![](http://www.abogados.es/portalABOGADOS/archivos/imagenes/1199272127981.jpg)
Dúas décadas máis tarde a escena repetiuse en París. As tres primeiras fillas de Khady tamén sufriron a ablación. Non poder evitalo foi o peor momento da súa vida. Pero seguiu adiante, converténdose na presidenta da Rede Europea de Loita contra a mutilación xenital feminina.
Tiña 13 anos cando a casaron cun home que case non coñecía. Levouna a París onde tivo o seu primeiros fillo aos 17 anos. Seguiron outros catro no medio de malleiras e humillacións. Coa axuda doutras mulleres africanas conseguiu liberarse da escravitude na que vivía. Atopou un traballo e entendeu que a ablación e só unha maneira brutal que os homes teñen de controlar a sexualidade das mulleres, de mantelas baixo o seu control.
‘Todo o noso sufrimento é a causa do home, para o pracer do home. Eu non fun creada así’. A súa cuarta filla é unha moza con clítoris.
Ningún comentario:
Publicar un comentario