O primeiro vídeo está feito para dar unha idea de como funcionan as imaxes estereoscópicas. A técnica consistía nun cámara con dous obxectivos e un disparador. A imaxe que se obtiña era dobre e correspondía unha a cada ollo. As dúas quedaban recollidas nunha placa de cristal, o negativo. Cando a información chegaba ao cerebro creaba a sensación de profundidade.
O segundo vídeo está formado coas fotografías que formaron parte da exposición Bélica (2007), unha mínima parte da colección.
O arquivo foi adquirido en Tánxer no 2003 e catalogado e restaurado para a exposición que se vai celebrar no 2014, centenario do inicio da Gran Guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario