martes, 26 de xaneiro de 2010

Muerte en el Valle


Muerte en el Valle (2005) é un documental que conta, paso a paso, como Christina María Hardt, residente en Nova Iork, investiga a morte do seu avó nunha aldea do Bierzo, El Valle, durante a posguerra española, en 1948. Ten que vencer o medo e o esquecemento da súa familia e dos veciños da aldea para conseguir reconstruír os acontecementos que levaron ao asasinato, mediante a aplicación da noxenta lei de fugas, do seu avó e un compañeiro. Na casa do seu avó acollíase a guerrilleiros antifranquistas e alguén os delatou. Quen foi? Por que? quen cometeu o crime? Na aldea moi poucos están dispostos a falar, prefiren esquecer. A bisavoa (que fala galego) sabe o que ocorreu, pero lévase o seu secreto á tumba.

Non é un filme de gran calidade, pero transmite autenticidade e paixón. Permítenos sentir a curiosidade, as dúbidas, a rabia de Christina, nun exercicio de empatía que non nos impide amosarnos en desacordo coa súa actitude. Pero, sobre todo, Muerte en el Valle é un documental máis que necesario aínda hoxe. Tanto anos despois da morte de Franco a xente segue tendo medo a falar, e isto non é de recibo nun réxime democrático. As vítimas da ditadura franquista, moitas delas enterradas en fosa comúns, tiradas, e os seus familiares, necesitan recoñecemento e xustiza.

5 comentarios:

Vanesa Aboy dixo...

o documental era moi interesante pero deixate moito coa intriga xa que non ten un desenlace!! so descubriu os asasinos e pouco mais e eso e o que te de malo este documental!

Marcos Torres dixo...

gustoume o documental, a forza de bontade que ten a súa neta para intentar descubrir o que pasou realmente co seu avó, pero non soubo quen o delatara, por eso quedei coa intriga, por non saber que o acusara.
Do resto encantoume.

Tania Caeiro dixo...

Pois a min case que o documental foi un pouco rollo, pero ela tivo interes en saber o que lle pasara o seu avó, e dependendo do que pensaban os demais sobre o que estaba facendo ela sempre foi máis ala para obter información. Eu opino como Vanesa a verdade e que só atopou quen o matara pero non soubo quen os delataran!

Paula Fandiño dixo...

O documental estivo ben. Por unha parte estivo ben que a moza se interesase por saber as causas da morte de seu avó; pero por outra banda, non me pareceu normal que fora sempre coa súa cámara gravando, xa que había persoas, coma o seu tío, ás que non lle gustaba o que estaba facendo, e, aínda que está ben que intente investigar cousas do seu avó, creo que non era preciso molestar á súa familia nin crear malentendidos entre eles.

Anónimo dixo...

A min gustoume o documental, o que non vin normal e cando grava a súa avoa no enterro, baixo a miña opinión podíase omitir.
Respecto ó outro tema gustoume que tivera esa iniciativa que investigar o que pasara co seu avó.
Non me gustou o final pois non se soubo quen o delatou.