A verdade é que todo o relacionado coa crise e coa corrupción ten provocado infinitos motivos para cabrearse, para vomitar de asco, para botarse ao monte e, mesmo, para chorar de rabia. Canta inxustiza!!!
Acabo de enterarme da condena a Garzón por parte desa banda de desalmados que se din xuíces. O primeiro condenado pola máis que probada rede de corrupción da Gürtel. Once anos de inhabilitación para un xuíz por investigar, cando tantos outros xuíces prevaricadores, racistas, machistas e franquistas teñen saído de rosiñas de mans da (in)Xustiza. O corporativismo mafioso decidiu que non era un dos seus. os seus son os que ditan sentenzas que desprezan ás vítimas da violencia machista, económica ou fascista. Canta merda!!! Isto é un estado democrático, todos somos iguais ante o mazo dos poderosos.
Non sei ben por que, pero o proceso inquisitorial contra Garzón levoume á foto do presidente de Ryanair burlándose dos traballadores de Spanair no aeroporto de Bilbao. Un cabrón con diñeiro, orgulloso de ser un malnacido, mofándose de quen loita polo pan dos seus fillos. Esta é a imaxe do empresario capitalista de éxito, sen complexos. Mentres, cos impostos de todos, as administracións públicas? subvencionan as súas ganancias privadas suplicándolle que poña un avión no seu aeroporto.
E aquí estamos, loitando para non se vencidos polo medo, pola desesperanza que xuíces e capitalistas como os das imaxes nos causan. Estupefactos e temerosos dunha realidade noxenta aínda podemos berrarlles: Señores, son vostedes unha vergonza para a especie humana!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario