A principios de febreiro tres membros da Asociación Sinenomine (Mercedes, Lois e eu mesmo) fomos convidados polo CEFORE de Lalín a falar de Cine e Actualidade, dentro dun curso sobre Cine e Historia. Para introducir a nosa intervención escribimos un texto breve sobre a nosa visión do estado do mundo na actualidade (tédelo ao final da presentación) e a importancia de introducilo nas aulas de Secundaria e Bacharelato, cos filmes como ferramenta didáctica clave para a aprendizaxe deste mundo, que nós cualificamos como desigual e violento. Para ilustrar a introdución elaboramos unha presentación en viñetas e algunha outra imaxe, a maioría de Eneko, que consideramos moi suxestivas.
mércores, 23 de febreiro de 2011
xoves, 17 de febreiro de 2011
Conflito de Darfur
O conflito nesta rexión ao oeste de Sudán iniciouse en febreiro do 2003, pero as raíces deste conflito de culturas (por unha banda a cultura árabe e polo outro, a cultura africana) teñen unha orixe. A rexión de Darfur sufriu unha seca crítica que causou a morte de preto de 95.000 persoas entre os anos 1983 e 1984. Por isto os africanos granxeiros (máis sedentarios) culparon aos árabes, quenes explotaban as áreas fértiles da rexión co pastoreo. Isto fixo que os árabes se armaran, coa axuda do goberno de Libia, para defenderse dos africanos.
Os rebeldes de etnia africana liderados pola Fronte de Liberación de Darfur(DLF), atacaron en 2003 a unha guarnición do exército sudanés, ademáis destruíron varios bombardeiros e helicópteros e mataron a 75 soldados e capturaron a 32. Despois deste ataque o goberno sudanés creo os Yanyauid. Estes eran pastores árabes da tribo Baggara recrutados para formar un exército paramilitar.
Esta acción por parte do goberno cambio o rumbo do conflito e obrigou aos rebeldes da Fronte de Liberación de Darfur (DLF) a retirarse. Durante estes combates miles de persoas foron asasinadas e millóns foron desprazadas. A crise empezou a ser tomada en serio no momento en que máis de 100.000 desprazados non-árabes cruzaron a fronteira sudanesa con Chad para refuxiarse. As milicias Yanyauid perseguían a estes refuxiados e enfrontáronse con forzas do exército de Chad. O conflito foi catalogado por observadores internacionais como unha limpeza étnica, polo feito de que os únicos pobos atacados eran africanos.
En abril do 2004, o goberno de Chad pediu un cesamento ao lume entre o goberno sudanés e as milicias rebeldes, algo que foi ignorado. En decembro do 2005 o pobo fronteirizo de Adre (Chad) foi atacado. Chad inmediatamente culpou ao goberno sudanés e declaroulle a guerra a Sudán. Inmediatamente a Unión Africana de Nacións enviou 7.000 soldados, que tiveron que ser apoiados por case 20.000 efectivos das Nacións Unidas, para, en teoría, manter a paz.
Este conflito, caracterizado de limpeza étnica, debe ser detido, xa que causou a morte de máis de 400.000 mil persoas e obrigou a centos de miles a converterse en refuxiados e fuxir a países veciños. Actualmente, nos campos de refuxiados, a xente vive en moi malas condicións e en mal ambiente porque a delincuencia aumenta e é moi difícil levar axuda debido a que en moitas ocasións atacan aos envíos de víveres.
Sámer Abdulkader Sande (4ºA)
domingo, 13 de febreiro de 2011
O xenocidio de Ruanda (1994)
O chamado xenocidio de Ruanda ocorreu entre abril e maio de 1994, cando os hutus pretenderon exterminar aos seus veciños tutsi, minoritarios. Morreron entre medio e un millón de persoas, a gra maioría tutsis e hutus moderados. Considérase o terceiro xenocidio do s. XX, despois do Xenocidio Armenio durante a I Guerra Mundial e o Holocausto xudeu e xitano na II Guerra Mundial. Considéranse xenocidios os actos “cometidos coa intención de destruír, en todo ou en parte, un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso como tal”.
Campo de refuxiados de Goma (Zaire) |
O plan xenocida comezara xa en 1993, cando o goberno controlado polos hutus pretendeu realizar un censo no que todos os habitantes do país debían declarar a tribo á pertencían. Pouco despois de realizar o censo comezou a masacre de tutsis no norte do país.
Os extremistas hutus chegaron a derrubar o avión do presidente, da mesma etnia. O asasinato de Habyarimana foi a escusa para comezar a matanza. As instrucións transmitíanse por radio, animando aos escuadróns da morte (os Interahamwe, os que loitan xuntos), que estaban apoiados polo Exército.
As forzas da ONU estaban no país, pero os cascos azuis non fixeron nada para parar a masacre, limitáronse a protexer aos brancos que vivían na capital, en Kigali. O que si chegaron foron as imaxes aos fogares occidentais provocando unha forte e fugaz onda de solidariedade. Pero as grandes potencias permaneceron impasibles ante o xenocidio, incumprindo as leis internacionais, unha vergonza. Cando se decidiron a actuar xa era demasiado tarde.
Despois do xenocidio aproximadamente 700.000 persoas fuxiron de Ruanda cara a Zaire. Entre eles, soldados e membros das milicias hutus, que pretendían escapar da vinganza dos tutsis despois de que se instalara un goberno en Ruanda controlado por estes. Nos campos de refuxiados, nunhas condicións penosas, continuaron as matanzas e as violacións das mulleres nos anos seguintes, misturadas coas guerra polo control dos minerais do leste do Congo.
A pesar do aterrecedor número de mortos deses 100 días de vergonza, moitas máis persoas morreron e seguen morrendo hoxe nos campos de refuxiados como consecuencia do acontecido nos primeiros anos noventa. Calcúlase que a morte de civís na rexión dos Grandes Lagos é a maior desde a Segunda Guerra Mundial.
(...)
Si, fun a Ruanda, pero Ruanda está tamén en min. Os refuxiados repartíronse por todo o mundo, levando consigo o sangue e a cólera dos mortos abandonados.
E eu teño medo cando escoito falar no meu país de pertenza ou non pertenza. Dividir. Educar aos estranxeiros. Inventar a idea rexeitamento. Como se aprende a idea da identidade étnica? De onde xorde este medo ao Outro que conduce á violencia?
Un día a vida cotiá bórrase para dar paso ao caos. Onde se agochaba a semente do odio? Na noite da cegueira absoluta, que tería feito eu se me vira no medio da engrenaxe da masacre? Teríame resistido á traizón? Tería sido covarde ou valente? Tería matado ou teríame deixado matar?
Ruanda está en min, en ti, en nosoutros.
(...)
La sombra de Imana, de Veronique Tadjo. El Cobre 2003 (pax. 49)
Tania Caeiro
xoves, 10 de febreiro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)