
Os boletíns de inspección da época dan información precisa das condicións de traballo de Pedro Brey. Así, nunha visita ordinaria efectuada en 1921, cando levaba cinco anos exercendo na escola de Arnois, o inspector anota:O ensino encontrase en estado satisfactorio, aínda que dificulte moito o labor do mestre o excesivo número de alumnos e as pésimas condicións do local... Inservible para o obxecto, mal iluminado e con mala ventilación, sen patios de recreo, nin lavabos, nin retretes, cunha soa dependencia de 8,5 por 3,5 por 2,15 metros. Cun presuposto total de 2.750 pesetas ao ano, incluído o soldo do mestre. Cun número total de 130 alumnos matriculados, sistema mixto, de idades entre 8 a 12 anos; que teñen que percorrer camiñando, desde a súa casa á. escola, até 4 km de distancia, e que asisten irregularmente a clase porque axudan nos labores do campo. E 28 alumnos de entre 14 e 31 anos, labradores de profesión predominante. Escola situada nun val, na estrada de Ourense a Santiago. Zona de industria e comercio moi escaso, e bastante emigración.
(texto do libro 'Pedro Brey, a parroquia retratada', editado polo CGAI)
Botádelle unha ollada ás fotos na páxina de abaixo, paga a pena.
http://www.tabeirosmontes.com/pedro-brey-guerra.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario