Fotos Antigas, 2015-16 by eladioanxo on Scribd
venres, 9 de decembro de 2016
Fotos antigas das familias do alumnado
Fotos Familiares hacer alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Hª Contemporánea, no IES Antón Losada da Estrada. Recollidas polo Departamento de Xª e Hª o curso 2015-16, e expostas no centro.
xoves, 27 de outubro de 2016
Exposición: Exilio e Deportación
Exposición sobre a historia dos republicanos españois, obrigados a exiliarse en Francia a finais da Guerra Civil, e despois deportados aos campos de concentración nazis. A exposición forma parte da homenaxe tributada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio a Joaquín Balboa, deportado a Mauthausen, en agosto do 2016, e está baseada na súa experiencia e, secundariamente, na de Antonio Pérez e as mulleres republicanas membros da Resistencia en Francia, deportados a Buchenwald e Ravensbrück. Consta de 14 paneis en cartón pluma de 80x60, moi fáciles de transportar e colgar, e está a disposición dos centros educativos e culturais. Para solicitala, escribir ao correo poroxas@gmail.com.
Exilio e deportación by eladioanxo on Scribd
xoves, 17 de marzo de 2016
Un proxecto educativo interesante e exemplar: ¿Cómo hemos cambiado en 30añosUE? El Camino de Santiago"
O alumnado do CPI Pecalama de Tordoia están a realizar un magnífico traballo dentro do proxecto Euroscola. O título do mesmo é "¿Cómo hemos cambiado en 30añosUE? El Camino de Santiago". Tendo como eixe o camiño están a realizar unha exhaustiva investigación sobre os cambios que se teñen producido no noso país desde a entrada na UE en 1986, tendo como eixe a ruta xacobea.Unha gran idea, un interesante proxecto e uns magníficos resultados, que podemos ler no seu blog: http://elrincondeschuman.blogspot.com.es/
Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado, son un exemplo de que con motivación e esforzo se poden conseguir grandes metas, desde o ensino público e desde un entorno rural. O dito, ánimo e moita sorte, seguirémosvos.
martes, 8 de marzo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)