xoves, 29 de agosto de 2013
xoves, 23 de maio de 2013
DESDE CUANDO EL MIEDO SE HIZO ENTRE NOSOTROS, TODOS TENEMOS MIEDO DE LLAMAR A LAS COSAS POR SU NOMBRE....LENGUAJE
Eduardo Galeano
En
la época victoriana, no se podían mencionar los pantalones en presencia
de una señorita. Hoy, por hoy, no queda bien decir ciertas cosas en
presencia de la opinión pública: El capitalismo luce el nombre artístico
de economía de mercado, el imperialismo se llama globalización. Las
víctimas del imperialismo se llaman países en vías de desarrollo, es
como llamar niños a los enanos. El oportunismo se llama pragmatismo, la
traición se llama realismo. Los pobres se llaman carentes, o
carenciados, o personas de escasos recursos. La expulsión de los niños
pobres del sistema educativo se conoce bajo el nombre de deserción
escolar. El derecho del patrón a despedir al obrero sin indemnización ni
explicación se llama flexibilización del mercado laboral. El lenguaje
oficial reconoce los derechos de las mujeres entre los derechos de las
minorías, como si la mitad masculina de la humanidad fuera la mayoría.
En lugar de dictadura militar, se dice proceso. Las torturas se llaman
apremios ilegales, o también presiones físicas y psicológicas. Cuando
los ladrones son de buena familia, no son ladrones, sino cleptómanos. El
saqueo de los fondos públicos por los políticos corruptos responde al
nombre de enriquecimiento ilícito. Se llaman accidentes los crímenes que
se cometen con los automóviles. Para decir ciegos, se dice no videntes,
un negro es un hombre de color. Donde dice larga y penosa enfermedad,
debe leerse cáncer o SIDA. Repentina dolencia significa infarto, nunca
se dice muerte, sino desaparición física. Tampoco son muertos los seres
humanos aniquilados en las operaciones militares. Los muertos en batalla
son bajas, y los civiles que la ligan sin comerla ni beberla, son daños
colaterales. En 1995, cuando las explosiones nucleares de Francia en el
Pacífico sur, el embajador francés en Nueva Zelanda declaró: "No me
gusta esa palabra bomba, no son bombas, Son artefactos que explotan". Se
llaman Convivir algunas de las bandas que asesinan gente en Colombia, a
la sombra de la protección militar. Dignidad era el nombre de uno de
los campos de concentración de la dictadura chilena y Libertad la mayor
cárcel de la dictadura uruguaya. Se llama Paz y Justicia el grupo
paramilitar que, en 1997, acribilló por la espalda a cuarenta y cinco
campesinos, casi todos mujeres y niños, mientras rezaban en una iglesia
del pueblo de Acteal, en Chiapas."El miedo global" Los que trabajan
tienen miedo de perder el trabajo. Los que no trabajan tienen miedo de
no encontrar nunca trabajo. Quien no tiene miedo al hambre, tiene miedo a
la comida. Los automovilistas tienen miedo de caminar y los peatones
tienen miedo de ser atropellados. La democracia tiene miedo de recordar y
el lenguaje tiene miedo de decir. Los civiles tienen miedo a los
militares, los militares tienen miedo a la falta de armas. Las armas
tienen miedo a la falta de guerras. Es el tiempo del miedo. Miedo de la
mujer a la violencia del hombre y miedo del hombre a la mujer sin miedo.
mércores, 15 de maio de 2013
EN UN MUNDO LIBRE: MERCADORÍA HUMANA
Do antigo Caladiños
A película
de Ken Loach do ano
2008 segue
o modelo do resto da súa filmografía, cine de denuncia social onde os
protagonistas son os perdedores da Historia, as persoas marxinadas dos
beneficios do actual modelo capitalista baseado no consumismo máis
insubstancial. As súas películas parecen documentais polo realismo e a ausencia
de panos quentes con que nos pon diante de realidades que forman parte do noso
marabilloso mundo, e que preferimos non ver.
En un
mundo libre trata da explotación laboral que sofren os inmigrantes en Londres, ‘o
Terceiro Mundo no Primeiro’, onde máis que man de obra barata, son escravos ao
servizo do consumidor. Unha situación que tamén existe preto de nós.
Angie,
magnificamente interpretada por Kierston Wareing, é o motor da historia. Ela é
unha traballadora despedida da empresa de traballo laboral, onde se ocupaba de
traer mercancía humana desde Polonia, que decide crear a súa propia axencia de
traballo temporal. Ela e a súa amiga Rose fan de intermediarias entre os
empresarios sen escrúpulos, só preocupados de que os obreiros traballen por un
salario de miseria e non protesten, e os inmigrantes dos países pobres que
vagan por Londres en busca dun traballo con que manter a súa familia. Entre
eles tamén hai diferenzas, os que non teñen papeis viven na máis absoluta miseria
e teñen que aceptar calquera salario para poder traballar.
As dúas
amigas tamén fan negocio co aluguer de apartamentos por horas aos inmigrantes,
o que está pasando tamén aquí: xente que só ten ‘unha casa’ durante 12 horas ao
día porque non pode pagar máis (na película Princesas, de Fernando León de
Aranoa, moi recomendable tamén, reflíctese esa realidade). Cando Angie decide
traballar con inmigrantes ilegais a súa amiga decide deixalo por medo ás
consecuencias xurídicas, pero tamén porque aínda é capaz de marcarse uns
límites de decencia. En realidade, Angie sabe que os beneficios compensan as
posibles sancións impostas aos explotadores de persoas sen papeis, aos
‘negreiros’ do presente.
Angie, unha
traballadora, non loita por cambiar o Sistema, senón que ela mesma se converte
nunha peza máis na procura dun final ‘infeliz’. Aquí non hai heroes, só hai
persoas que loitan por sobrevivir, unhas para poder comer e outras, como Angie
(ou nós), para poder consumir.
A película
non é redonda e en moitas ocasións pérdese (a relación co fillo e os pais está
pillada con pinzas) ou simplifica de máis realidades complexas. Porén, ao igual
que case que todas as películas de Loach, mantén un nivel cinematográfico máis
que aceptable e, sobre todo, ten a enorme dignidade das causas xustas.
Paul
Laverty, o guionista desta e doutras moitas películas de Ken Loach, nunha entrevista en El País opinaba o seguinte
sobre o cine e o mundo no que vivimos: “... non existe o cine político. Ou,
pola contra, todo o cine esconde unha mensaxe. As superproducións de Hollyvood
son políticas, con protagonistas brancos, ricos, aos que o resto do mundo debe
admirar e imitar”; “... en todo o mundo demos un salto atrás brutal nos
dereitos sindicais e humanos, mesmo neste mal chamado Primeiro Mundo”; (para
preparar o guión de En un mundo libre
estivo en fábricas e almacéns de Gran Bretaña) “Os supermercados son unha
marabilla de administración, comunicación, distribución... Produtos de todo o
mundo a disposición dos seus clientes. Pero como chegaron ata alí? Estiven nas
aforas dalgúns ás catro da mañá con inmigrantes agardando por un traballo...
Esa man de obra, moitos sen papeis, manteñen a economía somerxida. (...) Xente
que cobra 25 peniques (uns 30 céntimos) á hora”; “Onde están agora os logros da
loita sindical? Os convenios, os salarios mínimos. Volvemos á Idade Media. E a
economía incentiva ese sistema. Falei con labregos que pagaban unha merda a
inmigrantes do Leste para recoller fresas en Gran Bretaña e amosáronme como non
podían pagarlles máis sen ter perdas. Logo seguín as fresas ata os
supermercados, fixeime no brutal aumento dos prezos e… quen se quedou cos
beneficios?
domingo, 5 de maio de 2013
BALDAIO 1977, A LOITA POLO PATRIMONIO

A fermosa
praia de Baldaio, no concello de
Carballo, ten un gran valor ecolóxico. O conxunto de catro quilómetros formado
pola marisma, a lagoa e as dunas móbiles é un dos lugares de maior interese
natural da costa galega.
No ano 1947
as autoridades franquistas outorgaron a dúas persoas a concesión da explotación
do marisco. Esta concesión pasou seis anos despois á empresa Baldaio S.L., que
non se adicou á extracción do marisco. Esa era só a tapadeira para sacar area
para despois vendela. Miles de camións levaron a area para a construción na
cidade da Coruña mentres a administración miraba cara outro lado, ante a
indignación dos veciños.
O 8 de maio
de 1977 organizouse unha manifestación en Carballo, apoiada por Comisións Labregas e a Asemblea Nacional-Popular
Galega, para denunciar o espolio que privaba á poboación do seu medio de vida e
da propia praia como espazo de lecer. Unhas 5.000 persoas se concentraron na
capital de Bergantiños, centos delas chegadas de toda Galicia. "Caciques
fóra" líase nunha pancarta. Era día de feira na capital de Bergantiños,
ateigada de xente. Ao final da manifestación a Guardia Civil cargou brutalmente,
provocando o pánico entre a poboación. Aínda foi peor pola tarde cando os
manifestantes baixaron á praia e se librou unha batalla campal que rematou cun
manifestante cunha parálise permanente como consecuencia dun golpe que lle
deron as 'forzas de orde'. As protestas continuaron e chegaron á súa máxima
expresión en 1978. A marisma volveu abrirse ao marisqueo e a extracción de
áridos quedou paralizada.
Hoxe Baldaio
está protexida, formando parte da Rede Natura 2000, pero os veciños aínda
lembran a loita: "Todo aquilo foi culpa do caciquismo. Agora as cousas
cambiaron, pero non dá gusto mirar atrás. Ata fai dano. (...) Daquela o
concello axudaba aos ricos. Faime graza ver agora a algúns que piden o voto
polas portas e que nese ano nos fixeron tantísimo dano".
O documental
Area nos ollos. A loita por
Baldaio 30 anos despois recorda os acontecementos do 8 de maio de 1977 na
voz dalgúns dos protagonistas dunha das mobilizacións pola dignidade da que foron
protagonistas os galegos ese ano, xunto a da Encrobas, contra a ocupación de
terras para a construción da central térmica de Meirama e a de Xove, contra a instalación
dunha central nuclear.
mércores, 1 de maio de 2013
División sindical: que dimitan todos!!

Hoxe, 1º de maio, un grupo de persoas percorremos tres manifestacións. Si, tres manifestacións. Unha maneira de descargar a nosa rabia pola incapacidade dos dirixentes sindicais para poñerse de acordo. Esta situación repítese desde hai tempo, para desesperación daqueles que pensamos que son moitas as causas polas que loitar e nas que todos estamos de acordo, sexa cal sexa a militancia ou a simpatía concreta de cada un. Falei con moita xente, de distintas tendencias, e todos concordamos na absoluta estupidez de facer tres convocatorias. Parecía que andabamos xogando ás escondidas polo pequeno rueiro de Compostela.
E mentres, aí están os datos do paro, os inhumanos recortes e o estarrecedor futuro que nos anuncian. Tan difícil é para a casta dirixente da esquerda poñerse de acordo na defensa do estado do benestar? na defensa da sanidade pública, do ensino público, das pensións e do traballo? é que pensan que estamos no tempo de resaltar as diferenzas, mentres nos esmaga a apisoadora?
Se non son quen de encabezar a unidade de acción que reclamamos os cidadáns que se vaian para a casa, ou teremos que ser capaces de artellar unha alternativa aos burócratas inconscientes. Porque de seguir así, creo que todos temos claro o que ocorrerá, adeus ao estado do benestar. Os valores da esquerda iranse ao carallo e, por suposto, viviremos, vivirán, peor.
A única esperanza, hoxe coma onte, segue a ser: Proletarios do mundo, unídevos!!!
sábado, 27 de abril de 2013
O Xurelo e os residuos radioactivos na foxa atlántica

Greenpeace tiña denunciado a existencia das verteduras radioactivas. Os
residuos das centrais nuclares de países como Bélxica, Holanda ou Alemaña
trasladábanse en grandes mercantes á denominada fosa atlántica, onde eran
lanzados ó mar no interior duns bidóns de 200 litros sen o coñecemento da
cidadanía. A alerta da organización ecoloxista foi recollida polo partido
nacionalista Esquerda Galega, que promoveu protestas en toda Galicia, ante a
indeferenza da maioría da poboación, mesmo das confrarías de pescadores. Cando
solicitaron un barco, só obtiveron resposta do patrón Ángel Vila, que xunto a
tres mariñeiros de confianza, puxo a disposición da causa o seu barco, O
Xurelo, símbolo da loita. "Vila é un tipo marabilloso, como o capitán que
viaxa ó corazón da escuridade de Conrad", destaca o escritor e xornalista
Manolo Rivas, que participou na primeira expedición.
Foi unha viaxe chea de dificultades, que aumentaron coa avaría do
barco de Greenpeace, o Sirius, que non puido acompañalos. A inestabilidade da
pequena nave naquel océano inmenso e as dificultades para chegar a unha zona da
que apenas se tiñan coordenadas imprecisas acompañou ós tripulantes durante
tres días. O 17 de setembro atoparon aos mercantes botando bidóns ao mar. Foron
acosados por unha fragata militar holandesa, que case os afunde, pero
conseguiron regresar á terra coas imaxes de como se tiraban os residuos, causando un gran impacto na opinión pública. No porto de Ribeira foron recibidos por unha
multitude.
Foi o espertar dunha conciencia ecoloxista, seguida por outra
expedición e da valente e arriscada actuación de Greenpeace, que conseguiu que
ano e medio despois se prohibisen as verteduras nucleares no mar. Pero aí
seguen 140.000 Tm de residuos nucleares a 4.000 metros de profundidade sen que
se coñeza o seu estado.
venres, 26 de abril de 2013
sábado, 6 de abril de 2013
CORALIA E MARUXA, VÍTIMAS DO FRANQUISMO

‘As marías’ son Coralia e Maruxa Fandiño.
Tamén foron coñecidas por ‘as dúas en punto’, xa que esta era a hora na que
iniciaban o seu paseo diario pola cidade, sempre polas mesmas rúas. As súas
roupas e o a maquillaxe, extravagante para os convencionalismos sociais,
facíanas destacar no cincento ambiente franquista. A súa historia é unha
historia de violencia, de medo.
Tres dos
seus 11 irmáns eran, antes da Guerra Civil, membros do sindicato anarquista, a CNT. Ao producirse o golpe
un dos irmás foi asasinado polos falangistas, mentres outros dous
conseguiron fuxir. Como ocorreu en moitas outras ocasións, a familia
converteuse tamén en vítima do terror fascista pois sufriu a violencia das
hordas da Falange para intentar coñecer o paradoiro dos fuxidos. As dúas
irmás eran obrigadas a levantarse de noite, espidas na rúa... e non se sabe que
cantas máis humillacións tiveron que aturar, ata que os seus irmáns foron
arrestados. En plena mocidade, a súa vida quedou marcada para sempre e, como é
obvio, seguro que lles afectou psicoloxicamente.
A represión
tamén afectou a súa economía. Pasaron verdadeiras penalidades xa que se viron
obrigadas a deixar de traballar de costureiras cando perderon aos clientes, por
ser dunha familia anarquista. Os veciños axudáronas a sobrevivir e incluso a
principios do 60 organizaron unha colecta, chegando a xuntar 250.000 pesetas
daquela, para axudarlles a amañar o tellado da casa, abatido por un temporal.
Coralia e Maruxa
sempre chamaron a atención pola súa resistencia a pregarse aos costumes da
masa. Adoitaban botarlle flores aos homes e enredaban cos estudantes, sobre
todo, a maior en idade, pero máis pequena de estatura, Maruxa. Eran dúas
persoas diferentes dentro dunha sociedade estreita e triste, condenada a uns
hábitos hipócritas “por la gracia de Dios”.
Na foto vese
a Coralia e Maruxa rodeadas por un grupo de mozos na Porta Faxeira. Son as dúas
en punto e elas convértense na atracción de estudantes e mariñeiros de permiso,
que desafogan as súas reprimidas palpitacións acosando a dúas ‘tolas’. Todo
está permitido, a burla, o asoballamento... Elas foxen, quizais lembrando o que
lle fixeron pasar os fascistas nos anos corenta. Nada é capaz de vencer ao
medo, nin os pos de arroz das maquillaxes, nin as roupas cheas de color. Non hai
disfrace que alivie tanta angustia acumulada. Pero hai que seguir adiante, a
Alameda espéraas.
Por
desgraza, ‘as marías’ seguen contemplando como moitos homes continúan a
maltratar ás mulleres, acosándoas como se non foran nada, só un obxecto para
entretemento dos machos. Se algunha homenaxe lle podemos facer a Coralia e
Maruxa, e a todas as mulleres vítimas do machismo e do fascismo, debe de ser a
belixerancia rigorosa contra calquera abuso, contra calquera humillación que
unhas persoas lle poidan infrinxir a outras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)