domingo, 14 de decembro de 2014

Queda alguén aí? de Rafa Cid

-->
Do antigo Caladiños
O documental "Queda alguén aí?" de Rafa Cid (2007) describe a vida (pouca) que queda na aldea do Pedroso (Concello do Riós), como exemplo do que está a ocorrer en amplas rexións do interior de Galicia: a despoboación extrema do rural.
Alí queda pouca xente e a maioría na terceira ou cuarta idade. Os máis novos ou están na emigración (Barcelona, Bilbao...) ou se teñen ido a vivir a vila de Verín.
Dada a súa idade, para a maioría dos habitantes do Pedroso a morte é unha constante na súa vida, e por iso deciden gastar o diñeiro 'dos piñeiros' na construción dun tanatorio do máis luxoso.
Máis alá da crítica fácil a esa decisión dos vellos (lembremos o malgasto da Cidade da -in- Cultura), para min o gran acerto do documental, tal e como xa conseguíu o autor no seu primeiro e extraordinario filme, "Carrilanos", é a naturalidade coa que consegue captar aos personaxes. Pódenche caer máis ou menos simpáticos, pero son auténticos dos pés á cabeza. A través das palabras e xestos de cada un deles podemos albiscar toda a súa vida, mesmo a vida futura. Para nós non sería difícil describir a vida de Pedroso hai 20 ou 40 anos, temos toda a información. Por desgraza, tampouco nos resulta complicado adiviñar a vida de Pedroso dentro de 10 ou 20 anos.
A morte das aldeas, tal e como tradicionalmente se entenden, ligadas ás actividades agrarias, antóllase inevitable. As propostas alternativas non deixan de ser iso, alternativas, e as aldeas máis afastadas dos núcleos urbanos, aínda que nos doa, irán desaparecendo. Que outro investimento máis rendible co tanatorio se pode facer no Pedroso? por que teñen que renunciar eles aos seus caprichos se os que teñen que administrar o diñeiro público non o fan? Podemos debatelo.
Eu quédome coas seguintes secuencias e persoeiros: a entrada no local social coa súa particular 'decoración', arriba e abaixo; os asentos de autobús; a alegría da rehabilitación do labrego mozo; o maxistral 'conta contos' da Santa Compaña, os coches abandonados, a misa e...sobre todo, o avó, que nos dá unha verdadeira lección da vida e a morte. Agardamos que o director siga facendo documentais, necesitámolos para entendernos.

mércores, 10 de decembro de 2014

Los falsificadores, de Stefan Ruzowitzky


Do antigo Caladiños

Los Falsificadores levou o Óscar á mellor película de fala non inglesa do ano 2007. A película vese con facilidade e está moi ben feita. A súa orixinalidade débese a que trata un tema pouco coñecido, pero real: a formación dun grupo de xudeus falsificadores de diñeiro dentro dun campo de concentración, coa finalidade de financiar a guerra e facer crebar o sistema financeiro dos inimigos. Ese grupo gozaba de privilexios impensables para o resto dos xudeus confinados. Estaban ben alimentados e vivían en barracóns cunhas condicións aceptables.
O motor da historia é o conflito ético que se lles presenta, xa que ademais de vivir mellor cos outros presos, a súa labor pode facer que os seus verdugos poidan gañar a guerra. O drama persoal e colectivo é o máis interesante da historia, aínda que non está tratado con moita profundidade. Ao final triunfa o desexo de sobrevivir e só un dos presos boicotea, sen éxito, a produción de dólares falsos.
A visión do filme pode suscitar nos espectadores unha serie de preguntas morais: ata onde estariamos dispostos a chegar para poder sobrevivir, aínda que só sexa un día máis?, ata onde chega a nosa lealdade cara a nosa comunidade?, paga a pena sobrevivir a semellante horror?, cales son as diferencias entre as boas e as malas persoas en situacións límite?
É outra das moitas películas que todos os anos se fan sobre o nazismo e o holocausto xudeu. Está ben, é necesario, que se recorde esa monstruosidade, sobre todo si así evitamos repetila, pero hai que ter en conta tamén outros xenocidios da Historia, mesmo ás outras vítimas da tolemia nazi, como os xitanos ou os homosexuais. Non teñen a mesma consideración todas as vítimas e se percibimos aos xudeus como as vítimas por antonomasia débese ao poderío económico e político dese pobo que creou unha maquinaria moi potente ao servizo da súa memoria histórica, da shoah, ocultando ás outras vítimas e, tamén, xustificando, cos seus padecementos pasados, accións represivas e violentas tan inmorais como as que eles sufriron, e das que hoxe é responsable o Estado de Israel sobre os palestinos. De ningunha maneira pretendo minusvalorar o Holocausto xudeu, pero é un deber moral dignificar a todas as vítimas do pasado e do presente. Todas merecen o noso recoñecemento e a nosa solidariedade, máis alá do poder dos medios.
A película non aporta gran cousa ao coñecemento do Holocausto e remata cun ‘final feliz’ absurdo, pero é recomendable, tanto polo tema como pola forma de abordalo. Ten ademais o mérito de ser unha coprodución entre Austria e Alemaña, amosando a capacidade deses países para asumir criticamente o seu infame pasado.

xoves, 4 de decembro de 2014

Videodrome - ¿Civilización? - 30/11/14

Abro los ojos y veo una tierra joven y maravillosa, dura y fuerte, en la que hemos bailado y efectuado nuestros ritos durante miles de años para dar las gracias al gran espíritu por ella... Al amanecer del 29 de noviembre de 1864, los 700 hombres del 1º de Caballería de Colorado, con apoyo de artillería, atacan y arrasan un poblado Cheyenne y Arapahoe en Sand Creek. El jefe Black Kettle enarboló la bandera de EE.UU. y una bandera blanca. No había guerreros en el poblado, sólo ancianos, mujeres y niños… Un Cheyenne llamado Pequeño Oso, relató que al regresar al poblado vio horrorizado cadáveres mutilados de mujeres y niños, cabezas seccionadas sin la cabellera, pechos de mujer colgados de estacas, mujeres embarazadas abiertas en canal y una anciana andando sin rumbo, sin su cuero cabelludo y empapada en sangre gritando sin expulsar sonido alguno… En 1970, Ralph Nelson dirige SOLDIER BLUE (Soldado azul), donde se dramatiza la masacre de cheyennes y arapahoes en Sand Creek… Con música de: Alfred Newman: Tema de HOW THE WEST WAS WON Elmer Bernstein: Tema de LOS COMANCHEROS Roy Budd: BSO SOLDIER BLUE Ry Cooder: Goose and Lucky, Sunny’s Tune, Southern Comfort, Houston in Two Seconds y Swamp Walk. Gabriel Fauré: Réquiem (In Paradisum) Buffy Saint-Marie: Soldier Blue, Universal Soldier, Up Where We Belong, Cripple Creek, Darling Don’t Cry y Now That The Buffalo’s Gone.