O
documental ‘La guerra contra las mujeres’, dirixido por Hernán Zin foi
estreado no programa Documentos TV da TVE2, o pasado 1 de decembro do 2013.
Trata
sobre as mulleres que padecen a guerra, vítimas invisibles en moitas ocasións
das atrocidades cometidas polos machos armados. A violación como un arma máis
coa que humillar e vencer ao inimigo.
Detrás
deste excelente documental hai tres anos de traballo en dez países de África,
Europa e América, estando protagonizado por 11 mulleres, vítimas da violencia
sexual. De Bosnia ao Congo a violación de nenas e mulleres ten sido utilizada
como unha estratexia de éxito nos conflitos armados, destruíndo a dignidade das
mulleres e estendendo o medo na sociedade da que forman parte, pero só se
considera un dano colateral.
Moitos
destes crimes permanecen impunes e, as poucas condenas que se teñen producido
son mínimas en relación ao dano ocasionado. Este documental pretende denunciar
dita impunidade e a pasividade das institucións e da sociedade ante o uso do
corpo das mulleres como un arma de guerra. É tamén unha homenaxe a todas esas
mulleres que loitan por recuperar a súa dignidade e ás que traballan xunto a
elas e reclaman xustiza.
En
La guerra contra las mujeres soa unha canción de Bebe, composta para este filme
e adicado ás protagonistas, ‘César debe morir’.
Aproveito
para recomendar un filme de ficción sobre esta barbarie na Guerra de Bosnia: Grbavica, el secreto de Esma.
Encerráronme
con 60 mulleres. Alí violáronme por primeira vez. Tiña 15 anos. (Leila, moza
bosníaca).
Cando
unha nena ou muller ten sido obxecto de violencia sexual, pensa ca súa vida
terminou e lamenta non ter morto no acto. (Celine Kamwanya, psicóloga congolesa
que traballa coas vítimas das guerras do Congo e Ruanda).
Ningún comentario:
Publicar un comentario