Neste video, ou como se chame, creo que a parte gráfica e boa pro algunhas das consideracións son deplorables, moi parecidas ás que escribiron os autores do "libro negro do comunismo" ou Jimenez Losantos. Non houbo tal golpe de estado, se foi constituindo un doble poder que chega un momento se ten que resolver rachanda co nó, neste caso era o goberno provisorio; pero os cidadáns xa decidiran desde meses antes que o que querían era poñer fin ó tsarismo e o que reprsentaba. A propia consideración que se fai sobre a guerra civil, o Exército Vermello era o pobo en armas e a idea que se da é dun aparto que esta por enriba da poboación, e asi poderíamos seguir.
É unha pena que sexas 'anónimo' e non poder discutir abertamente contigo. O único que me parece un pouco forte e a comparación con Losantos. Lonxe de min tan alto honor!!! O golpe de estado foi posterior a outubro, despois das eleccións de novembro. Concretamente en xaneiro do 1918. Que pasou cos menxeviques, eseritas e demais partidos? A Historia non é unha cuestión de fe, de bos e malos, pero se realmente queremos un futuro mellor haberá que ser críticos co pasado, sobre todo cando falamos de ideas que en maior ou menor grao compartimos. Para min, o réxime soviético non foi a plasmación do comunismo, senón unha Ditadura como calquera outra. Pódese explicar, pero non xustificar.
Concordo en que o stalinismo non era comunismo. Pero a miña crítica ó vídeo era á parte do proceso que leva á toma do poder por parte dos bolxeviques e á guerra posterior contra as grandes potencias e os exércitos brancos. Os inimigos da revolución proletaria formúlana como un golpe de forza, un golpe de estado, cando a realidade é que existencia dun dobre poder era un feito. Non foi o goberno da burguesía, no que participaban os menxeviques, quen legalizou ós sindicatos e ilegalizou á policía política, foron os soviets. En todo proceso revolucionario dánse características que no ruso son nidias: ampla participación de masas, prodúcense cambios e alternativas distintas, avánzase cara ó enfrontamento de dous polos antagónicos. Non foi un “golpe de man dos bolxeviques” foi unha crise revolucionaria na que se toma o poder, cunha grande actividade das masas E hai que escoller onde se esta, e menxeviques e eseristas non entenderon o proceso, seguían ca vella consigna de asemblea constituínte cando ese proceso estaba superado. ¿Naquelas condicións alguén é capaz de garantir a limpeza electoral?, sen censos e sen estradas, etc. Tampouco Stalin o tiña claro, opúxose a toda a estratexia e a conseguinte táctica de Lenin, non publicando as coñecidas como “cartas desde lonxe”, opoñéndose ás teses de abril e no fondo denunciando o fito, xunto con Kámenev e Zinoviev, publicamente, un día antes a toma do Pazo de Inverno. Stalin, é a miña opinión, non era marxista e tivo bo coidado, unha vez desaparecido Lenin de acabar cos bolxeviques e iniciar un proceso que levou a un acelerado proceso de acumulación, pero que non ten moito que ver coa creación dunha sociedade socialista.
Vexo que coñeces o proceso polo miúdo, moito mellor ca min. Concordo contigo en case todo o que dis sobre o proceso revolucionario de 1917 e o estalinismo. Pero para min as raíces do estalismo atópanse no golpe de xaneiro e na formación da URSS coma un réxime de partido único, que se impuxo pola forza, sen permitir discrepancias, monolítico. A miña crítica non pretende descualificar a revolución, descontextualizándoa historicamente, teño claro o que supuxo de mellora para as condicións de vida do pobo ruso e dos proletarios do mundo en xeral.
Para ir poñendo fin a este debate, que considero interesante, fago as seguintes precisións: as revolucións ou as levan a cabo as maiorías da poboación ou non se consolidan. No caso da revolución rusa de 1917, a grande maioría da poboación quería cambios que foran á raíz dos problemas, acabar coa explotación. En segundo lugar en toda revolución as crases dominantes, desprazadas do poder tentan defend-los seus privilexios por medio da violencia, o que leva a un enfrontamento violento entre o vello que desaparece e o novo que nace. Neste caso entre a aristocracia, burguesía, pequena burguesía e proletariado tanto industrial como agrícola. En terceiro lugar dese enfrontamento sempre sae un vencedor; nas revolucións burguesas, na inglesa do século XVII, a burguesía ademais de derrotar a aristocracia tamén derrotou ós seus aliados, movementos sociais populares como os “niveladores” ou os “cavadores”, que querían maiores cambios. Na revolucións burguesas francesas, de 1789 e na de 1848, pasou o mesmo; a burguesía que sen a participación dos traballadores urbanos non sería capaz de derrota-la aristocracia, unha vez no poder, os derrota e impón os seus intereses. Pero é curioso que ás revolucións burguesas non se lles acusa de crimes e males por desfacerse dos seus aliados. Ä proletaria de 1917 si. Por iso é importante definirse de que lado se esta. A historia non é neutral. Sempre a escribiu a crase dominante. Se defendemos ó proletariado, ós explotados, nunca debemos compadecernos que nun proceso revolucionario despracen do poder ós seus inimigos de crase.
5 comentarios:
Neste video, ou como se chame, creo que a parte gráfica e boa pro algunhas das consideracións son deplorables, moi parecidas ás que escribiron os autores do "libro negro do comunismo" ou Jimenez Losantos.
Non houbo tal golpe de estado, se foi constituindo un doble poder que chega un momento se ten que resolver rachanda co nó, neste caso era o goberno provisorio; pero os cidadáns xa decidiran desde meses antes que o que querían era poñer fin ó tsarismo e o que reprsentaba.
A propia consideración que se fai sobre a guerra civil, o Exército Vermello era o pobo en armas e a idea que se da é dun aparto que esta por enriba da poboación, e asi poderíamos seguir.
É unha pena que sexas 'anónimo' e non poder discutir abertamente contigo. O único que me parece un pouco forte e a comparación con Losantos. Lonxe de min tan alto honor!!!
O golpe de estado foi posterior a outubro, despois das eleccións de novembro. Concretamente en xaneiro do 1918. Que pasou cos menxeviques, eseritas e demais partidos?
A Historia non é unha cuestión de fe, de bos e malos, pero se realmente queremos un futuro mellor haberá que ser críticos co pasado, sobre todo cando falamos de ideas que en maior ou menor grao compartimos. Para min, o réxime soviético non foi a plasmación do comunismo, senón unha Ditadura como calquera outra. Pódese explicar, pero non xustificar.
Concordo en que o stalinismo non era comunismo. Pero a miña crítica ó vídeo era á parte do proceso que leva á toma do poder por parte dos bolxeviques e á guerra posterior contra as grandes potencias e os exércitos brancos.
Os inimigos da revolución proletaria formúlana como un golpe de forza, un golpe de estado, cando a realidade é que existencia dun dobre poder era un feito. Non foi o goberno da burguesía, no que participaban os menxeviques, quen legalizou ós sindicatos e ilegalizou á policía política, foron os soviets. En todo proceso revolucionario dánse características que no ruso son nidias: ampla participación de masas, prodúcense cambios e alternativas distintas, avánzase cara ó enfrontamento de dous polos antagónicos. Non foi un “golpe de man dos bolxeviques” foi unha crise revolucionaria na que se toma o poder, cunha grande actividade das masas
E hai que escoller onde se esta, e menxeviques e eseristas non entenderon o proceso, seguían ca vella consigna de asemblea constituínte cando ese proceso estaba superado. ¿Naquelas condicións alguén é capaz de garantir a limpeza electoral?, sen censos e sen estradas, etc.
Tampouco Stalin o tiña claro, opúxose a toda a estratexia e a conseguinte táctica de Lenin, non publicando as coñecidas como “cartas desde lonxe”, opoñéndose ás teses de abril e no fondo denunciando o fito, xunto con Kámenev e Zinoviev, publicamente, un día antes a toma do Pazo de Inverno. Stalin, é a miña opinión, non era marxista e tivo bo coidado, unha vez desaparecido Lenin de acabar cos bolxeviques e iniciar un proceso que levou a un acelerado proceso de acumulación, pero que non ten moito que ver coa creación dunha sociedade socialista.
Vexo que coñeces o proceso polo miúdo, moito mellor ca min. Concordo contigo en case todo o que dis sobre o proceso revolucionario de 1917 e o estalinismo. Pero para min as raíces do estalismo atópanse no golpe de xaneiro e na formación da URSS coma un réxime de partido único, que se impuxo pola forza, sen permitir discrepancias, monolítico. A miña crítica non pretende descualificar a revolución, descontextualizándoa historicamente, teño claro o que supuxo de mellora para as condicións de vida do pobo ruso e dos proletarios do mundo en xeral.
Para ir poñendo fin a este debate, que considero interesante, fago as seguintes precisións: as revolucións ou as levan a cabo as maiorías da poboación ou non se consolidan. No caso da revolución rusa de 1917, a grande maioría da poboación quería cambios que foran á raíz dos problemas, acabar coa explotación. En segundo lugar en toda revolución as crases dominantes, desprazadas do poder tentan defend-los seus privilexios por medio da violencia, o que leva a un enfrontamento violento entre o vello que desaparece e o novo que nace. Neste caso entre a aristocracia, burguesía, pequena burguesía e proletariado tanto industrial como agrícola. En terceiro lugar dese enfrontamento sempre sae un vencedor; nas revolucións burguesas, na inglesa do século XVII, a burguesía ademais de derrotar a aristocracia tamén derrotou ós seus aliados, movementos sociais populares como os “niveladores” ou os “cavadores”, que querían maiores cambios. Na revolucións burguesas francesas, de 1789 e na de 1848, pasou o mesmo; a burguesía que sen a participación dos traballadores urbanos non sería capaz de derrota-la aristocracia, unha vez no poder, os derrota e impón os seus intereses.
Pero é curioso que ás revolucións burguesas non se lles acusa de crimes e males por desfacerse dos seus aliados. Ä proletaria de 1917 si. Por iso é importante definirse de que lado se esta. A historia non é neutral. Sempre a escribiu a crase dominante. Se defendemos ó proletariado, ós explotados, nunca debemos compadecernos que nun proceso revolucionario despracen do poder ós seus inimigos de crase.
Publicar un comentario