Programa de Carne Cruda, Radio 3, do 5/5/2011 adicado ao asasinato de Bin Laden. Unha visión humana, realista, do que foi esa operación de vinganza, que incumpre todas as leis internacionais, e o que é peor, carece de todo principio de xustiza, poñendo no mesmo foxo de indignidade o terrorismo, dirixido po Bin Laden, e o terrorismo de Estado practicado polos EE UU, co aplauso do resto das democracias? do mundo libre?. E que dicir da xustificación da tortura? e da alegría pola morte dunha persoa, por moi indesexable que fose? O premio Nobel da Paz, a gran esperanza negra, tense convertido no xefe da banda de vaqueiros (que estulticia e que paradoxo chamarlle Xerónimo á execución) Canto cinismo! Que non nos convertan en ovellas! Este é o mundo no que vivimos, sabémolo, non somos inxenuos, pero tamén sabemos que outro mundo debe ser posible.
1 comentario:
Como colofón desta entrada habería que reflexar cómo afectou o asasinato á opinión que tiña a poboación USA sobre o seu presidente. Subiu espectacularmente nun dos seus momentos máis baixos. Cousas do "timing" que din eles.
Publicar un comentario