Esta mañá, no hospital, aliviado porque xa pasou a
"noiteboa", a primeira noticia que lin foi a morte de Germàn Coppini. Outra triste sorpresa destes meses
nefastos. Non era unha persoa próxima
nin me caía especialmente ben, pero
era outro compañeiro de viaxe, ao que
escoitei centos de veces. Non me interesan as súas
leas coa Movida e os seus apóstolos, só a súa inquietante voz e as súas letras pondo banda sonora aos meus felices? vinte
e tantos.
As cancións de Siniestro e Golpes Bajos seguen soando nos
meus oídos evocando unha morea de
situacións e persoas, case sempre
relacionadas, coa noite, co alcol e outras drogas, e coa necesidade perentoria
de ligar. Era moita a inseguridade e sen dúbida
houbo unha longuísima relación de días malos, angustiosos, ridículos... Pero o bo da memoria é que actúa
coma un cribo, peneirando só os bos momentos. Así
podemos sobrevivir e, mesmo, vivir ben, acostumándonos
a escorrentar o medo coa ironía, conservando o desexo e o
atrevemento do grotesco.
Bos momentos, ou momentos
intensos, coas cancións cantadas por Germán sempre presentes. O xogo canalla de Siniestro para
saltar eufóricos e a escuridade de
Golpes Bajos para identificarnos cunhas letras que ninguén entendía,
pero que a todos nos servían para explicarnos o que
sentiamos.
Hoxe tamén. Hai tres meses celebrei unha festa de +50, pasei
moitas horas seleccionando a música, e na listaxe de cancións o primeiro posto era para Coppini. Seguimos
coleccionando moscas, desprezando aos aiatolás
que nos queren impoñer a nosa forma de vivir, estrañando as ceas requentadas, privándonos pola lírica
aínda que os tempos son malos,
desexando tocar aos manequíns, poñendo o vídeo
de Me pica un huevo para amosarlle
aos máis novos que calquera tempo
pasado foi anterior…
Esa adolescencia prolongada,
no Masma, o lugar de culto de
Santiago para os modernos con vida interior, estadas, plástico e escuridade. Ao fondo unha fermosa rapaza cun
espectacular pelo a cores pincha o máis
actual da movida, enfronte dela un tipo con chupa de coiro negra dálle as costas ao mundo mentres bebe unha cervexa a
morro. Só de cando en vez xira para
botar unha ollada fugaz absolutamente inexpresiva que moitos interpretan como
desprezativa, elitista... Non, el sabía
que os ollos da xente sempre menten, menos os da pincha, que seguía pondo música para el, para Germán Coppini, un tipo auténtico
e con clase. Boa viaxe.
Cena recalentada cuando llegas tarde a casa
La imbecil de tu hermana que te pica y que se pasa La loca de tu madre que te chilla y no se cansaY el viejo derrotado que se baba y amenaza
Donde has estado?
Mira que facha Que horas son estas? Vete a la cama
Un beso en un portal un abrazo hasta mañana
Que hombre me sentia cuando a ti te acompañaba
Tu lo eras todo y yo era nada
Pisabamos los charcos tan lejos estabas
Donde has estado?
Mira que facha
Que horas son estas?
Vete a la cama
1 comentario:
Tempos bonitos e plenos. Seguimos radiante.
Publicar un comentario