O 27 de setembro de 1975 o réxime franquista, brutal ata o final, asasinou a cinco militantes antifranquistas do FRAP e ETA, despois dunha farsa de xuízos. Todos eles tiñan entre 20 e 25 anos e o seu único delito foi mobilizarse contra o réxime fascista, que quixo amosar o seu verdadeiro carácter ata o final. Entre eles estaban os vigueses José Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo. As súas familias seguen reivindicando xustiza.
"Papá, mamá: Me ejecutarán mañana. Quiero daros ánimos. Pensad que yo muero, pero que la vida sigue. Recuerdo que en tu última visita, papá, me habías dicho que fuese valiente, como un buen gallego. Lo he sido, te lo aseguro. Cuando me fusilen mañana pediré que no me tapen los ojos, para ver la muerte de frente."
Fragmento da carta de despedida de Baena a súa familia
1 comentario:
A lentitude na resposta ás reivindicacións de xustiza é un exemplo das eivas da sociedade na que vivimos. Un saúdo Heladio, e grazas pola achega.
Publicar un comentario