Exilio e deportación by eladioanxo on Scribd
xoves, 27 de outubro de 2016
Exposición: Exilio e Deportación
Exilio e deportación by eladioanxo on Scribd
mércores, 10 de decembro de 2014
Los falsificadores, de Stefan Ruzowitzky
Los
Falsificadores levou o Óscar á mellor película de fala non
inglesa do ano 2007. A película vese con facilidade e está moi ben feita. A súa
orixinalidade débese a que trata un tema pouco coñecido, pero real: a formación
dun grupo de xudeus falsificadores de diñeiro dentro dun campo de
concentración, coa finalidade de financiar a guerra e facer crebar o sistema
financeiro dos inimigos. Ese grupo gozaba de privilexios impensables para o
resto dos xudeus confinados. Estaban ben alimentados e vivían en barracóns
cunhas condicións aceptables.xoves, 19 de abril de 2012
Adolf, de Osamu Tezuca
martes, 26 de abril de 2011
Adolf, de Osamu Tezuca

Adolf é unha das últimas obras do chamado ‘Deus do manga’, Osamu Tezuca, publicada en 1983. No ano 2001 conseguiu o Premio á Mellor Obra Estranxeira do Salón do Cómic de Barcelona, entre outros premios. No ano 2010 a editorial Planeta-DeAgostini publicou a versión integral da obra en dous volumes.martes, 11 de xaneiro de 2011
Noite maldita
![]() |
| Xudeus obrigados a lavar as rúas de Viena entre as burlas dos seus compatriotas austríacos |
luns, 14 de decembro de 2009
Auschwitz

O máis grande e tristemente soado campo de exterminio nazi foi establecido en Oswiecim, preto de Cracovia, Polonia, e chamado Auschwitz.
Máis dun millón de persoas foron asasinadas nese lugar entre 1940 e 1945. Na súa maioría ern xudeus, pero tamén xitanos, polacos e rusos prisioneiros de guerra, sufriron o horror, enviados a realizar traballos forzados ou directamente ás cámaras de gas.
Os nenos e nenas, moi pequenos para realizar traballos forzados, eran usualmente asasinados. Moitos menores serviron como coelliños de Indias para experimentos pseudocientíficos e algúns sufriron castración, cegueira ou outros horrores.
"Ósos móbiles, unidos por unha pel seca e envellecida. O aire era irrespirable, unha mestura de carne queimada e excrementos". Así describiu Auschwitz o primeiro soldado soviético que entrou a liberar aos prisioneiros.
As pertenzas dos reclusos eran confiscadas e recicladas. Os dentes de ouro eran moi apreciados. O pelo usábase en ocasións para encher colchóns.
As tropas soviéticas finalmente liberaron aos prisioneiros o 27 de xaneiro de 1945, aínda que só atoparon 7.000 reclusos. Os nazis fixeron saír do campo a case 60.000 dos cales 15.000 pereceron nas chamadas "Marchas da Morte".
Hoxe Auschwitz é un museo declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade para que non se esqueza ás vítimas e para que unha catástrofe similar non volva repetirse.
