Tardou cinco anos en volver a ver a Ramón de Valenzuela, incomunicado neste
tempo en cárceres e campos de concentración. A parella reencontrouse no ano
1945 para casar. Pensaban vivir en Galicia pero en 1949 tiveron que exiliarse a
Bos Aires. Alí traballou no Teatro Galego da Federación e dirixe xunto con
Arturo Cuadrado o xornal "Galicia". Regresou novamente a España en
1966.
“Dezasete
anos durou o meu segundo exilio en Bos Aires. Era o primeiro en América de
Ramón e dos nosos dous fillos nacidos na terra, que deron naquel mundo novo,
acolledor e case sempre xeneroso. Alí onde tantos galegos, antes e mesmo
despois, formarían o seu fogar e, fieis ás súas raíces, lograran crear
sociedades que mantiñan vivo o espírito de Galicia” escribe Mariví Villaverde
en Tres tempos e a esperanza.
Ao seu
oficio como escritora, tradutora e xornalista, tamén como actriz e impulsora do
teatro, uniuse nos últimos anos o seu traballo no Consello pola Memoria e,
desde o seu regreso, na lembranza da cultura do exilio.
Xa con
máis de oitenta anos seguiu partipando en todos os movementos sociais, nas
reivindicacións en favor da lingua, contra a guerra e polo Prestige.
Ningún comentario:
Publicar un comentario