martes, 20 de abril de 2010

Matanza de Tiananmen


O 4 de xuño de 1989 miles de estudantes chineses se manifestaron pacificamente na praza de Tiananmen, Pequín, para pedir democracia. Dende a cúpula do Partido Comunista, que monopoliza o poder, déronse tres ordes ás forzas represivas: disparar nada máis chegar, limpar a praza e acurralar ós líderes para matalos sen dilación.

Os cidadáns intentaran impedir a entrada do exercito mediante barricadas, e incluso o xesto heroico da imaxe deu a volta ao mundo. Nada máis chegar, os soldados empezaron a disparar, pasaron cos tanques por riba das tendas de campaña onde aínda había estudantes, logo regaron os cadáveres con gasolina e convertéronos en fachos.

Pese á censura do goberno chinés estímase que houbo en torno aos 2000 ou 3000 mortos. Outros dos participantes na protesta sufriron condenas de cárcere por manifestarse ou tiveron que fuxir ao estranxeiro. Ademais numerosos periodistas chineses foron despedidos por non ocultar, ou apoiar, as reivindícacións democráticas. Púidose saber o que ocorreu pola presenza de moitos periodistas occidentais en Pequín, que cubrían a visita do presidente da URSS, Gorbachov.

A día de hoxe segue sendo un asunto tabú en China. Á raíz da brutal represión, a UE e EEUU decidiron vetar a venda de armas a China, pero o réxime chinés segue sometendo ao seu pobo a unha brutal ditadura onde se violan constantemente os dereitos humanos. Isto non impediu que non ano 2008 se celebrasen en Pequín os Xogos Olímpicos.

Mónica Campos e Paula Fandiño (4ºA)

Ningún comentario: