Continuando co traballo feito pola alumnado de 3º da ESO durante o curso pasado, na primeira avaliación seguimos percorrendo as distintas aldeas de Cuntis, intentando completar o mapa dos lugares do Concello a través dos propios ollos dos que ocupan eses espazos, os alumnos e alumnas. Aquí podedes consultar a proposta e as presentacións realizadas o pasado curso, que se presentaron ao concurso Xentes, Espazos e Lugares convocado polo Xornal e o Proxecto Terra.
3 comentarios:
¡que interesante esta actividade!
creo me vou anotar a idea para o ano.. Noraboa.
Julián
Grazas Julián, a verdade é que sempre é moi gratificante traballar co seu entorno (familia, aldea, etc.). En 4º fan as Historias de Vida dos seus avós (un resumo do ano pasado pódelo atopar neste blog: http://caladinhos.blogspot.com/2009/11/historias-de-vida-as-nosas-avoas.html) e funcióname moi ben. Saúdos
Vexo que traballamos en cousas de xeito moi parecido. Eu tamén traballo moito coa contorna e as testemuñas dos maiores. Este ano estamos nun proxecto de recoller fotograías e recoller grabada unha testemuña sobre esa foto. esta a resultar mi interesante. Agora teño que encontrar a maneira de darlle forma e encontrar como aloxalo para qaue estea a disposición de que queira consultalo.
Seguimos en contacto.
Julian
Publicar un comentario