Xa tiña subida a postal cando o Goberno da Junta pariu por fin á aberración do novo decreto. Non quero repetir aquí os argumentos que levamos empregando durante este ano contra esa mostra de miseria moral e de paletismo. O decreto é unha manifestación de covardía e de necidade. Necidade pola ignorancia que amosan os responsables da súa redacción, ignorancia sobre a lingua e ignorancia sobre a educación, á que van someter a unha tensión absolutamente innecesaria. Covardía porque os responsables, co listo de Feijóo á cabeza, se agochan detrás do inglés e das disparatadas votacións dos pais, para non dicir o que realmente pretenden: reducir a presenza do galego no ensino.
A pesar deste decreto, que non sorprendeu a ninguén, penso que 2010 vai ser un bo ano para o galego, porque os que amamos a lingua e a terra estamos aquí, de pé, desexosos de mobilizarnos contra a necidade e a covardía. Porque somos e nos sentimos galegos, cos mesmos dereitos que calquera outra persoa do mundo.
3 comentarios:
Ogallá que sexa un feliz ano para o galego e, de paso, para vostede!
Unha aperta!
Feliz ano: trafegaremos o que cumpra para que sexa de verdade un bo ano para a nosa lingua
Moi boas, mestre!!
había tempo que non te visitaba e xa vexo que te mudaches...
sexa onde sexa, hai que seguir, agora máis ca nunca...
pois nada, só saúdar, bo aninovo (como se adoita dicir) e ánimos, que veñen tempos duros!!
abonda así ou teño que traducilo aos outros dous terzos...?? jejej
un saúdo!!
Santi
Publicar un comentario