domingo, 30 de novembro de 2014

As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello

Do antigo Caladiños (hai 10 anos ou máis)

Hai uns días lin a novela ‘As rulas de Bakunin’, publicada en Galaxia xa no ano 2000, do autor limiao (co que xa hai algúns séculos compartín algunhas troulas no val de Monterrei) Antón Riveiro Coello. A verdade é que a lectura se me fixo moi agradábel e que, como pasa cos libros que te enganchan, non me chegaban as horas para rematala.

A novela conta a vida do anarquista Camilo Sabio Doldán, e a través dela vemos reflectidos os avatares históricos do século XX. A biografía de Camilo simboliza a vida de todos aqueles que loitaron por un mundo mellor nos tempos da República e que, ao igual ca democracia, viron truncado o seu futuro co golpe de Estado de Franco e a súa tropa.

Camilo sobreviviu ao cárcere grazas a un libro e a súa capacidade para memorizalo, pero outros moitos remataron a súa vida a mans da represión franquista. Este libro é unha homenaxe a todos eles, pero sobre todo aos anarquistas, hoxe tan esquecidos. Unha historia de perdedores que, sen embargo, viviron, e fixérono con toda a dignidade que xamais puideron acadar os seus verdugos.

Nas páxinas da novela intercálanse distintas etapas da vida de Camilo, misturándose con sabedoría a acción política e a vida cotiá, nunha unidade que se antolla imprescindible para crer no personaxe. Un personaxe de carne e oso, non un heroe, que sobrevive grazas ao amor, ao amor aos amigos e a súa familia.

A relación de Camilo co seu avó e a de Camilo co seu neto Lázaro enmarcan a historia. Unha historia de vida que nos permite coñecer, pero sobre todo comprender, o que aconteceu neste país no século XX: a emigración, a esperanza republicana, a represión franquista, o exilio, o silencio do franquismo e o esquecemento da transición. Pero que tamén nos presenta con naturalidade, sen énfases innecesarios, o carácter e os sentimentos dun mosaico de persoas cercanas a nós. Persoas que coma todos teñen virtudes e defectos, sen ocultarnos as súas faces máis reprobables.

Unha engaiolante novela que como dixo o propio autor «é unha obra da que estou moi orgulloso porque vai deixar unha boa pegada na miña andaina narrativa, non vai sobre ou anarquismo nin sobre a Guerra Civil. É unha historia de amor dunhas persoas que lles tocou vivir unha época feliz e que a Guerra Civil lles quitou as ideas de liberdade».


Ai, ruliña de ollos azuis, sinto que a vida se me vai e non podo termar dela. Non sei se a morte respectará este meu desexo reparador e sigo fiel a esa teima de que alá non hai máis nada, pero o teu recordo ten presencias case físicas e por iso entendo que non debo desaproveitar esta oportunidade para che contar as miñas miserias máis ocultas.

xoves, 20 de novembro de 2014

La Duquesa de Alba en Monterrey

Galicia Dixital martes, 01 de marzo de 2011. Joaquín Nieves

La actualidad manda y en esta ocasión permite mirar al pasado. En papel couché ocupa páginas la Duquesa de Alba, al igual que sucedía a mediados del pasado siglo. Entonces en el magazine "Luna y Sol" y, hoy en el "Hola", el protagonismo llegaba de la mano de los Grandes de España, por sus títulos nobiliarios y acontecimientos sociales.
Las bodas de Cayetana fueron acontecimientos del siglo, como, sin duda, se repetirá de producirse su tercer enlace como los anteriores por amor de amar y sentirse amada.
 De la Casa de Alba, la actual duquesa, fue la primera de las ilustres damas del madrileño palacio de Liria que visitó el Castillo de Monterrey, en Verín, accediendo por la "Calzada Real", para conocer sus posesiones en tierras orensanas, acompañada por el alcalde de Verín, Manuel Pérez García Sabugo y el Comisario de Monumentos y Excavaciones Arqueológicas e historiador Jesús Taboada Chivite, quien en un portafolios llevó la documentación referida a la Plaza Fuerte, datos que Cayetana escuchó con atención.
De aquella visita, estamos en condiciones de brindar aqui el único documento gráfico exclusivo para "Galegos", si el coordinador tiene la gentileza de publicar la vieja postal, que puede considerarse novedosa exclusiva informativa de máxima actualidad por las noticias traídas y llevadas estos días por la prensa del corazón.
En la fotografía, en un reclinatorio está orando en la Iglesia de Monterrey la Duquesa, flanqueada por las esposas del gobernador de Orense y del alcalde de Verín y, en el grupo, con el portafolios bajo el brazo, Jesús Taboada y un grupo de caras conocidas verinenses que se vieron gratamente sorprendidas por la presencia de la dama.
Según se había expresado doña Cayetana, prometía volver en otra ocasión, alojandose en el Parador de Turismo para disfrutar de la belleza del Valle que se extendía a sus pies.

Pero la Duquesa, de no haber realizado otras visitas posteriores, al menos de incógnito, no nos consta lo que podría ser noticia, como lo había sido hace más de medio siglo, teniendo en cuenta que hoy lo permiten nuevos accesos y Verín es ciudad fonteriza, por la que transcurre la Autovía de las Rías Baixas, con empalme a la de Portugal por Chaves. Contando Monterrey con un centro hostelero de primer orden que hace atractivo el recinto rodeado de murallas medievales.

martes, 7 de outubro de 2014

Anna Politkovskaya: asasinada o 7 de outubro do 2006 en Moscova pola súa defensa dos dereitos humanos


"Veo que las personas quieren cambiar sus vidas a mejor, pero no depende de ellas. Y, para soportar esa situación, se mienten a si mismas. En mi sistema de valores, ésa es la postura de la seta que se oculta entre el follaje. No importa: la encontrarán, y con toda seguridad la arrancarán y se la comerán.
Cuando uno nace humano, no puede comportarse como una seta."
Anna Politkóvskaya




Cita recollida na imprescindible banda deseñada Cuadernos rusos [la guerra olvidada del Caúcaso], de Igort (Salamandra)

xoves, 2 de outubro de 2014

Clara Campoamor: 83 anos do sufraxio universal

Hai 83 anos, o 1 de outubro de 1931, as Cortes da II República aprobaron o sufraxio feminino. A consecución deste dereito foi un mérito, sobre todo, da deputada Clara Campoamor, á que desde aquí facemos esta pequena homenaxe.

"Ni los más acérrimos enemigos de la mujer, que por serlo lo son míos, han podido arrebartarme el regusto paladeado de un logro que hace catorce años, cuando empecé a luchar por la dignificación de mi sexo, se me antojaba utopía pura en mi tiempo y en mi generación". Clara Campoamor, 1936, El Voto feminino y yo. Mi Pecado Mortal.

mércores, 24 de setembro de 2014

SOPA14: Poñendo en valor o patrimonio dende Celanova


Entre o 22 e o 27 de setembro Celanova acolle o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), coa participación de proxectos e expertos de varios países, e unha gran representación do tecido investigador e activista galego, "educando no común, facilitando o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural", en palabras dos seus organizadores. O evento busca ser un punto de encontro, "un lugar de conversa, exploración teórica e metodolóxica" e "un lugar onde experimentar mecanismos conxuntos de acción", "emancipando o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a concreación de contidos e metodoloxías".
O proxecto sOpA, baseado na “cultura libre”, pretende abrir o debate da cultura no rural a todos os estamentos da sociedade con enfoques alternativos e novas propostas “que permitan determinar novos modelos de xestión social do patrimonio, sempre nun contexto de diálogo aberto tanto para científicos como para asociacións e cidadáns”, explicou Sabah Walid na presentación do encontro. 
Ademais, SOPA concíbese como "un congreso itinerante que quere establecer vínculos cos lugares polos que se vai desprazando", este ano Celanova, e a pasada edición en Malpartida, Cáceres. É por iso que na súa organización, dende hai meses xogan un papel fulcral unha ampla lista de axentes locais. De igual xeito, este mércores 24 levarán a cabo unha serie de intervencións na rúa, "levando a teoría á práctica". Noutra das seccións, T-Cuentos, a veciñanza de Celanova está convocada a relatar os seus proxectos, vivencias e as súas experiencias no rural, "xerando así un coñecemento bidireccional e compartido". "Queremos romper ese discurso de que a Academia ou os técnicos somos os que deseñamos as cousas, queremos traballar no sistema de toma de decisións, para que os veciños participen", destacan.
Hai uns meses, en conversa con Prazaos seus organizadores denunciaban que "as políticas de posta en valor, na maior parte dos casos, cínguense exclusivamente aos grandes conxuntos históricos ou a xacementos arqueolóxicos de entidade, feito entendible ao ser os motores da xeración de recursos turísticos, e por tanto económicos, dun territorio determinado. No entanto, déixanse á marxe a moitos outros lugares cun patrimonio que posiblemente non sexa relevante dentro desas directrices, pero si para os seus cidadáns e para o resto da sociedade". 
Outra das seccións máis destacadas desenvólvese este mesmo martes, e está dedicada á Teoría Construtiva. Participarán Antonio LafuenteErnest Cañada e Rosa Tera. O procomún, a emancipación do coñecemento ou o empoderamento das comunidades rurais centrarán as súas intervencións. Como escribiu o propio Ernest Cañada, "a maioría da población vese despoxada dos recursos e os territorios que posibilitan a vida. Que podemos facer para resistir e recuperar un maior control social e comunitario?”. Noutra das intervencións macro do congreso, o arqueólogo José Señorán reflexionou sobre os conflitos que se abren "entre quen consideran que a Socialización do Patrimonio Arqueolóxico é clave no desenvolvemento da profesión e nas relacións coa Sociedade, e quen consideran que se están levando a cabo procesos de intrusismo".
A presentación de proxectos galegos ocupará varias das sesións. Ademais da intervención inicial do investigador e activista Fran G. Quiroga, reinvindicando "ante a incapacidade das administracións" o papel "de nós, como cidadanía, na defensa e uso dos nosos comúns, este luns presentárons en Celanova media ducia de análises de caso, algunha ben de actualidade. En Celanova falouse da "loita cidadá en defensa dun uso público e cultural para o Castelo de Monterrei", de "Arquitecturadegalicia.eu, un proxecto para coñecer a arquitectura contemporánea galega", do "Proxecto Cárcere, unha plataforma pola recuperación da antiga prisión provincial", de "Santa Mariña de Augas Santas" ou da "Socialización do Paleolítico nas comarcas orientais de Galicia".
De igual xeito, nos vindeiros días, representantes da cooperativa Cestola na Cachola tratarán "O papel da economía social para potenciar unha cultura accesible á ciudadanía"; e así mesmo Joana Covelo Alonso e Iago Valverde Pérez presentarán o seu proxecto Cartografías Sensibles, de "posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro". Ademais, Palmira Castro Marcote falará do seu proxecto mimadriña.com, unha “proposta persoal creativa e de acción social” definida como "como facer barquiñas  de papel dende un pequeno pobo e vivir disto e do conto".