venres, 3 de decembro de 2010

O Valedor do pobo e a educación



Como moitos de vós sabedes neste primeiro trimestre os fanáticos de Galicia Bilingüe colléronos cariño e non hai maneira de que nos deixen traballar en paz (comunicado do Equipo de Normalización de Cuntis). Temos que andar preocupándonos por un vídeo de Skarnio, que non son precisamente os Madness. Que se hai que retiralo, que se non, que se só o enlace, que se non se entende... Nin Bob Dylan ten provocado tantas e tan profundas reflexións pseudofilosóficaseducativas, con perdón.
O 15 de novembro Valedor do Pobo (do deles, claro) emitiu unha resolución sobre o tema na que se permite opinar, coa súa sabedoría pedagóxica, sobre o que é apropiado, adecuado e lícito na educación (debaixo tedes a resolución). Os de GB agardaron ao pasado domingo para darlle publicidade, usando o seu enchufe nalgúns medios, entre os que destaca a ética xornalística (a falta dela, claro) do Faro de Vigo.
E aí estamos nós, aturando a arremetida, sometidos a unha campaña propia de Torquemada sen que apenas se escoite a nosa opinión. Non puiden quedar calado ante a indignación que me provocou o escrito do Valedor e redactei unha queixa que presentarei na oficina do propio Valedor (podedes lela abaixo tamén). Para máis inri hoxe chegaron ao Colexio unhas cartas anónimas dirixidas a cada profesor, que só incluían a Resolución do Valedor enviada a Gloria Lago (una bellísima persona). Está claro que alguén fixo uso dos nosos datos de forma fraudulenta e con mala fe (quen será o/a Xudas?).
E aquí estamos, seguimos traballando, pero está claro que son malos tempos para a lírica (como dícia GB, Golpes Bajos, non os outros, claro), para as liberdades e para o galego.



Resolución




Queixa

10 comentarios:

Sofía dixo...

¡Plas, plas, plas!
Pois moi ben, que non pensen que nos poden pechar a boca. Cando menos dicirlles que sabemos o que están facendo...que no seu caso, e bastante máis que ilícito... ¿Seguro que non coñecemos aO topO?

Sabela dixo...

Impresionante o teu escrito Heladio, admirable a túa capacidade para expresar tan ben o teu/noso sentir.
Mil parabéns e moito ánimo e forza nesta incrible situación que se está a dar.
Un biquiño!

Occam dixo...

Por fin, algo de sensatez tras todo el sinsentido de estos episodios kafkianos.

gerardoalbela dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
gerardoalbela dixo...

Moita xente coma vostede facía falta, meu benquerido mestre!

Unha aperta desde as xeadas Inglaterras, desde os pradairos de Oxford, onde este mesmo mércores o meu compañeiro Manolo e máis eu amenizamos coas nosas gaitas e as nosas voces un magosto organizado polo Centro de Estudios Galegos da Universidade de Oxford, ao que asistiron alumnos de galego dese mesmo centro e doutro similar da Universidade de Birmingham.

Mozos e mozas ingleses, galeses, etc. que queren e poden aprender galego en Inglaterra, mentres que un feixe de imbéciles e escuros se dedican a poñer trabas, a dar Golpes Baixos, para que os nenos galegos non o poidan aprender en Galicia mesmo.

Moito ánimo e moita forza.

Anónimo dixo...

Iso é, Compa! A ver que se pensan! Que somos "súbditos caladiños"? Van moi enganados... Nin somos súbditos de ninguén, nin nos calamos xa.
Nin un paso atrás!!!
Pola liberdade!!!

NACHO MATO.

Manuel dixo...

Moi ben Eladio!!!! . Moi ben argumentado. Espero que non se che dé por cambiar o sesgo do blog e comences a facerme competencia....ja,ja, ja. Ben, para o tema de obter un pouco de atención mediática, ocurríuseme que poderíase xogar ao fútbol cun balón blanco coas letras GALEGO ven á vista, un xogador con camiseta de VALEDOR e unha xogadora con camiseta de G.LAGO. E a darlle ben patadas ao balón...todo iso en pleno Obradoiro ou diante do Pazo de Raxoi ou da casa dos das camisetas... e só unha idea. (A cabeza non para). Unha aperta.

Manuel dixo...

Ah, outra cousa. Propoño deixar de colaborar coas mentiras de Gloria Lago e empezar a chamarlle ao seu chiringuito polo nome real: Galicia Monolingüe.

Cibrán dixo...

Excelente Heladio.

Santi dixo...

Mestre! moitísimos parabéns non só polo feito, senón pola actitude. Non só por respostar, senón por resistir. Non só por contrarrestar o altísimo grao de impresentabilidade do malchamado "valedor" e do/s Xudas (que todos nos coñecemos oh!)...

Moitísimos parabéns e moitísimas grazas por ir un paso por diante e facer de altofalante...
TODO O APOIO DO MUNDO!!!