martes, 23 de febreiro de 2010

En tierra de nadie, de Danis Tanovic


En tierra de nadie é unha película sinxela, feita con poucos medios, pero foi quen de ser merecedora de recibir o Óscar a mellor película estranxeira no ano 2002. Un pequeno episodio, case unha anécdota, da guerra da antiga Iugoslavia no 1993, convértese en todo un compendio antibelicista sobre a estupidez humana. Non só a estupidez dos dous homes que podendo ser bos veciños se odian ata a morte sen saber porque, senón tamén a dos organismo internacionais, estúpidos e hipócritas, e a dos medios de comunicación que, como case sempre, fan do sufrimento humano un espectáculo para as masas, estúpidas tamén, incapaces de reflexionar, de razoar. Por que se matan? dá igual, o importante é que nos entreteñan, desde o noso sofá non se escoitan os berros de dor dunha realidade que papamos como ficción sen dar tempo a facer a dixestión.

Todo discorre unha trincheira en Bosnia, no no man’s land, pero pode trasladarse a calquera dos escenarios bélicos do pasado, do presente e, sen remedio, do futuro. Por que a guerra? en que mellorou a vida dos seus protagonistas? a ONU e outros organismos internacionais loitan realmente pola paz e por salvar vidas ou están só atentos a unha cínica política de poder e imaxe? e veraz a información que nos proporcionan os medios de comunicación? estamos dispostos a ser críticos respecto á realidade (falsa) que os políticos e outros centros de poder non ‘venden’ no supermercado da imaxe e os slogans baldeiros? podemos deixar de ser só consumidores de violencia para converternos en actores dunha imprescindíbel mobilización cidadá cara un mundo sen armas?

Todas estas e outras preguntas xorden mentres miramos este magnífico filme. É unha película (ás veces semella unha comedia), pero calquera parecido coa realidade non é unha coincidencia, senón que todo está fiado para chegar ao noso intelecto, a nosa conciencia?, non as nosas tripas.


Ficha para traballar en valores cos alumnos

4 comentarios:

Marcos Maceiras dixo...

A película non me gustou moito xqe non había moita acción nin intriga pero por outra parte está ben xqe fixo qe supera destes sucesos...

Maneiro dixo...

A pelicula pareceume interesante debido ao tema ke trataba xke e un tema ke ainda non separeceu debido as armas e aos conflictos ke ai entre os paises x exemplo o de irak e Estados Unidos

Andrea dixo...

Non me gustou moito porque era aburrida e ía moi lenta.

Anónimo dixo...

Bueno... non estivo mal anque a verda e que algo aínda se aprendou. Non me pareceu normal que deixaran aquel pobre home debaixo dunha mina a súa sorte, e tamén decindolle os periodistas que o home xa fora sacado de enriba da mina e que xa estaba fora de perigo. A película trancurría moi lenta