martes, 12 de xuño de 2012

SALVEMOS A TORRE DE GUIMAREI (A ESTRADA- PONTEVEDRA).

Máis dunha vez os alumnos e alumnas dannos alegrías. Unha delas tívena hai uns días cando, o meu alumno Álvaro González de 3º ESO A, redactou unha petición para evitar que a Torre de Guimarei e o pazo anexo se perdan para sempre, vítimas do abandono dos seus donos e da desidia da Administración. Entre todos podemos conseguir a conservación dun patrimonio arquitectónico tan importante, que debe estar dispoñible para o goce de todos os cidadáns. Non deixedes de asinar e difundir esta campaña.



A torre de Guimarei, declarada Ben de Interes Cultural, leva anos en estado semirruinoso. Os propietarios non fixeron nada, incumprindo a lei que di que 'os propietarios dun BIC tendran obriga de facilitar inspeccion, vista pública e investigación'.
As autoridades non fixeron nada por mellorar o estado do monumento nin para facilitar a visita deste.A torre de Guimarei, do século XII, e o pazo pegado no século XVII, forman un dos elementos patrimoniais máis importantes da bisbarra.
Os donos do mesmo non fixeron nada para restauralo, a pesar de que todo propietario dun BIC pode recibir axudas económicas e privilexios fiscais.Con esta campaña o que queremos é defender un símbolo estradense e un edificio histórico galego.
Así, pedimos aos donos que recapaciten e que poñan todo o empeño en protexer a torre de Guimarei, e ás autoridades que actúen para conservar e abrir ao público un conxunto arquitectónico e histórico que debe pertencer ao patrimonio común.
Álvaro González

Ningún comentario: