa idade?
Eu son socialista de toda a vida, pero non me gusta dicirlle á xente a quen ten que votar. Que o fagan por principios, por convencemento, con sentidiño e non por amizade ou amiguismo. Tamén con ilusión, que recorden, e sobre todo as mulleres, que antes elas non podían facelo. A primeira vez que quixen facelo non puiden por ser muller, pero si despois de 1933, na Segunda República, cando Clara Campoamor, aínda o recordo moi ben. Daquela votei a Cabanillas, que non me gustaba, pero non había outro. Agora non podo camiñar moito, dóeme unha perna, pero non é gran cousa, aínda que non o sei, porque nunca fun a ningún hospital.
De onde lle vén a paixón política?
Polo que me transmitiu o meu marido, que aínda que non desempeñaba ningún cargo por culpa da ditadura, era moi político, e moi decente, pero os tempos da posguerra e a ditadura foron moi, moi malos, durísimos. Non puido exercer publicamente, pero si cos seus. Francisco contaxioume as súas ideas, as boas (ri).
Que lle parece Rajoy?
(Con moita retranca) Aínda que estou no PSOE, gústame máis o PP... Non, en serio, é bo rapaz, moi decente, pero está metendo a pata, parece un adiantado a todo, un pouco listo.
É diferente a política de agora que a de antes?
Ningún comentario:
Publicar un comentario