
O documental supón unha crítica da Igrexa (sempre aliada do poder) e unha
análise esclarecedora de fenómenos de devoción populares como a romaría do
Rocío, instrumentos de control social da oligarquía reaccionaria. E, máis alá da censura e mutiliación, paga moito a pena.
O pasado mes de novembro estrouse o documental ‘El caso Rocío’ unha
homenaxe a Ruiz Vergara e unha recuperación da memoria censurada. Vergara
morreu no autoexilio en Portugal no 2011, desenganado dun sistema ‘democrático’
que o condenou a dous meses e un día de arresto e a unha indemnización de 10
millóns de pesetas por plasmar a verdade. Non se lle condena por manipular, por
mentir, senón por facer públicos uns feitos probados, por facer uso da liberdade de expresión. E isto aconteceu nos anos
oitenta, xa co PSOE no poder. A verdadeira historia da Transición.
A sentenza do Tribunal Supremo en 1984 afirmaba o seguinte: que aunque “la
finalidad aparente de Rocío es exclusivamente la documental referida al entorno
histórico, sociológico, cultural, religioso, ambiental y hasta antropológico,
de la romería del Rocío, pronto aflora una inoportuna e infeliz recordación de
episodios sucedidos antes y después del 18 de julio 1936, en los que se
escarnece a uno de los bandos contendientes, olvidando que las guerras civiles,
como lucha fraticida que son, dejan una estela o rastro sangriento y de hechos,
unas veces heroicos, otras reprobables, que es indispensable inhumar y olvidar
si se quiere que los sobrevivientes y las genereaciones posteriores a la
contienda convivan pacificamente”.
Hoxe aínda moitos se atreven a opinar o mesmo, e cada vez con máis
desvergonza. Enterrar a verdade para non crear conflitos é o vello truco dos
poderosos para que non se cuestionen as orixes dos seus privilexios. Nesta
democracia modélica os crimes do franquismo xúlganse en... Buenos Aires!!!
Aquí podedes ver o documental na súa versión censurada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario