Ao comezo do curso, como fago desde hai anos, pregunteille ao alumnado de 4º da ESO: para que serve a Historia? Estas son algunhas das respostas, as que máis me gustaron ou sorprenderon:
- Para coñecer o que pasou na idade dos nosos avós, como pasaron a vida. E para ter algo de cultura, para non ir de incultos pola vida.
- A Historia serve para aprender.
- Serve para ter máis cultura e saber máis sobre a vida humana.
- A Historia é o método que nos permite coñecer quen somos, de onde vimos e que cousas importantes fixemos ata este momento. A etapa que máis me gusta é o Renacemento, porque nos permitiu ter como idea principal ao ser humano.
- Serve para pouco no día a día. Está ben para a xente que lle gusta. Creo que a súa utilidade na actualidade consiste en non cometer os mesmos erros que antes.
- Para coñecer o pasado e saber de onde vimos.
- Para coñecer feitos e comportamentos pasados e a partir de aí forxar a nosa propia identidade. Se non coñecéramos a nosa historia, non teriamos unha identidade propia. A etapa que máis me gusta é a Idade Media, porque os cabaleiros ían a conquistar e chegaban vitoriosos xunto as súas mulleres. Iso era o máis bonito que podía agardar dun cabaleiro.
- Para saber o que pasou e situalo nun tempo.
- Para coñecer como era o mundo antes, como se vivía e o por que dalgúns acontecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario