"Este premio instrumentaliza en beneficio do estado o prestixio do premiado. Un estado empeñado en desmantelar o estado de benestar", afirma nunha carta
|
184 traballadores peruanos |
O artista Santiago Sierra rexeitou este venres o Premio Nacional de Artes Plásticas por "sentido común" mediante unha carta dirixida á ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, segundo confirmou a Europa Press Joaquín García, responsable do Departamento de Arte da Galería Helga de Alvear, coa que traballa habitualmente o artista. Nesta carta a González-Sinde, que segundo Joaquín García rexistrouse xa no Ministerio de Cultura, Santiago Sierra rexeitou o galardón xa que, segundo el, "este premio instrumentaliza en beneficio do Estado o prestixio do premiado".
"Un Estado que pide a berros legitimación ante un desacato sobre o mandato de traballar polo ben común sen importar que partido ocupe o posto. Un Estado que participa en guerras dementes aliñado cun imperio criminal. Un Estado que doa alegremente o diñeiro común á banca. Un Estado empeñado no desmonte do Estado de benestar en beneficio dunha minoría internacional e local", manifestou na misiva. Así mesmo, o artista conclúe a carta negando a súa vinculación ao Estado: "O Estado non somos todos. O Estado son vostedes e os seus amigos. Polo tanto, non me conten entre eles, pois eu son un artista serio. Non señores, Non, Global Tour. ¡Saúde e liberdade!"
.
1 comentario:
Estou en case todo dacordo coas palabras de Santiago Sierra. Non vou facer como Erik Satie, que lle dixo a Maurice Ravel cando éste rexeitou a Lexión de Honra: “Vostede rexeitou a medalla, pero toa a súa obra acéptaa"
Publicar un comentario