sábado, 17 de xullo de 2010
Destrucción a toda costa
mércores, 16 de xuño de 2010
O berro

xoves, 10 de xuño de 2010
domingo, 6 de xuño de 2010
xoves, 3 de xuño de 2010
martes, 1 de xuño de 2010
Israel: a violencia impune
Fotos que falan
domingo, 30 de maio de 2010
martes, 25 de maio de 2010
venres, 21 de maio de 2010
A casa, de onte a hoxe
xoves, 6 de maio de 2010
MIRADOIRO: "vítimas da crise do capitalismo"

sábado, 1 de maio de 2010
1º DE MAIO, CHICAGO 1886
![]() En 1889, centenario da Revolución francesa, creouse en París a II Internacional, formada exclusivamente por sindicatos e partidos socialistas. Entre outras decisións, acordaron a celebración do Primeiro de Maio como día internacional da clase obreira. A principal reivindicación dos primeiros anos foi a xornada máxima de 8 horas de traballo, cando eran frecuentes as xornadas de doce e ata dezaseis horas e sen descanso semanal. En España a Lei do descanso dominical non se aprobou ata 1904. A data lembra o ocorrido en Chicago o 1º de maio de 1886. Dous anos antes o Congreso da federación de sindicatos de EE UU decidiu que todos os sindicatos fixeran o 1º de maio de 1886 unha folga xeral pola xornada de oito horas. Ese día producíronse unhas 5.000 folgas en EE UU, cunha participación duns 340.000 folguistas. A mobilización foi un éxito, e moitos empresarios víronse obrigados a conceder as oito horas. Sen embargo, a represión foi tamén moi forte, provocando numerosos feridos e mortos. Os feitos máis graves ocorreron en Chicago, na praza de Haymarket, onde morreron e resultaron feridos varios policías e moitos manifestantes. Unha sentenza xudicial posterior levou á forca a cinco líderes obreiros, nun vergonzoso proceso, polo que foron condenados, sen probas, de ter atentado contra a policía. O 1º de maio de 1886 tivo un carácter anarquista e limitouse a EE UU. O que hoxe aínda se celebra ten unha orixe socialista, que viron na data un medio máis de redención da clase obreira da opresión capitalista, sen revolucións violentas, proclamando a solidariedade entre os traballadores de todo o mundo. Así o dicía o periódico socialista La Justicia Social, de Reus, en 1914: "o 1º de maio significa combater incesante e implacablemente aos nosos opresores, significa loitar en todos os terreos contra a burguesía e todos os seus partidarios, significa destruír a actual división dos homes en dúas clases antagónicas e convertelas nunha soa de traballadores, iguais e libres...". Lembrar hoxe, as orixes do 1º de maio e da loita obreira en xeral permítenos ser conscientes do moito que custou conseguir e manter medidas sociais que poden parecernos naturais, pero que millóns de persoas aquí, e en todo o mundo, aínda non poden gozar. Se cremos que todas as persoas deben ser libres e iguais, a loita debe continuar. |
luns, 26 de abril de 2010
O 11-S

O 11 de setembro de 2001 leváronse a cabo unha serie de atentados suicidas que implicaron o secuestro de catro avións por 19 membros da rede Al-Jihad Qaida.
Os dous primeiros avións foron os da American Airlines Flight 11 e 175 da United Airlines, que foron levados ata as ‘torres xemelgas’ do World Trade Center, un avión en cada torre, facendo que se derrubaran en dúas horas. O terceiro avión secuestrado foi o American Airlines Flight 77, que supostamente caeu na esquina do Pentágono, en Virxinia. O cuarto avión, que era da United Airlines Flight 93, que non puido chegar ao obxectivo, xa que os pasaxeiros e tripulantes tentaron retomar o control e debido a iso caeu nun campo aberto en Shanksville, Pensilvania.
Morreron 2.973 persoas, incluíndo 246 mortos nos catro avións (ningún dos pasaxeiros dos avións secuestrados sobreviviu), 2.602 mortos en Nova York dentro das ‘torres xemelgas’ e na base das mesmas e 125 mortos dentro do edificio do Pentágono. Ata o momento, 24 persoas permanecen na lista de desaparecidos.
Este atentado caracterizouse polo uso de avións como armas, creando unha situación de maior medo en todo o mundo occidental. A raíz dos ataques, o goberno de EE UU, presidido por Bush, declarou a guerra contra o terrorismo, cos obxectivos de levar a Osama bin Laden e Al Qaeda ante a Xustiza e previr a acción das redes terroristas. As invasións de Afganistán e Iraq teñen, supostamente, ese fin. Outra consecuencia dos atentados foi o racismo e o acoso de persoas de orixe árabe.
