venres, 13 de setembro de 2013

Lendo en Dandora, Nairobi (Quenia), abril 2012. Micah Albert


Encántame esta foto. Unha muller que sobrevive aproveitando o lixo do vertedoiro de Dandora fai un descanso ollando unha revista. Concentrada, relaxada... nun contexto sucio e triste, pero que mesmo semella bonito na imaxe.
O poder curativo da lectura, unha pócima máxica para sandar as penas que todos levamos dentro. O repouso, a calma.
E a nosa lectora... lerá palabras e imaxes, ou só as imaxes? como será a súa vida? que fará coa revista? poderá conseguir máis lecturas? na biblioteca? 

Ningún comentario: