Enderezo descoñecido é unha breve novela epistolar publicada en 1938 nos Estados Unidos. A súa autora pretendeu con ela denunciar o que estaba pasando na Alemaña nazi cos xudeus, ante a indiferenza do resto do mundo. Tivo que asinar con pseudónimo xa que a historia se consideraba moi dura para ser obra dunha muller. As cartas entre dous amigos, un xudeu estadounidense e un alemán que regresa a seu país no ano 1932, transmítenos con sinxeleza e claridade como o nazismo se apropiou non só do poder, senón tamén das conciencias de moitos alemáns, que se sumaron á tolemia nazi cunha naturalidade espantosa. Permítenos comprender como a xente ‘normal’, coma nós, pode chegar a sumarse a un réxime de terror, esquecendo os principios éticos máis básicos. É un libro que utilizo case que tódolos cursos nas clases de 4º da ESO (acompañado do cuestionario que tedes debaixo), cuns resultados moi positivos. Coa lectura da novela (pero tamén do prólogo do fillo da autora, que non ten desperdicio) pretendo que o alumnado comprenda como triunfou o nazismo e, sobre todo, que sexan conscientes de que todos podemos caer na trampa do fascismo, que temos que estar sempre vixiantes para non perder a dignidade. |
martes, 17 de novembro de 2009
ENDEREZO DESCOÑECIDO, Kressman Taylor
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A historia que conta gustoume moito e sirveume para coñecer máis de cerca o nazismo. O que máis me sorprendeu foi como algo así podía cambiar a forma de pensar das persoas.
Pareceume moi interesante porque conta o que pasou de maneira distinta ao libro de texto.
O máis me sorprendeu foi como cambiaron de pensamento co nazismo moitos alemás.
Publicar un comentario