Paco Roca danos unha mostra máis da súa xenialidade con este resumo da crise económica en formato cómic, publicada no País Semanal. Está claro que entre outras moitas, a banda deseñada pode ter unha función didáctica importante, en palabras do propio Paco Roca: "Si hubieran explicado las hipotecas en formato cómic, se habrían firmado la mitad".
domingo, 22 de abril de 2012
xoves, 19 de abril de 2012
Adolf, de Osamu Tezuca
Daniel Garrido, 2ºA Bach.
Para comezar debo agradecer a recomendación deste libro en dous tomos a Heladio, Prol e Sergio, valorando que valía a pena. Eu persoalmente tamén o recomendo, debido a que é un gran libro e un gran cómic, aparte das leccións de Historia implícitas e explícitas no medio da narración histórico-ficticia ambientada nos anos 30 e 40. Principalmente, ben documentada, aínda que segundo Rubén Prol ten algúns erros. Ao mesmo tempo, estes tomos entretéñente durante toda a lectura, enganchándote e dándoche ganas de seguilos lendo ata terminalos, querendo saber que sucede a continuación, con escenas cómicas, melancólicas… e con frases intrigantes. Quedei enganchado desde a primeira frase que basicamente dicía: “Ahora que los tres Adolph han muerto puedo contaros su historia”.
Este fantástico libro, de Osamu Tezuka, autor que sentou as bases da “historieta xaponesa”, coñecido en Xapón como “o Deus do manga”, trátase dunha das súas obras máis importantes, publicada en 1983, poucos anos antes da súa morte en 1989. En España foi presentado ao premio a mellor obra estranxeira no salón do cómic de Barcelona e premio ao mellor cómic por votación popular no 2000 e 2001 no mesmo salón. Datos da valoración xeral das persoas que coñecen esta obra e que, coma min, quedaron gratamente sorprendidos por ela.
Esta é unha das críticas de Adolf: “El relato es tan inmenso que salta de un género a otro, no se contenta con un sólo estilo y toca todos los registros: lo cómico, lo patético, lo cruel, lo emotivo… Denso y desconcertante como la vida misma, Adolf es un título de lectura obligada“. (Trajano Bermúdez, autor do libro Mangavisión: guía del cómic japonés; Ediciones Glénat, 1995).
O libro xira ó redor de tres personaxes principais, tres Adolf ligados pero completamente diferentes ao mesmo tempo, que pouco máis tiveron en común que o nome e a orixe alemá dos tres.
Aparte destes tres personaxes, a historia tamén xira ao redor dun xaponés chamado Sohei Toge, o cal se ve involucrado nesta historia, loitando pola súa propia xustiza, ao igual que todos os Adolf o fixeron, aínda que cada un tivese a súa propia e distinta idea de cal era a verdadeira xustiza.
Ademais dos personaxes masculinos protagonistas desta monumental banda deseñada, son tamén importantes os personaxes femininos que os rodean, desde a nai cariñosa e protectora, á muller fatal e sedutora, á amiga leal e a idealista inquebrantable, entre outros personaxes profundamente melancólicas en cada caso, por diferentes motivos, que transcorren ao redor do amor, da dor, da morte e do abandono.
En definitiva, obra de un gran autor, obra que nos conta unha grande historia, obra que merece a máis forte recomendación.
domingo, 15 de abril de 2012
sábado, 14 de abril de 2012
venres, 13 de abril de 2012
sábado, 7 de abril de 2012
Reyes disfrazados, de James Vance e Dan Burr. Unha pequena homenaxe a Dimitris Christulas
Dimitris
Christulas, farmacéutico xubilado de 77 anos, suicidouse na praza Sintagma de
Atenas. As súas últimas palabras foron 'Non quero deixar débedas a miña filla'.
Levaba no bolso unha nota na que culpaba ás autoridades (o 'Goberno de
ocupación') da situación e laiábase de non ser máis novo para coller un arma
contra 'os traidores á nación', contra os 'políticos e financeiros': "Xa
que non teño unha idade que me permite recorrer á forza, non atopo outra
solución que un final digno antes de comezar a buscar comida entre o
lixo". Animaba tamén aos 'mozos gregos sen futuro' a colgar na mesma praza
Sintagma 'como os italianos fixeron con Mussolini en 1945', aos traidores.
Os
gregos están a sufrir os efectos da crise: aumento das enfermidades mentais e
dos suicidios, redución das pensións que impide facer fronte aos gastos básicos
de alimentación, vivenda e sanidade, fame...
Os
reis de España e Francia viaxan de incógnito polo Estados Unidos da Gran
Depresión. Reyes Disfrazados é unha novela gráfica cun argumento duro e veraz.
O que nela se conta está sendo unha realidade hoxe, como comprobamos no
ocorrido en Atenas. Quizais non sexa certo que a historia sempre se repite,
pero si que debemos aprender dela se non queremos vernos condenados a outro
desastre.
Foi
unha das obras máis premiadas dos anos 90, con guión de James Vance e debuxos
de Dan Burr. Texto e debuxos compleméntanse de xeito admirable. Os
protagonistas son un rapaz que foxe da súa casa, na procura do seu pai que,
atafegado por non poder alimentar aos seus fillos ('non quero deixar débedas a
miña filla') , marchou da casa. O rapaz convértese no compañeiro dun vagabundo,
alcumado 'O rei de España', percorrendo en trens de mercadorías un país asolado
pola crise de 1929. O cómic consegue transmitirnos os sentimentos dunha xente
sometida a máis absoluta miseria, incapaz de atopar unha saída entre os
cascallos do sistema capitalista. Un sistema que (como agora), a pesar da
crise, seguía vixiante, armado para reprimir calquera intento de alternativa
social. Querían (queren) deixarnos ata sen esperanza.
Freddie,
o neno protagonista, vese violentamente obrigado a madurar entre a fame e a
tolemia, sen que na súa viaxe haxa un chisco da aventura que soñou lendo a Jack
London ou vendo películas do oeste. O cine foi das poucas industrias que medrou
nesa época na que a xente devecía por fuxir da crúa realidade.
Unha obra importante e de obrigada lectura para quen lle gusta a historia da xente,
do cotiá, pero tamén para todos aqueles amantes das boas historias, ben contadas
e debuxadas. Ao igual que as fotos de Dorothea Lange, Margaret Bourke-White ou
Walker Evans, esta banda deseñada é unha fonte admirable para o coñecemento da
Gran Depresión, de como a crise económica, máis alá dos fríos números, afectou
á vida das persoas que só poden aspirar a sobrevivir un día máis no medio da
miseria máis radical.
E
sempre debemos recordar o que di Alan Moore no prólogo: "... As
matemáticas da pobreza funcionan da seguinte maneira: se todo o mundo tivera
unha parte igual, non habería ricos e non habería pobres. Se alguén se fai
rico, entón hai alguén que automaticamente, se volve pobre. Se alguén se fai
moi rico, entón é posible que moita xente se volva pobre. Isto funciona nas
dúas direccións, claro está. Se moita, moita xente se volve pobre, podemos
apostar sen temor a equivocarnos que o diñeiro se dirixe a algunha
parte...". Pendurar dunha praza aos responsables, Non, pero tampouco
podemos deixar que uns cantos ricos nos aterroricen, sen máis saída ca
mendicidade ou...
venres, 6 de abril de 2012
luns, 2 de abril de 2012
O Desastre nas Fragas do Eume. Manifesto ecoloxista
Dende ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia
queremos amosar a nosa solidaridade coa veciñanza dos Concellos de A
Capela, As Pontes e Monfero que están a padecer as consecuencias
directas dos incendios declarados durante a fin de semana e que afectan
ao Parque Natural das Fragas do Eume e á zona de Anca. Así mesmo
envíamos o noso apoio aos efectivos e persoas voluntarias que están a
traballar nas labores de extinción. Sumadas unhas circunstancias
meteorolóxicas desfavorables, o lume que afecta as Fragas do Eume é a
consecuencia directa dunha política forestal baseada na falta de
planificación e xestión forestal, así como o fomento de plantacións con
especies que favorecen os incendios.
Segundo a información proporcionada pola Consellería de Medio Rural e do Mar, ata as 14 hs. de hoxe víronse afectadas 750 hectáreas do Parque Natural. Nesta mesma información tamén se falaba de 100 hectáreas na zona de Cabalar (A Capela), pero cremos que se trata dunha información errada xa que outro dos incendios de grandes dimensións que están a asolar a comarca producíuse na zona de Anca-As Louseiras. Varias persoas integrantes destes colectivos comprobaron que houbo un conato de incendio no lugar de Cabalar, pero sen a gravidade que lle atribúe a Xunta de Galiza.
Entre os datos que fomos coñecendo, os técnicos sinalan ata tres focos causantes do incendio que afecta ás Fragas do Eume, é dicir, trataríase dun lume intencionado que coincide no tempo e no espazo co incendio en As Louseiras e co conato de Cabalar, o que buscaría causar o maior dando posible a espazos naturais de grande importancia ecolóxica como son as fragas do río Eume e do río Belelle. A Xunta de Galiza está obrigada a poñer todos os medios e persoal necesarios para deter aquelas persoas que provoquen os incedios, pero tamén é necesario que a sociedade galega rexeite as actividades incendiarias e modifique a “cultura do lume” instaurada nas prácticas agrícolas.
No caso do parque natural, o incendio está a afectar zonas de Reserva Natural, e de maior interese ecolóxico, zonas de fragas, zona de repoboacións con especies alóctonas e zonas de mato e pasteiros.
Aínda que os responsables políticos, nomeadamente Alberto Núñez Feijoó, destacan xunto a intencionalidade do incendio, as condicións climatolóxicas de vento e escasez de humidade, ADEGA, SGHN e Verdegaia queremos salientar que as dimensións deste incendio non poden entenderse se non é tendo en conta outros factores referentes as políticas ambientais da Xunta de Galiza:
- A declaración como Parque Natural no ano 1997 non foi suficiente para que se tomaran as medidas necesarias que garantiran a súa conservación. A día de hoxe non conta co obrigado Plan Rector de Usos e Xestión nin cun programa forestal, o que favorceu que as Fragas do Eume sufran un paulatino proceso de eucaliptización e crecemento de especies alóctonas. Un exemplo o temos nos terreos afectos polo incendio: unha das zonas calificadas como de Reserva Natural está rodeada por zonas de repoboacións (eucaliptais, piñeirias, etc.), multiplicando o risco de que o lume chegue ás zonas máis sensibles.
- A Xunta primou en Galiza o investimento en medios de extinción en detrimento da prevención, feito que non supuxo reducir o número de conatos e incendios. As Fragas do Eume, como veñen manifestando tempo atrás técnicos da propia administración, presentan zonas prácticamente inaccesibles debido ao abandono dos montes. Cando as circunstancias climatolóxicas son moi desfavorables, coma acontece actualmente, eses medios de extinción atopan grandes dificultades á hora de loitar contra os lumes. Se a isto sumamos que nos últimos tempos os brigadistas critican a precariedade laboral e a falta de medios coa que traballan, ademáis da aposta da Xunta por reducir o persoal encargado do cuidado dos espazos naturais, atopamos unha situación de grave perigo que ameaza aos nosos montes e que nos últimos meses está a castigar duramente moitos dos nosos espazos protexidos: LIC Macizo Central, ZEPA A Limia, Reserva da Biosfera de Allariz, LIC Ancares-Courel, etc. No caso das Fragas do Eume, o chamado da Xunta de Galiza ao exército pon de manifesto a incapacidade de afrontar unha circunstancia previsible de diferentes incendios cos medios e persoal existentes.
- Queremos facer un chamado de atención sobre o réxime hídrico do río Eume, moi afectado pola detracción de auga para o enchido do oco da mina de As Pontes. Descoñecemos, debido á falta de información proporcionada por Augas de Galiza, se o proceso de enchido está a cumprir co obrigado caudal ecolóxico nun momento de seca como o actual. O menor caudal do río Eume podería estar a reducir a evapotranspiración, contribuindo a unha menor humidade no ambiente e a un maior risco de incendio en espazos que, como as fragas, soen verse pouco afectadas polos lunes gracias ao seu elevado nivel de humidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)