El Miedo (La Peur), publicado por Acantilado, é un libro de memorias sobre a vida dun soldado francés na Primeira Guerra Mundial. O seu autor alistouse no exército francés o ao principio da Guerra, en 1914, e agás uns meses que estivo ferido e uns días de permiso, permaneceu na trincheiras ata o fin da chamada Grande Guerra polos contemporáneos. Despois da guerra adicouse ao periodismo e á literatura, publicando o libro por primeira vez en 1930. Un libro esquecido pola carga crítica que contén sobre os prexuízos nacionalistas e o militarismo.
É un libro magnífico, sendo un libro de recordos lese coma unha novela, cunha linguaxe áxil e suxerinte. Todo nel transmite autenticidade, a pesar de que sabemos que a memoria é selectiva. Non hai ningunha concesión nin ao patriotismo, nin ao heroísmo. Só hai medo, o actor principal de tódalas guerras para aqueles que as sofren, persoas normais abocadas ao horror sen apenas posibilidades de elixir. Sobrevivir é o único afán, aínda que para conseguilo haxa que actuar con indignidade. O autor non deixa ningún flanco da guerra sen cubrir, creando un fresco perfecto, estremecedor polo seu realismo pero trufado de ironía, do que viviron e sentiron os protagonistas nas trincheiras e na retagarda. Unha obra a altura do cómic La Guerra de las Trincheras, de Jacques Tardi (autor da portada da edición francesa), do documental Campos de Muerte, da BBC, ou do filme Senderos de Gloria, de Kubrick. Todos nos explican a I Guerra Mundial, pero tamén, e ese é o seu mérito, calquera guerra. O patrioterismo inicial (ou o desexo de non perderse a gran aventura da guerra, no caso do autor) que moveu ás masas ignorantes ansiosas por 'machacar' nuns día aos boches; a estupidez das consignas e da propaganda; a vida miserable e terrible nos tobos das trincheiras; o dolor das feridas, da morte, do terror; a incapacidade e crueldade dos mandos e da opinión pública na retagarda e, mesmo, os momentos de humanidade entre os soldados, aparecen ante nós segundo imos pasando as páxinas deste imprescindible libro antibelicista. O autor consegue plenamente os seu propósito, que non caiamos na trampa da retórica patriótica, que odiemos á GUERRA, xa que nela o único que existe é o MEDO. |
sábado, 29 de setembro de 2012
El miedo, de Gabriel Chevalier
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario