Asignáronme un chofer novo, e
un día fomos ao sector soviético para visitar o cemiterio xudeu na Schönhauser
Alle, no que estaba enterrado meu pai.
O cemiterio tiña un aspecto
terrible, lápidas esnaquizadas e tiradas, cráteres abertos polos obuses,
árbores queimadas, a terra removida polas cadeas dos tanques, a herba medrando,
salvaxe. E cando entramos no cemiterio saíron ao noso encontro dous homes: o
rabino e o enterrador. Achegueime a eles e díxenlles que buscaba a tumba do meu
pai e pedinlles que me axudaran. O rabino díxome que iso sería moi difícil.
Houbera unha batalla de tanques no cemiterio. Estivera vivindo durante catro
anos baixo terra, toleraran a súa presencia porque alguén tiña que ocuparse do
cemiterio. Pero, a pesar de todo, cada día os nazis podían asasinalo. E entón
chegaron os rusos:
<<- E a miña muller e
eu, entusiasmados, saímos ao seu encontro. Como tiñamos agardado aos nosos liberadores!
con que febril entusiasmo saímos ao seu encontro! O primeiro que fixeron foi
violar a miña muller. Mataron a miña muller.>>
Aquela muller tiña sobrevivido
aos nazis e foi asasinada despois polos seus liberadores.
Buscamos a tumba do meu pai.
Non a atopamos.
Nadie es perfecto, Billy Wilder (con Hellmuth Karasek), ed. Grijalbo, 1993 (pax. 258-259)
Ningún comentario:
Publicar un comentario