O 11 de setembro de 2001 leváronse a cabo unha serie de atentados suicidas que implicaron o secuestro de catro avións por 19 membros da rede Al-Jihad Qaida.
Os dous primeiros avións foron os da American Airlines Flight 11 e 175 da United Airlines, que foron levados ata as ‘torres xemelgas’ do World Trade Center, un avión en cada torre, facendo que se derrubaran en dúas horas. O terceiro avión secuestrado foi o American Airlines Flight 77, que supostamente caeu na esquina do Pentágono, en Virxinia. O cuarto avión, que era da United Airlines Flight 93, que non puido chegar ao obxectivo, xa que os pasaxeiros e tripulantes tentaron retomar o control e debido a iso caeu nun campo aberto en Shanksville, Pensilvania.
Morreron 2.973 persoas, incluíndo 246 mortos nos catro avións (ningún dos pasaxeiros dos avións secuestrados sobreviviu), 2.602 mortos en Nova York dentro das ‘torres xemelgas’ e na base das mesmas e 125 mortos dentro do edificio do Pentágono. Ata o momento, 24 persoas permanecen na lista de desaparecidos.
Este atentado caracterizouse polo uso de avións como armas, creando unha situación de maior medo en todo o mundo occidental. A raíz dos ataques, o goberno de EE UU, presidido por Bush, declarou a guerra contra o terrorismo, cos obxectivos de levar a Osama bin Laden e Al Qaeda ante a Xustiza e previr a acción das redes terroristas. As invasións de Afganistán e Iraq teñen, supostamente, ese fin. Outra consecuencia dos atentados foi o racismo e o acoso de persoas de orixe árabe.