A invasión de Afganistán comezou o 7 de outubro de 2001 coa «Operación Liberdade Duradeira» das tropas estadounidenses e a «Operación Herrick». Foi emprendida en resposta ós atentados do 11 de setembro de 2001 en Estados Unidos.
O Consello de Seguridade da ONU creou no 2001 a Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade (ISAF). A OTAN asumiu o control da ISAF, na que participan soldados españois, no ano 2003.
O obxectivo declarado da invasión era encontrar a Osama bin Laden e outros dirixentes de Al Qaeda para levalos a xuízo, e derrocar ó réxime Talibán que apoiaba e daba refuxio ós membros de Al Qaeda. As forzas occidentais contaron co apoio da Alianza do Norte, formada polas milicias armadas de distintas tribos e grupos inimigos dos talibáns.
O 9 de novembro comezou a batalla de Mazar-e-Sharif. Así, o 13 de novembro de 2001, a capital Kabul foi tomada pola Alianza do Norte sen apenas resistencia por parte dos talibáns.
Sen embargo, no 2007 os talibán puideron reconquistar o poder aínda coas tropas invasoras occidentais no país. En agosto de 2008 a situación empeorou para a OTAN xa que as súas baixas aumentaron, sumando no verán case 120 mortos.
O ano 2009 foi o máis violento dende a invasión en 2001. Os talibáns incrementaron os ataques por todo o territorio causando gran número de mortos, tanto de civís como de forzas afgás e estranxeiras. As tropas de EE UU e da OTAN teñen provocado tamén numerosas mortes civís.
A guerra non ten viso de rematar e o goberno de Obama viuse obrigado a despregar máis soldados e pediu aos seus aliados da OTAN o envío de máis soldados. España comprometeuse a enviar 500 soldados máis. O ano 2010 a violencia continúa.
Vanesa Aboy; Eva Gesto (4ºA ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario