mércores, 6 de outubro de 2010

Campos de muerte (A Grande Guerra)


En 1914 setenta millóns de homes foron recrutados para a fronte de guerra. Todas as nacións agardaban un triunfo fácil e os mozos ían á guerra como se fose unha aventura, pensando retornar pronto ao fogar, despois de 'machacar' ao inimigo. Sen embargo, a guerra durou catro anos, e as novas armas fixeron que o número de vítimas fose máis grande que en ningunha guerra anterior. Feridos e mortos aumentaban sen cesar, mentres as posicións mantíñanse inmóbiles, era a guerra das trincheiras. Ao final da guerra morreran case dez millóns de persoas.
O documental "Campos de muerte", sobre a 1ª Guerra Mundial forma parte dunha colección da BBC sobre o século XX, na que testemuños directos dos acontecementos tratados nos contan o que viviron, acompañados por imaxes da época. A selección de fontes orais e audiovisuais é realmente boa.
Coa visualización deste vídeo, en 53' podemos comprender as claves da Gran Guerra: por que millóns de persoas foron ao matadoiro... para nada!.
É unha ferramenta moi axeitada para axudar a que o alumnado comprenda os mecanismos polos que toda unha sociedade (agás unha minoría de persoas lúcidas e comprometidas) se lanza á loucura da Guerra, ao desatino de matar a outros seres humanos. E isto serve para explicar a 1ª Guerra Mundial, pero tamén para explicar calquera Guerra. Aprendendo as causas e consecuencias, sentindo o dolor dos soldados e das súas familias, estaremos alerta para evitar caer, nós tamén, na mesma trampa.

3 comentarios:

Ana Campos dixo...

Na miña opinión , moi bo artigo, resume moi ben o máis importante que pasou en esos tráxicos catro anos .
As causas da guerra foron demasiado absurdas o peor de todo é que os soldados matábanse entre sí por unhas estúpidas terras , que a eles creo que non lles afectaban demasiado . Como di no texto a maioría pensaban que seria unha simple aventura , e ao final saiulles bastante mal .
A 1º Guerra Mundial , demostra bastante a mentalidade de aquela época que nos parece moi lonxeva pero ao fin e ao cabo ; non segue habendo guerras e guerras no mundo ? entón e que a pesar das melloras da calidade de vida , a nosa mentalidade non cambiou tanto como debería.

Tania dixo...

Hola!!! Son Tania. Como ves eu tamén teño un blog, solo que o meu non é tan bó como o teu!!
Pois referido a este artigo dicir que a guerra é absurda, que a xente non sabía nin porqué iban a guerra nin nada!

Laura Caeiro dixo...

Ola! As guerras sempre surxen pola coviza dos governos. A 1º Guerrra Mundial foi un claro exemplo disto.Aínda por riba, os soldados tiñan que acudir a estas masacres en contra da sua bontade.

En consecuencia, millóns de persoas mortas e feridas( ou mutiladas).Ademais hubo unhas grandes perdas económicas que afectou maioritariamente a Europa.

Rememorando isto o que temos que dicir é : NON AS GUERRAS!!