luns, 6 de xuño de 2011

A favor de Keiko en Lima

As eleccións de Perú deixáronos imaxes coma esta. Un barrio, que non é barrio, e unhas casas que non son casas, cheos de pintadas a favor da candidata Keiko Fujimori, que tampouco era a verdadeira candidata. A 'china', que non é china, antiga primeira dama do seu pai, perdeu por moi pouco as eleccións.

Pode parecernos incrible que, despois dos delitos probados cometidos polo seu pai e o Rasputín Montesinos, a súa filla e herdeira política poida sumar tantos apoios, tantos votos. Pero miremos o que ocorre aquí, na civilizada e culta Europa: Berlusconi, Camps, Le Pen e outros moitos (sen entrar en detalles) elixidos por un pobo aparentemente non tan desesperado, non tan pobre, coma os habitantes destas casas. Canto feísmo!!!

Ningún comentario: