Quixera felicitar aos homes de
prol da Fundación La Rosaleda, presidida polo ex-presidente da Xunta, Fernández
Albor, pola súa agudeza á hora de buscar as causas da crise (saqueo). Quen
mellor cun delincuente financeiro para explicar as causas do desastre?
Segundo a información de El Correo Gallego, hoxe mesmo Mario Conde 'o empresario e ex-presidente de
Banesto (algo máis faría, digo eu) impartirá unha conferencia organizada pola
citada Fundación que 'contará coa presenza de destacadas personalidades do
ámbito económico, sanitario e social da comunidade. Presentado polo escritor
Alfredo Conde (quen será este?) falará sobre as causas que levaron a actual
crise que, segundo a súa análise, non é só económica senón de valores' (non é
unha broma). Que brillantez a deste señor, unha crise de valores!!! e nós
pensando só nos cartos!
Supoñemos que, e volvo citar
El Correo, 'unha das persoas máis influentes do país nos oitenta' cunha
traxectoria vital e profesional inmaculada, unha vítima do sistema: 'Despois
virían varios procesos xudiciais, o cárcere e a caída en desgraza que lle levou
a construír un novo eu' (sic) é o mellor exemplo que poden seguir as
personalidades asistentes a súa charla para sacarnos do pozo. Si señor, así se
constrúe un país. De aquí se sale, titúlase o libro que Mario Conde, co
espírito empresarial do que carecemos os que non somos personalidades,
aproveitará para vender na conferencia.
A esta non, pero se organizan
outra co Dioni alí estarei. Seguro que é moito máis divertido e transmite máis
valores.
Estamos en boas mans!!!
E aínda hai quen dubida
participar na folga xeral do 29... manda carallo!
1 comentario:
Como volvas a meter ao Dioni no mesmo saco ca os ladróns "de guante blanco" mandareiche ao meus padriños. Moi bo o de o outro Conde, deben ser parentes.
Publicar un comentario