sábado, 21 de maio de 2011

Democracia real Xa!

Recoñezo que cando comezou esta mobilización era moi escéptico sobre o seu alcance. Segundo avanzou a semana e as acampadas se fixeron máis numerosas e decididas a miña simpatía aumentou. Onte e hoxe estiven no Obradoiro, falei con algunhas das persoas que alí acampan e agora síntome implicado con eles, aínda que, quizais pola diferenza de idade, algunhas das súas actuacións e proclamas resúltanme alleas. Desexaría que tiveran un pouco máis de radicalismo (lonxe da violencia), de 'mala follá', e que non centraran tanto as súas críticas só nos políticos.

Calquera discrepancia queda minimizada polo entusiasmo e o benestar persoal que me provocan uns mozos e mozas capaces de crear unha organización perfecta, capaces de durmir no duro chan de pedra durante días (ao principio case sen apoios), capaces de renunciar ás comodidades para loitar por unha sociedade distinta, mellor. A posibilidade dun futuro digno, dunha sociedade máis xusta depende do seu éxito. De tódolos xeitos, nunca fracasa quen segue os ditados da súa conciencia (social, por suposto). Eles nunca poderán sentirse cómplices deste sistema de merda (cada vez máis noxento) no que vivimos. E nós?

Unha lección de compromiso e de ética. Moitas grazas e moito ánimo.


3 comentarios:

anxo dixo...

Loitan polo que queren , fan ben facer eso , loitan polo pobo galego .

Pedro dixo...

Esto xa se deberia haber fitio fai moito tempo, haber si consiguen algun resultado

Miguel Zas dixo...

As suas intencions parecenme boas pero non teñen dereito a acampar ali sin ningun permiso asique hasta que teñan permiso non poderian facer eso.