mércores, 4 de xaneiro de 2012

Los reyes magos del soldado

Cando ando por Ourense teño por costume botarlle unha ollada a nosa 'folla parroquial', La Región. Unha ollada que non pode ser máis que iso dado o calado do seu contido, agás cando se produce un deses sucesos sanguentos que de cando en vez nos recordan que nas aldeas aínda vive (mal) xente. Pero hai unha páxina que si miro con interese, a Hemeroteca. Nela, na sección de Historia en 4 tiempos, de Maribel Outeiriño, teño atopado pequenas alfaias que ilustran o noso pasado con máis elocuencia que calquera manual de Historia. Por exemplo, esta que resumo abaixo, moi acaída para tempo de Reis.

Rancho de soldados nacionales
"La Confederación de Mujeres Católicas, organizadora del aguinaldo de Reyes para los soldados ha recibido los siguintes donativos: los niños (segue unha listaxe de nomes), todos ellos en dinero. Y han enviado donativos en especies los siguientes señores: señor párroco de Piñor, con una garrafa de aguardiente; Conchita y Chiquilín Pacheco Salazar, dos botellas de coñac; Chiquita Calvo Valcárce, dos medias botellas de vino selecto 'Valtry' y dos cajetillas de cigarros; 160 niños de la cataquesis de Cea envína ocho cajas de higos pasos; Carmen González Gutiérrez, una botella de licor café; Marifé y Sebastián Burdeos, una botella de jerez y seis cajetillas de cigarros; viuda de Sas, dos botellas de aguardiente; Ayuntamiento de La Veiga, 22 botellas de aguardiente, 24 kilos de chorizos, 20 de carne de cerdo y 80 de patatas; Manuel Pol Piñeiro, seis botellas de vino de La Rioja; una patriota de Mariñamansa, un jamón y un lacón; Aurora Saco y Arce, dos botellas de manzanilla; Eloy y José Daniel Parada, 20 cajetillas de cigarros; Luis Gil Mejuto, 150 paquetes de tabaco; María Ramón y Juan Testa, un paquete de cigarros, cuatro cajas de jabón, una docena de pañuelos y un par de guantes; Elvira Pavón de Burdeos, una botella de Anís del Mono y doce cajetillas de cigarros".
(1937)

martes, 6 de decembro de 2011

Restauración e Ditadura de Primo de Rivera

RESTAURACIÓN e ditadura

domingo, 4 de decembro de 2011

Sócrates: non hai que xogar para gañar, senón para que non te esquezan

Acabo de coñecer a morte de Sócrates, un grande. Como fanático do fútbol (do bo, non do de Mouriño) que son, conservo un recordo indeleble do equipo de Brasil que xogou o mundial de España en 1982. Velos era un pracer para os sentidos, pura técnica, pura maxia e pura alegría. Divertíanse xogando e iso transmitíase. E entre eles, o gran capitán, un tipo alto, delgado, elegantísimo con e sen balón. Tiña un pé moi pequeno para a súa altura, pero era quen de meter penaltis co tacón. Sempre coa cabeza alta, orgulloso pero non soberbio, patinaba sobre o campo regalando toques marabillosos cheos de intención.

Recordo ao xenio do campo, pero tamén lembro ao futbolista marxista, comprometido. Incrible! un futbolista que pensa e ademais opina con sentido! Lonxe, moi lonxe do Marca. Perfecto para os progres futboleiros. Cando nos atacaban por apoiar o 'opio do pobo', el era a nosa principal defensa (moi lonxe de raúles e cristianos). Obrigado Sócrates por ser tão bom com o pé e com a cabeça.



xoves, 1 de decembro de 2011

1977, de Peque Varela

UNHA ALFAIA
Unha pequena cidade, un nó que medra e unha nena en busca da súa identidade.

xoves, 17 de novembro de 2011

Llach: La Revolta Permanent (2008)


O 3 de marzo de 1976, en Vitoria, unha brutal carga policial provocou a morte de cinco traballadores e 47 feridos graves, 26 deles por disparos. A policía tomou ao asalto a parroquia de San Francisco, onde os traballadores celebraban unha asemblea despois de mes e medio de paro reivindicando melloras laborais e a amnistía para os presos antifranquistas. O Ministro de Gobernación do primeiro goberno da Monarquía, responsable da policía, era Manuel Fraga Iribarne, ex ministro franquista e, despois, fundador de Alianza Popular (nos anos oitenta o PP) e presidente da Xunta de Galicia. No contexto destes sucesos Fraga pronunciou a célebre e aterrecedora frase 'la calle es mía'. Mandou deter a numerosos dirixentes obreiros pero ninguén foi declarado culpable da masacre.
Esa mesma noite, o cantautor catalán, Lluis LLach, indignado co ocorrido, compuxo a que sería unha das cancións emblemáticas da Transición: 'Campanades a morts'. O emotivo e fermoso documental de Lluis Danés, conta, como trinta anos despois, Llach regresa a Vitoria para interpretar esa canción en homenaxe ás vítimas e as súas familias, ao tempo que as testemuñas dos sucesos nos contan como os viviron, acompañados de imaxes dos acontecementos e de gravacións da policía onde quedan clara a súa intención de dar un escarmento para evitar o espallamento do conflito.
O filme, imprescindible, é a historia dunha canción e o retrato dun artista marabilloso e comprometido (tivo que exiliarse en París), pero tamén unha crónica duns feitos lamentables que reflicten a verdadeira cara da tan gabada Transición española á democracia. Unha cara afastada do consenso pacífico, caracterizada pola violencia execida moitas veces desde o poder e pola impunidade dos responsables, franquistas non reconvertidos que lonxe de arrepentirse aínda pretenden dar leccións de democracia. Cando vin o documental, escoitar e mirar as caras de Martín Villa (entón Ministro de Relaciones Sindicales, entrevistado no filme) e de Fraga, provocoume noxo e vergonza. E sobre todo, vergonza da nosa sociedade que non é quen de condenar a súa actuación, que os considera persoeiros respectables, que os elixe para cargo públicos e, mesmo, nomea rúas na súa honra. Cando deixaremos de loar aos verdugos e esquecer ás vítimas?
Assassins de raons, de vides, / que mai no tingueu repòs en cap dels vostres dies / i que en la mort us persegueixin les nostres memòries. ("Asasinos de razóns, de vidas,/ que non atopedes xamais repouso en ningún dos vosos días /, e que na morte vos persigan as nosas memorias".) Lluis Llach, 3 de marzo de 1976: “Campanades a morts”

mércores, 9 de novembro de 2011

O nazismo non morre

E aquí están, manifestándose e facendo o saúdo nazi sen vergoña. Ao contrario, orgullosos e iluminados. En Alemaña? Non, en Rusia (manda carallo despois de Stalingrado)  Algúns tapan a cara, por que será? A min quen me dá realmente medo é esa moza rubia, a cara descuberta, convencida ser mellor.


sábado, 5 de novembro de 2011

El viaje de Said, de Coke Rioboo

Acabo de ver esta curta no programa 'Somos cortos' da 2, e encantoume pola ironía (cruel) e orixinalidade coa que trata o tema da inmigración. Música e humor para reflectir unha realidade patética na que nós tamén temos un papel. Foi Goya á Mellor Curtametraxe de Animación no 2007. Meréceo.

Proposta de traballo na aula.

mércores, 2 de novembro de 2011

Revolucións liberais

Revolucións liberais