Video que forma parte dun programa da TVE 'El Peregrino' dos anos sesenta do século pasado
venres, 25 de xaneiro de 2013
mércores, 16 de xaneiro de 2013
Vigo, a arquitectura perdida
Espléndido e elocuente vídeo sobre as barbaridades urbanísticas que se cometeron en Vigo, como consecuencia da febre especulativa iniciada nos anos sesenta. Canto patrimonio se perdeu en beneficio duns poucos cobizosos! Traballos tan ben feitos coma este son inestimables para concienciarnos da necesidade de protexer os elementos arquitectónicos que nos fan máis grato, máis humano, vivir na cidade. Parabéns ao autor, mágoa que non contribúa tamén á conservación do patrimonio lingüístico.
domingo, 13 de xaneiro de 2013
xoves, 10 de xaneiro de 2013
domingo, 6 de xaneiro de 2013
Monterrei
Do antigo Caladiños
Entre os
lugares que teñen un espazo importante na miña memoria figura nos primeiros
lugares o castelo-fortaleza de Monterrei que preside maxestosamente o val do
mesmo nome. Subir ao castelo a dar un pasei foi, a aínda é, habitual para os
que alí nos criamos, sobre todo cando queremos ensinarlles ás visitas o mellor
da nosa terra da raia seca. Hai outras lembranzas do castelo, máis
íntimas e algo canallas, ao abeiro da noite, ás veces en boa compañía.
Alí
celebrouse hai anos o xogo de rol, Irmandiños, a revolta, que ten
acadado un gran éxito. Os irmandiños de hoxe gañáronlle aos malfeitores, como
ocorreu tamén na revolta histórica de 1467, aínda que
enseguida deixaron de novo paso aos señores. Grazas a labor de Taboada Chivite, e máis recentemente de
Xerardo Dasairas, podemos coñecer a
historia de Monterrei e imaxinar a vida das xentes que alí viviron.
Monterrei é
un dos conxuntos monumentais (paisaxístico, artístico e militar) máis
importantes de Galicia, sen embargo non ten a sona doutros de menor entidade.
Velo desde o val xa impresiona, pero o mellor é subir andando desde o barrio da
San Lázaro (en Verín) ou, polo menos, facer camiñando todo o Paseo das Donas
desde o cruceiro. É inadmisible que se permita subir cos coches ata a entrada
do Patio de Armas. Ao cruzar a primeira liña de murallas desviámonos á esquerda
e atravesamos a elegante e recia porta principal para achegarnos á fermosa
portada gótica do Hospital de Peregrinos, onde se representa o Tetramorfos.
Unha das
intervencións máis lamentable que se teñen feito en Monterrei constitúea o
asfaltado da rúa que ascende desde o Hospital. Neste país soterramos en asfalto
a terra e as pedras, tan mal lle queremos? Se continuamos cara o cume
percorremos as rúas coas casas en ruínas da aldea, antiga sede do Concello de
Monterrei, ao que pertence o castelo (e non a Verín como os da vila pretenden,
un chisco de localismo non fai mal!). Penso que habería que facilitarlles aos
propietarios desas casas a súa restauración respectuosa co entorno ou que Patrimonio
as merque para destinalas a actividades culturais ou lúdicas, porque a
alternativa é que se veñan todas abaixo. Para poñer en valor todo o recinto fai
falta crear un Padroado que vixíe o seu coidado e leve a cabo unha programación
de actividades que lle dea vida como espazo de lecer e cultura (aquí actuaron
os Heredeiros da Crus ou Amancio Prada).
Podemos
retroceder e subir polo estrada por onde mal acostuman a facelo os coches.
Bordeando a acrópole polo leste había antes un fermoso paseo baixo os tileiros,
pero unha enfermidade acabou con eles. Percibo dous cambios significativos na
paisaxe respecto da miña mocidade: por unha banda, a perda de árbores no monte
e, por outra, o aumento das edificacións ‘en calquera sitio’ do val deixando
cada vez menos espazo ao monte e ás terras de labor (a concentración
parcelaria, autovías e estradas tamén fixeron a súa contribución aos
desafortunados cambios na paisaxe). Seguindo a rota anterior torcemos á
esquerda nunha entretida camiñada entre portas e cercas.
A outra
alternativa supón rodear o núcleo do castelo polo sur, seguindo as liñas das
potentes murallas e garitas que miran ao sur, a Portugal. Desde este lado
podemos ver aos nosos pés o Parador Nacional que nos puxo D. Manuel (grazas!)
construído por riba do antigo Colexio de Xesuítas, un centro educativo de moita
relevancia. Antes, arredor de 1490, instalárase en Monterrei a primeira
imprenta de Galicia. Merece a pena deterse a mirar o castelo: o muro ameado, a
igrexa, a Torre das Donas e, sobre todo, as bonitas galerías do Pazo dos
Condes.
Entrando no
Patio de Armas recíbenos un pozo con lenda. A lenda di que hai un túnel
escavado desde o pozo ata a única fonte do entorno. Este era o gran problema da
fortaleza e para protexer a fonte se construíu un pequeno parapeto militar
durante as guerras con Portugal no s. XVII, a Atalaia. Unha vez visitado o
castelo, paga a pena dar un pequeno paseo ata a Atalaia e a fonte. Cando eramos
nenos tamén non dicían que arroxaban ao pozo aos condenados, daquela non
sorriamos.
A igrexa
románico-gótica de Santa María é pequena pero cun gran valor artístico: os
canzorros, a portada gótica ao norte rodeada por tumbas baixo arcos e no seu
interior o retablo de pedra con escenas da Paixón.
Por suposto,
hai que contemplar desde o patio, de vagar, as dúas galerías renacentistas. A
sucesión de columnas e piares, coroados pola Torre das Damas forma unha fachada
de gran elegancia e fermosura. No restaurado interior do pazo podemos visitar o
Museo.
Deixo para o
final a Torre da Homenaxe ou de D. Sancho, do século XV, de grosos e sobrios
muros. Non me canso de subir a ela, mirando polas ventás de cada andar, tocando
os sinais dos canteiros que labraron os perpiaños, ata chegar arriba e desde
alí dominar coa vista o val de Monterrei. A pesar dos estragos podemos pasar un
bo rato mirando cara norte, o monte de San Salvador e o descorrer do río Támega
desde a serra de San Mamede, ao leste vemos a vila de Verín (como case todas as
de Galicia, fea, chea de abusos urbanísticos) e ao fondo os montes de
Campobecerros, Ríos e Vilardevós, cara o sur seguimos o Támega cara a raia e
Chaves, a terra dos inimigos de onte, aos que tanto lles debe a fortaleza. Cara
o oeste, ao fondo, no alto, o mítico monte Larouco, e no val o río Búbal leva
as súas augas cara o Támega. A súa beira Vilaza, e dous quilómetros ao norte,
Albarellos de Monterrei e a rúa dos Caladiños.
domingo, 23 de decembro de 2012
Mauthausen, el deber de recordar
Magnífico e estarrecedor documental, emitido polo estrañado programa Línea 900 no ano 2000, no que algúns dos españois superviventes da barbarie nazi, recordan o que foi aquel campo de exterminio, onde faleceron uns 7.000 españois republicanos. En memoria das vítimas e unha lección para o futuro.
martes, 18 de decembro de 2012
La necesidad de la Historia del Presente
La reforma
educativa rezuma desconfianza hacia toda aproximación crítica al pasado
Fernando Hernández
Sánchez17 DIC 2012 – El País
El
pasado 4 de diciembre el Ministerio de Educación y Cultura presentó a las
comunidades autónomas la última versión del anteproyecto de la Ley Orgánica
para la Mejora de la Calidad de la Enseñanza (LOMCE), la cuarta reforma del
sistema educativo en la etapa democrática. Aparte de los muchos aspectos que ya
han originado un intenso debate social, merece la pena dedicar unas reflexiones
a las vicisitudes de la materia de Historia. En la primera redacción del texto,
dejaba de ser troncal en 4º de ESO quedando únicamente como optativa para los
futuros estudiantes del Bachillerato de Humanidades y Ciencias Sociales, de tal
forma que un alumno que eligiera en 4º la modalidad científica se podría
titular sin conocer absolutamente nada de la Historia Contemporánea universal y
solo contemplaría la del siglo XX español en 2º de Bachillerato, si llegaba. El
diseño inicial de la LOMCE habría culminado lo que inició la LOGSE cuando
redujo el horario de las Ciencias Sociales en la etapa obligatoria: que
promociones enteras de jóvenes terminasen su formación básica y se incorporasen
a la vida económica, laboral, social y política sin haber recibido formación
alguna sobre las raíces próximas de la sociedad en la que se insertan como
ciudadanos activos.
Que
la última versión del anteproyecto haya reintroducido la Historia como materia
común en 4º de ESO solo constituye un alivio parcial. La arquitectura del
sistema educativo obligatorio que se está configurando conduce a un trayecto de
salida ineludiblemente condicionado por la presencia de una prueba evaluadora
global para la obtención del título de graduado en secundaria. Ello significa
que la finalidad de la enseñanza de todas las materias integrantes del último
curso de ESO estará destinada, no al aprendizaje significativo de
conocimientos, sino al adiestramiento para la superación de la propia prueba.
La Historia Contemporánea, cuya complejidad precisa de una metodología basada en
el tratamiento de la pluralidad de fuentes, la interpretación multicausal y el
análisis crítico se limitará a la deglución compulsiva de los contenidos
factuales necesarios para sortear el obstáculo. Se repetirá así el modelo que
ha convertido a la Historia Contemporánea de España en un enojoso bagaje de
fechas, personajes y periodos del que desembarazarse de la mejor manera posible
en la ansiógena selectividad, en lugar de un espacio de reflexión sobre los
fundamentos de nuestra Historia reciente.
Es dudoso que, asimismo, se actualicen las obsoletas
periodizaciones que condenan a la Historia Contemporánea a ser un periodo de
raíces cada vez más remotas (1789) y cuyo tramo más próximo, la Historia del
Presente (desde 1939 a nuestros días) carece de entidad propia y sustancial en
el currículum. Si no hay modificación de la distribución de los contenidos, y
es poco probable que eso ocurra, continuará la absurda reiteración de los
mismos temas de Historia Contemporánea universal en dos cursos consecutivos, 4º
de ESO y 1º de Bachillerato, innecesaria si este último se destinara a la
profundización en los contenidos de la Historia del Presente. Claro que ello
supondría apostar por una concepción de la enseñanza de la Historia
Contemporánea incompatible con un proyecto de ingeniería social que persigue la
conformación de una ciudadanía acrítica e intelectualmente inerme frente al
implacable avance de la revolución neoconservadora. En este contexto, los
principios ilustrados de igualdad de oportunidades y fomento del espíritu
crítico son barridos por los mantras del liberalismo económico, los mismos que
esmaltan el preámbulo de la LOMCE: la competitividad, la “empleabilidad”
y el fomento del “espíritu emprendedor”. Como es evidente, ni la investigación
sobre la represión franquista genera patentes ni la historia política del siglo
XX cotiza en el Ibex 35.
La
Historia tiene una presencia curricular añeja en los sistemas educativos de los
Estados contemporáneos, pero eso no la convierte en invulnerable, ni en cuanto
a su peso ni en cuanto a sus contenidos. En países donde gobiernan o lo han
hecho recientemente partidos de la familia ideológica del PP, la enseñanza de
la Historia ha sido objeto de diversos intentos de limitación, ya sea en
presencia o en horario. Sarkozy pretendió eliminarla en el nivel terminal de la
rama técnica del bachillerato francés. En España, durante el Gobierno de Aznar
y con el impagable apoyo de la Real Academia de la Historia y su dictamen sobre
el denominado Plan de Humanidades, la entonces titular del MEC, Pilar del
Castillo, sentenció que el papel escolar de la Historia debía ser el retorno a
la transmisión del qué, dónde, cuándo y cómo, pero no a la explicación del
porqué, siempre controvertible. Algún conspicuo seguidor de Milton Friedman
metido a opinar de pedagogía llegó a la pintoresca conclusión de que la falta
de vocaciones empresariales tenía que ver con la peyorativa imagen que del
patrón capitalista decimonónico reflejaba la historia de la Revolución
Industrial que se enseña en las escuelas.
Que
sea necesario vindicar la presencia de la Historia Contemporánea en las aulas
es un síntoma preocupante de la supuesta mejora de la calidad de la educación
que se postula. Es un extraño maridaje aquel que aúna el desdén por los saberes
no fungibles crematísticamente con la desconfianza hacia toda aproximación
crítica a un pasado que se pretende clausurado e intocable. Ambas cosas no
logran encubrir, en el mejor de los casos, la pretensión de imponer, por
inercia, un determinado relato histórico justificador del presente. En el peor
escenario, nos sitúan ante el déficit democrático originario de un cierto
sector de la derecha española, que quizás tema al juicio de la Historia
reciente porque no protagonizó en ella un papel precisamente lucido.
Fernando
Hernández Sánchez es profesor asociado de la Universidad Autónoma de Madrid y miembro
de la Asociación de Historiadores del Presente
sábado, 15 de decembro de 2012
VALS con BASHIR, de Ari Folman e David Polonsky
Vals con Bashir é ao tempo unha
película de animación e un cómic (novela gráfica dise agora) realizado coas
propias imaxes do filme. Eu fixen ao revés, lin primeiro a banda deseñada e,
semanas despois vin a película en DVD.
Trata da
memoria, de como agochamos no subconsciente os feitos do pasado que nos fan
difícil vivir o presente. E trata da guerra, cando os seres humanos amosamos o
peor do nós mesmos. O protagonista (o mesmo director, Ari Folman) reconstrúe a
súa actuación como soldado do exército israelí durante a invasión do Líbano en
1982 e a matanza nos campos de
refuxiados palestinos de Sabra e Chatila, apoiándose nas testemuñas
doutros compañeiros de armas.
Non hai
respiro, nada sobra pero tampouco falta. Isto é a guerra, medo, moito medo, sen
heroes, só xente derrotada pola indignidade da violencia. Vinte anos despois,
comproban que é imposible fuxir do pasado, que os atormenta.
O cómic,
editado por Salamandra, é magnífico, pero a
película é excepcional. A animación case mecánica, os colores e, sobre todo, a
música e o son, que teñen un papel dramático de primeira orde fannos
estremecer. É unha obra (ou dúas) auténtica, verdadeira, redonda e á vez chea
de matices, directa ao estómago e á cabeza. A guerra convértenos a todos en
vítimas, pero para facer a guerra fan falta soldados, uns séntense heroes e
outros, como Ari Folman, miran cara atrás con perplexidade e tristura: onde
estaba eu durante a matanza?
venres, 30 de novembro de 2012
Os Shministim
Cando recrúa a guerra permanente entre
israelís e palestinos cun novo, pero igual de salvaxe, ataque do exército de
Israel sobre a poboación de Gaza, debemos recordar aos valentes que se rebelan
contra a violencia estrutural. Non todos os israelís son sionistas, nin todos
os palestinos son yihadistas. Pero tampouco se pode medir coa mesma vara ao
agresor (Israel) que ás vítimas (palestinos). Un mínimo de ecuanimidade na
análise do conflito non pode máis que concluír, con todos os matices ou escusas
que se queiran, que o principal responsable da situación é o Estado de Israel.
A pesar da imaxe monolítica que se transmite
dos israelís na política de man dura fronte aos palestinos, existe unha
minoría de valorosos que se opoñen ao uso das armas. Deles case que nunca se
fala nos medios, porque non lle interesa nin ao goberno israelí nin aos seus
aliados occidentais. Pero coñecelos e difundir as súas ideas e actuacións é
unha das maneiras máis eficaces das que dispoñemos para contribuír ao cese da armas,
e ao diálogo como solución.
Os Shministim (estudantes de bacharelato en
hebreo) son mozos e mozas que foron encarcerados por negarse a facer o servizo
militar obrigatorio no exército que ocupa os Territorios Palestinos. Como di
Tamar Katz, de 19 anos: "Non estou disposta a converterme nunha das
persoas que agarran unha arma apuntando indiscriminadamente a civís de
Palestina". Yuval Ophir-Auron pensa que "existe outra maneira, que
non é o camiño da guerra. Esta é o camiño do diálogo, do entendemento, da
concesión, do perdón, da paz". Pola súa banda Raz Bar-David Varon di que
"non nacín para servir coma un soldado que ocupa a outro pobo, e a loita
contra a ocupación é miña tamén. É unha loita para a esperanza, para unha
realidade que ás veces se sente tan lonxe. Teño unha responsabilidade nesta
sociedade. A miña responsabilidade é a de rexeitar a entrada no exército".
Non queren ser cómplices dunha forza de
ocupación que condena á poboación árabe a vivir en constante estado de sitio,
empobrecidos, sen dereitos, aterrorizados. Os shministim son un exemplo para
todos, eles e elas amósannos o camiño da dignidade, a única vía para vivir como
seres humanos. Incluso nas situacións máis extremas, hai opción, só temos que
abrir os ollos: “Unha vez abres os ollos, a decisión é tan lóxica que non importa
o prezo a pagar” (Omer Goldman, de 19 anos, shministim, filla dun destacado
membro do servizo secreto israelí, o Mossad)
Esta web (en inglés) recolle firmas para que
o goberno israelí libere aos shministim: http://december18th.org/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




