venres, 24 de febreiro de 2012

Historia dun refuxiado palestino


A proclamación do Estado de Israel en 1948 provocou o desaloxo de 531 localidades palestinas para instalar aos xudeus. Foi a al Nakba, o Desastre, para os palestinos. Máis de cincuenta anos despois, case cinco millóns de palestinos (os que tiveron que abandonar o seu fogar en 1948 ou na guerra de 1967) viven refuxiados ou desprazados, mentres seguen a reclamar o seu dereito ao retorno.
Ahmed Mahmud Abdullah é un deses refuxiados. Dirixe o colexio infantil da UNRWA en Jabalia, ao norte de Gaza. Neste vídeo cóntanos a súa historia, a súa vida.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Alégrome moito de que despois de todo, non perdese nin os seus soños nin as súas esperanzas.

Un bico Heladio, son Julia, non sei o que pasa,soamente podo entrar como anónimo.