domingo, 10 de abril de 2011

A educación non pode ser neutral


“Cando fun profesor non puiden ocultarlle aos meus alumnos as experiencias que tiña vivido. A miúdo pregúntome como se amañan moitos profesores para pasar un ano cun grupo de estudantes sen revelarlles nunca quen son, que vida levan, por que pensan como pensan ou que esperan conseguir, sen dicirlles ata onde aspiran a que cheguen os seus alumnos e o mundo en xeral.
Esa mesma ocultación revela algo terrible: que é posible separar a propia vida e as conviccións máis profundas que un ten sobre o o ben e o mal do estudo da literatura, da historia, da filosofía, da política e da arte.
Nunca nas miñas clases ocultei as miñas ideas políticas, o odio me inspira a guerra e o militarismo, a indignación que me produce a desigualdade por cuestións de raza, miña fe no socialismo democrático, na distribución racional e xusta das riquezas do mundo. Sempre declarei que aborrezo a arrogancia baixo todas as súas formas, tanto sen son nacións fortes como débiles quen a adopta e tiran proveito dela, tanto se se trata de gobernos que explotan aos seus cidadáns como de empresarios que explotan aos traballadores, xa secan de dereitas ou de esquerdas, porque se arrogan o monopolio da verdade.
Esta combinación de activismo e ensinanza, esta insistencia no feito de que a educación non pode ser neutral nos momentos máis comprometidos do noso tempo, este movemento pendular entre a clase e as loitas na rúa daqueles profesores que agardan dos seus alumnos o mesmo, é algo que asustou sempre aos gardiáns da educación tradicional. Prefiren ca educación se limite a preparar á nova xeración para que ocupe o lugar que lle corresponde na antiga orde, non que o poña en cuestión.
Sempre comecei o curso deixando claro ante os meus alumnos que lles daría a coñecer o meu punto de vista, pero que isto non sería óbice para que procurara ser ecuánime co punto de vista dos demais. E sempre animei aos meus alumnos a que disentiran de min.
Non pretendín nunca unha obxectividade que non é posible nin desexable. “Ninguén é neutral nun tren en marcha”, dicíalles. Algúns quedaban desconcertados ante a metáfora, sobre todo se a tomaban ao pé da letra e intentaban analizar con detalle o seu sentido. Pero outros captaban ao momento o que quería dicirlles: que os feitos móvense con decisión en determinadas direccións decididas e que ser neutra significa aceptalo.
Nunca crin que expuña as miñas opinións nun taboleiro en branco, que llelas impuña a mentes inocentes. Antes de chegar a aula, o meus alumnos xa pasaran por longos períodos de adoutrinamento político: na familia, na escola, a través dos medios de comunicación. Nun mercado dominado desde hai tanto tempo pola ortodoxia, o único que eu quería era empuxar a miña propia carretilla, ofrecer as miñas mercadorías como as ofrecen outros, deixar que os alumnos elixiran libremente.
Os milleiros de alumnos que pasaron polas miñas clases permítenme ter esperanzas no futuro. Durante os anos setenta e oitenta semellaba que todo o mundo se puxera de acordo en lamentarse da ‘ignorancia’ e da ‘pasividade’ das xeracións de estudantes do memento. Pero despois de escoitalos, lendo os seus diarios e traballos, así como os informes sobre as actividades da comunidade, todo o cal formaba parte do traballo que tiñan asignado, impresionoume ver a súa sensibilidade ante a inxustiza, a súa avidez de participar en boas causas, seu potencial para cambiar o mundo”.

Nadie es neutral en un tren en marcha, Howard Zinn, Hiru Argitaletxea, 2001 (pax. 17,18)

Ningún comentario: